PUBLICADO EL 19/11/2011/ EN: Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario
Dicir que a voracidade dos mercados é ilimitada non resulta novo, referir que a súa influencia no panorama político é ostentosa, tampouco é un descubrimento. O que asoma como un acontecer perigoso é esa temeridade, esa insensata intención de relegar a democracia a un segundo plano, postulando para iso a primacía do papel moeda en detrimento do papel electoral, para deste xeito impor que os gobernos emanen do poder económico en supresión da vontade popular. Ao parecer o feudalismo financeiro, agora mais que nunca vén disposto a establecer ao seu antollo unha nova orde mundial, e mentras eso acontece, os políticos de sempre no canto de facer valer a súa condición de lexítimos representantes, achantan outorgando acatamento, aproveitando para pactar unha parceliña de poder para seu futuro. É deprimente pero éche o que hai.
Ambos nas súas primeiras declaracións manifestáronse con idéntica expresión, "eu non son político", frase distintiva deste par de tecnócratas, que agora por imperativo dos mercados son os flamantes mandatarios de Grecia e Italia, Lucas Papademos e Mario Monti, cuxa caste profesional non dá lugar a equívocos, por canto, ambos forman parte dunha estirpe de compracentes defensores da gran banca e das empresas transnacionais, por tanto o seu papel correspóndese coa súa función como devotos incondicionais do armazón que conforma o capital financeiro, quen en síntese, é o verdadeiro responsable en impor o nomeamento destes dous economistas ao obxecto de garantir os seus investimentos, ou o que é o mesmo, dispor da táboa de salvación dos seus intereses.
Ambos nas súas primeiras declaracións manifestáronse con idéntica expresión, "eu non son político", frase distintiva deste par de tecnócratas, que agora por imperativo dos mercados son os flamantes mandatarios de Grecia e Italia, Lucas Papademos e Mario Monti, cuxa caste profesional non dá lugar a equívocos, por canto, ambos forman parte dunha estirpe de compracentes defensores da gran banca e das empresas transnacionais, por tanto o seu papel correspóndese coa súa función como devotos incondicionais do armazón que conforma o capital financeiro, quen en síntese, é o verdadeiro responsable en impor o nomeamento destes dous economistas ao obxecto de garantir os seus investimentos, ou o que é o mesmo, dispor da táboa de salvación dos seus intereses.
Cabe significar como confirmación de tal criterio, que o perfil de idoneidade para senllos nomeamentos non foi considerado en razón a un suposto prestixio de méritos como docentes, pois os seus éxitos non parten do foro universitario, senón da súa coñecida vinculación co Goldman Sachs, o influente banco estadounidense quen despois de resultar ser un dos maiores causantes da actual crise económica e principal operador na fraude das hipotecas subprime, agora, como acto seguido, despois de correr o denso veo do esquecemento, a alma da pillaxe financeira reforza o seu marco de influencia tomando a saco o control da política económica europea, e para iso, realiza o primeiro ensaio de ditadura financeira consistente en forzar a dimisión dos lexítimos representantes democráticos, e sen mediar proceso electoral estruturar alternativamente a substitución de mandatarios, facendo que os seus escudeiros de confianza tomen as rendas do poder por obra e graza da imposición e sen gardar o mínimo recoñecemento á soberanía da vontade popular.
É evidente que o poder financeiro ten destapado o frasco da súa esencia e sen recato nun estritis escandaloso desprendeuse do molesto vestiario democrático que cubría as súas vergoñas, deixando ao descuberto a miseria das súas cobizas omnímodas. Ao Goldman Sachs non lle foi suficiente no seu día, participar na falsificación das contas públicas gregas con obxectivo de enmascarar o déficit e lograr con iso a incorporación do país heleno á zona euro, cando en curiosa coincidencia era gobernador do Banco Central Grego o actual salva patrias Lucas Papademos, e non satisfeito con aquela conduta, agora a mesma entidade volve polos seus foros e, nun exercicio de extorsión, forza a soberanía democrática prometendo cancelar a súa tensión sobre Italia se o electo Berlusconi era substituído por Monti. Sen ser especialmente desconfiado, resulta cando menos sorpresivo que tanto os novos mandatarios de estes dous países mediterráneos da periferia europea, como o novo presidente do (BCE) Banco Central Europeo, Mario Draghi. teñan probadas connotacións profesionais e de dependencia coa entidade financeira norteamericana. Ese común denominador converte a este triunvirato na avanzada de gobernos Goldman Sachs en Europa, circunstancia escandalosa, e que por riba, orienta un máis que probable conflito de intereses e unha manifesta incompatibilidade en cuberto.
Por tanto en plena crise do euro, a estabilidade ou debilidade monetaria da UE non depende tanto da eficiente ou deficiente gobernanza dos seus lexítimos representantes, como das nunca favorables estratexias dos EEUU, pois por mais mensaxes integradoras que expoñan os yankees no foro do G-20 sobre a necesidade dunha resposta colectiva e unha saída global da crise, tales pronunciamientos, non deixan de ser un brinde ao sol, por canto en cuberto, o seu verdadeiro obxectivo non é outro que manter a súa condición de liderado nas institucións financeiras internacionais, e para a súa consecución como queda farto demostrado élles indiferente o método que o sistema a utilizar, pois a súa teoría irrenunciables cando se trata da manter seus privilexios, é, que o fin xustifica os medios.
Se no 2008 o Goldman Sachs e os seus afíns estadounidenses encargáronse de contaminar o circuíto financeiro europeo cos seus activos tóxicos, agora nun mais alá, tentan contaminar a súa esencia democrática suplindo o resultados das urnas polas decisións dos seus consellos de administración; impondo ao efecto gobernos técnicos que asumen satisfeitos uns tecnócratas de medio pelo, coa flexibilidade permisiva dunha clase política xenuina encabezada pola czarina Merkel quen non reparan en albiscar que as consecuencias dos acontecementos ademais de non ser a solución de nada, ocasionarán unha convulsión social sen precedentes.
Máis que nunca, esta é a Europa dos mercadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario