PUBLICADO EL 26/11/2011/ EN: Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario
Hai organizacións políticas cuxa estabilidade interna equivale a un estado de convulsión permanente, e tras esa axitación, sempre asoma o afán de protagonismo e as miserias persoais de quen pretenden substituír o interese xeral en prol das vaidades duns líderes devaluados.
Roíalle o xenio, pero en plena euforia da campaña electoral resultaba altamente arriscado, e sobre todo sería pouco asumible polas bases do partido que a infatigable lideresa Esperanza Aguirre, marcase novo enredo a través dalgún dos seus ataques característicos, pero á condesa consorte, foille pouco o tempo postelectoral e cando por lóxica debese estar relaxada polo éxito alcanzado nas urnas pola súa formación política, a presidenta do PP de Madrid, patroa da planta primeira do número 13 da madrileña rúa de Génova, nunha das súas frecuentes reaccións con sinal de ovarios, con argucia incluída, deu renda solta á súa exaltada autoridade e sen contemplación eliminou do cargo a quen outrora fose un dos máis directos colaboradores e até este mércores o secretario xeral dos populares da vila e corte, Francisco Granados .
De calquera modo dona Esperanza debese ter presente que xa pasaron aqueles tempos que na sede de Génova bailábase o chotis en exclusiva, agora a danza atende a un folclore múltiple e variado.
Pero esta decisión non ten que considerarse como unha sorpresa inesperada, por canto, os desencontros entre ambos non son cousa da actualidade máis recente, tendo en conta que veñen precedidos dun paulatino afastamento que se inicia cando gañadas as eleccións autonómicas de 2011, a presidenta, prescinde do seu servizo para funcións de goberno, decisión marcadamente traumática para quen aspirando ás máis altas esferas, vía vir abaixo un exitoso historial político que durante oito anos continuos labrara na cúpula do executivo ostentando diversidade de carteiras do goberno.
O verdadeiro detonante da entrada en desgraza de Granados, foi a perda de confianza, que para a presidenta, representaba o feito que un incondicional histórico da súa órbita, intercambiase o culto á súa persoa por unha aproximación ás teses da dirección nacional do partido que lidera Mariano Rajoy. Isto resultaba ser unha afronta imperdoable para alguén que como a mandataria madrileña, fundamenta a fidelidade política, non na atención a asuncións ideolóxicas, senón no acatamento disciplinario ao seu ordeno mando e fago saber que caracteriza o seu exercicio de autoridade en correspondencia dun egocentrismo contraditorio, capaz de ampararse en xustificacións de renovación do seu staff, mentres que ela, atribúese rango de imprescindible de por vida.
Este reduto dos conservadores de Madrid coa súa gobernanta á fronte, pola súa proceder, formas e hábitos, representan ser o expoñente mais duro e arcaico da dereita española, co agravante de ter a gala tal condición, coa incongruencia engadida de seguir reivindicando un papel de xerarquía representativa preferente, sen asumir que a nova realidade dos gobernos autonómicos e os resultados electorais do 20N, dunha parte variou os rangos de relevancia polo principio de paridade, e doutra, determinou de forma incontestable o nivel xerárquico dos actuantes políticos onde a figura de Rajoy é o referente.
Parece que tras a curta temporalidade dunha atípica calma ameaza con desatarse unha nova tempestade aguirreña, o que ocorre, que agora a previsión dos seus prexuízos son diametralmente opostos aos de etapas anteriores, pois os hipotéticos referentes de afección enraizaron estabilidade, e por tanto, fortalecido a súa firmeza, ameaza o efecto bumerang como risco resultante, que pode prexudicar en exclusiva, á propia promotora e á súa contorna de colaboradores de confianza.
O cesamento de súpeto de Granados, contrariamente ao expresado pola artífice causante, non é un exercicio de transformación en razón a novos tempos e a unha renovada situación política que demanda un envorque e un espírito de colaboración coa dirección nacional do partido, e o expoñente de tal contradición, represéntao, o nomeamento en substitución da vacante da secretaría xeral, cuxa adxudicación recaeu no seu fiel escudeiro Ignacio González, a quen a dirección nacional do PP non ve con bos ollos, e por tanto non resulta ser o expoñente máis idóneo para establecer a propagada alianza . En todo este plan dalideresa madrileña albíscase unha estratexia cuxa táctica ten por obxectivo pechar o acceso aos candidatos concorrentes que tenten disputarlle a súa continuidade como presidenta do PP de Madrid cuxo congreso determinante se celebrará no ano entrante .
De calquera modo dona Esperanza debese ter presente que xa pasaron aqueles tempos que na sede de Génova bailábase o chotis en exclusiva, agora a danza atende a un folclore múltiple e variado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario