PUBLICADO EL 03/09/2011/ EN: Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario
Desde a súa saída do executivo de Zapatero, o influente candidato do PSOE para as eleccións do 20-N, Alfredo Pérez Rubalcaba, desprendéuselle aquel resplandor carismático que lle ascendera, e tal é así, que conforme aproxímanse os comicios, máis que incrementar seu activo electoral como el mesmo presumía, contra as entusiastas tendencias do CIS, percíbese unha acusada desvalorización nas súas aspiracións por alcanzar a presidencia do goberno. A bicefalia rexente na dirección do partido, os desencontros en decisións de alto alcance, a desbandada dunha militancia que se nota derrotada de antemán, son aspectos que acentuaron a pendente desa costa electoral, na que o camiñar convertéuselles en escalada.
Pero se o endóxeno da organización socialista xógalle á contra, o equipo dos seus directos colaboradores dirixidos por Elena Valenciano, parece que máis que un equipo de afíns experimentados en dinámicas electorais, tratárase dunha agrupación de inexpertos, ou o que é peor, semellan ser os membros infiltrados dunha corrente opositora interesada en prexudicar o xa de seu minguado capital político do aspirante a primeiro mandatario do goberno. Con esta mestura de extravío e desorde, marcarse como obxectivo o triunfo electoral ademais dunha aspiración distante da sensatez supón un encontro coa quimera, chegando á conclusión que a preocupación debesen centrala en non baixar do listón dos cen deputados, e esa que non outra debe ser a finalidade da campaña, non resultando a súa consecución un propósito fácil.
De calquera modo á marxe destes avatares que non son poucos, resulta sorprendente que un político con tan amplo historial, con presunción de coñecer as reviravoltas do aparello do partido e os recunchos da administración, agora, cando afronta o papel de máximo referente electoral do PSOE, asombre a propios e estraños pola inocentada que supuxo deixar a autenticidade xerárquica en mans de quen, exercendo en funcións, tivo atribucións para pactar ás súas costas co seu directo adversario electoral unha reforma exprés da constitución, na que se determinou a toma de consideración da inclusión do límite do déficit.
Ademais de decatarse a touro pasado, por máis disimulo de posterior emenda, o que esta lonxe de toda dúbida, que dita modificación na que aos mercados recoñecéuselles patente de corso e aos cidadáns un regateo de dereitos, a verdade, que para o proxecto electoral de Rubalcaba, foi un torpedo baixo da liña de flotación, que abortou tanto a súa estratexia de achegamento aos sindicatos como a súa aproximación aos indignados do 15M.
Pero se nese envurullo de desamaños, atribúese suma urxencia á toma de decisións dun asunto cuxa inminencia de aplicación terá sentada eficacia no ano 2020, resulta evidente a inexistencia de urxencia algunha, mais ben aconteceu, que a clase política dominante tiña celeridade en demostrar súa obscena subordinación aos mercados, como asemade, dilixencia por acatar a programación e a temporalidade provenientes do eixo de dominio imperativo, París - Berlín.
Posiblemente os desconcertos internos, e, o contaxio deste ambiente de contrasensos, crearon un desequilibrio no candidato socialista á Moncloa, quen, en pleno fragor da operación lóstrego, tentando emendar a plana e retomar o liderado perdido, despois dunha disquisición sobre xeneralidades da economía relativas ao, dogma neoliberal e á cota de respaldo, sorpréndanos a título de autor, coa teoría da marxe de manobra como aspecto distintivo entre as políticas de dereitas ou esquerdas, sentenciando que cando a débeda absorbe devandita marxe, desaparecen as distincións políticas entre ambas ideoloxías
Pola súa autoría, tal afirmación non deixa de ser un disparate, que ben podería ser admisible como mensaxe dun candidato de refresco exento de implicacións no exercicio de goberno, pero si resulta que quen expón, “que non se gaste máis diñeiro do que razoablemente se poida pagar," correspóndese, coa persoa que até hai dous días era o vicepresidente do executivo de Zapatero, á parte dun contrasenso, parece un sarcasmo, pois non é de recibo que o activo colaborador e, responsable por tanto do desastre económico do país, a estas alturas e sen reparos veña aleccionar aos afectados sobre a estratexia a seguir en tempos de crises
Despois deste serial de enganos, tropezos e reiterados despropósitos , é absolutamente imposible que o candidato Rubalcaba logre o triunfo nas urnas, resultando igualmente incrible que poida evitar a maioría absoluta do PP, sendo o máis probable que aproxime ao PSOE ao exterminio electoral como consecuencia dos peores resultados obtidos desde a instauración democrática.
Con este presumible pau electoral e a consecuente variación na correlación da representación política, a Ferrolterra, ábreselle a oportunidade de impulsar as instalacións da factoría Astano, posibilidade negada a cotío por socialistas e sindicatos estatais, que ao cabo foron os artífices da súa continua inactividade en contraposición do sentir da maioría social da comarca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario