27 may 2011

BIPARTITO OU ESTRAPERLO

PUBLICADO Diario de Ferrol; sábado, 28 de maio 2011
PUBLICADO La Región; sábado, 28 de maio 2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; sábado,28 de maio 2011
 04 de xunio 2011
A carencia  de cimentación democrática,  fai que numerosos  operarios da  política, comunmente coñecidos por candidatos,   confundan a lectura dos  resultados   do  procedemento electoral, e así, unha vez celebrado o escrutinio  atribúanse para si, a titularidade patrimonial dos votos  outorgados á súa candidatura, pensando, que tal circunstancia lles confire  libre dispoñibilidade de administración e uso.

Absurda concepción señores, por canto tan  só o  elector é titular único do seu voto, e tal condición, outórgalle  a soberanía de utilizar variablemente a   concesión temporal do  mesmo á formación política concorrente ao proceso electoral, cando ao seu entender,  esta, oferta uns  compromisos  que atende satisfacer súas expectativas.
É obvio, que a renuncia aos compromisos electorais, deixan liberado ao elector de calquera atadura, e por tanto, a validez e lexitimación do receptor  é nula cando medie   a rescisión  unilateral programática, é dicir, o consignatario do voto mantén viva a confianza  depositada polo elector, en tanto e canto, conserve  inmutables os principios que xustificaron seu outorgamento.

Este mal entendido  de relación entre elector  e elixido é unha constante, un método pouco ortodoxo que as formacións políticas, salvo excepcións, utilizan  a seu antollo con interpretación nesgada, para consumar  con total naturalidade   unha fraude electoral, consistente en lograr  un acumulado de minorías que  conxuntamente achegue contía dabondo para    acceder ao poder,  aínda que para iso,  haxa que facer cachizas o contido das premisas concertadas cos  seus votantes.

Por estas latitudes, “breogantinas” a   clase política, non se caracteriza  por unha integridade  conceptual  e moito menos pola súa lealdade ou correspondencia ideolóxica.
Aquí con total naturalidade, saltando  códigos de conduta, e facendo boa a  diverxencia,  fanse irmáns   Tirios con Troianos  co obxectivo uniforme  de satisfacer ambicións, disfrázanse os incumprimentos  electorais baixo a máscara dun  léxico saturado de contradicións,  onde os  vocábulos dunha  elocuencia  progresista, mestúranse  coa ambigüidade dun esquerdismo redentor, no que non falta  como coartada, alertar dos males  que ocasionaría o desembarco  da dereita  nas institucións municipais .

A común apetencia do poder, prodiga afinidade de alianza  á vez que  lima asperezas e pon  romas as mordentes   arestas ideolóxicas,  posibilitando a creación dun corpo de axuste sorprendente, e neste quebracabezas de antagonismo, encaixa á perfección un combinado entre o nacionalismo galego dos uns e o españolismo patrio dos  outros, axustando tamén sen reparo,   a dicotomía liberadora do veto do naval coa súa prórroga no tempo, e axustan sen rexeitamento  as reivindicacións de creación  de emprego coa   paternidade de cinco millóns de parados, etc. etc.

Por tanto, non é de recibo  que esa convivencia contra natura sexa bautizada polos seus proxenitores  coa cínica  denominación  de progresismo, pero máis indigno se cadra,  é o intento en cuberto,  de desvalorizar  a capacidade intelectual dos electores,  coa utilización de versións expositivas dunha realidade camuflada.

Resulta intolerable que a formulación utilizada durante a campaña electoral para atraer a vontade dos electores, trastórnese ao día seguinte dos  comicios,  refundindo seus contidos  nun texto de astuta uniformidade e interesada avinza,  cuxo contido  difire na súa totalidade  das mensaxes que rendibilizaron os resultados electorais. 

Ese método e sistema, de orixe é un hábito pouco recomendable,  unha  fórmula descarada de non acatar  a vontade popular, máximo, cando se utiliza como tapadeira para tentar  xustificar  o inxustificable, pois os votos  cultivados fórono en razón a uns compromisos programáticos que teñen  de manterse invariables ante os electores, e por mais apetencias de poder  que os candidatos  cobicen, en lóxica consecuente, é obrigado insistir, para lembrar que  seus contidos terían de manterse inalterables e non ser suxeito de rebaixas ou tráficos,  nos que se agochan  alianzas de interese cuxo fin non é outro que uniformar os hábitos dunha confraría cuxa procesión remata no asalto aos Concellos.

De todos xeitos, o que resulta verdadeiramente tráxico, é que o nacionalismo galego nun exercicio de desesperación e despropósito, siga apostando por trebellar, mentres nega a reflexión  necesaria sobre  unha   lectura consciente e analítica dos custos e mingua política que lle supuxo  a permanente participación en coalicións   cos socialista.

Nos últimos tempos o nacionalismo demostra seu desnorte a través de constantes tumbos de feira, e tal circunstancia proxecta ante a sociedade unha  perda de lucidez  política  e un exceso  de imperfección  ideolóxica, aspectos,   que fan inexplicable entender súa actual traxectoria, caracterizada, pola desvantaxosa  permuta que supón cambiar o miserento paraíso dunhas concellarías pola absurda contrapartida en defender o enxoval socialista en tempos de Zapatero.

Isto é inaudito, pero polo visto neste acontecer a miopía non ten anteollos, e por iso non ven con nitidez  o pórtico  de Astano, pois se ao revés fóra, caerían na conta  que nosos males son obra dos  seus aliados  nos  bipartitos, xa que logo, sentidiño, e deixen de lear  súas andrómenas  tras os demos da dereita, pois a verdade, xa se ten ido o tempo do estraperlo.




21 may 2011

XORNADA DE REFLEXIÓN

PUBLICADO Diario de Ferrol; martes, 24 de mayo 2011 
PUBLICADO Galicia Confidencial; lunes,23 de mayo  2011 
PUBLICADO La Región;sábado, 21 de mayo  2011 


Isto da xornada de reflexión, tenme mais pinta de ser  un día  para curar a resaca  provocada por unha chea excesiva dun  “cocktail” de siglas políticas que un día efectivo de meditación no que poder determinar con acerto a selección electoral  de quen durante o  próximos catro anos, administrarán o futuro do colectivo cidadán.


De calquera xeito, esa veda electoral, ese método prohibitivo para  dificultar a circulación de axentes ou inducidos publicitarios, co ánimo de protexer  ao elector no exercicio de reflexión  sobre seu voto á marxe de teóricas influencias externas, podería ter súa razón e fundamento cando o lexislador elaborou o actual marco xurídico de regulación,  pero as circunstancias temporais e técnicas  teñen excedido a hipotética  racionalidade  daquela decisión, e a momento presente,   este singular día de véspera electoral, representa unha expresión   descontextualizada da realidade.


As novas tecnoloxías  sen dúbida, crearon un antes e un despois  na protección e nas limitacións que establece o Artigo 53 de Lei  Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, estando superada súa regulación pola práctica  do  exercicio dos acontecementos, pois aínda cando, se determina  de forma taxativa o  impedimento de difundir propaganda electoral nesa xornada, non é menos certo, que ditas  restricións concirnen ás formacións políticas e candidatos, sendo extensivas  aos sistemas de comunicación e información anexos da súa dependencia.


Curiosamente,  ditas limitacións manteñen unha contradición legal cando o marco de aplicación exime de tal  obrigación limitativa  ao ámbito privado, circunstancia, que fai posible  ampararse na máscara dun particular, e de forma sibilina, poder seguir difundindo durante a xornada de reflexión, publicidade electoral  a través de redes sociais , blog , telefonía  móbil, etc., por canto,  tal manobra non entra dentro do suposto de vulneración do marco normativo, o que representa ser un indicador  determinante para asumir que as novas tecnoloxías  de comunicación electrónica,  forzan  a variación do actual réxime normativo.


No entanto, todo o exposto entre liñas,  non deixa ser unha análise das contradicións formais  da actual regulación electoral, pero, o verdadeiramente inquietante,  é o defecto de fondo do  seu propio espírito, por canto, por mais que se tente camuflar a evidencia,  hai que testificar  que  a matriz inspiradora  resulta anacrónica, pois, no ano 2011 seguimos mantendo vixente unha normativa baseada en preceptos de 1976, e nin que dicir ten, que os cambios sociais durante seu amplo período de vixencia, é razón mais que suficiente para súa adaptación á realidade actual.
Esas actitudes de relaxación  da clase política,  súa carencia de dinamismo e súa probada incapacidade para cumprir un papel de vangarda, estacionou  mais alá do procedente a modernización  da anticuada  lexislación; circunstancia que detivo a posta en práctica de medidas correctoras, motivando a  entrada en escena   da  sociedade dos dous terzos, onde o descontento social, provocou un alto nivel de inestabilidade consecuencia de carencias e  desigualdades que nos conduciron  a toda velocidade en  dirección á  inestabilidade permanente.

E un exemplo do referido, represéntao, o movemento "Democracia real xa", que resulta ser unha corrente  insólita na temporalidade da  nosa  historia democrática,  que da noite para a mañá,  converteuse no verdadeiro  protagonista desta  xornada de reflexión do 21 de maio. 
Esta reacción contestataria que ten  por protagonistas  a un  sector heteroxéneo da nosa sociedade,  ademais de ser  un expoñente de censura  ao modelo social imperante, é un referente   reivindicativo á corrección das desigualdades dominantes,  e  sobre todo, unha réplica sen precedentes á miopía dunha clase política, a quen pillou ensimesmada  no seu singular escenario electoral mentres  predicaba  maximalismo nun exercicio de malgaste,  tentando  prorrogar a continuidade da democracia burocrática  e os seus propios privilexios,  deixando no esquecemento o establecemento de reformas   de urxencia  para  equilibrar as diferenzas sociais e funcionais que motivaron esta reacción colectiva e incontrolada.

A quen concibe a xornada de reflexión desde unha óptica aberta á análise  global da situación socio - económica do país,   á marxe da formalidade imperativa dun  corpiño oficialista, que limita seu marco espacial á estrita temporalidade dunha campaña electoral, antóllaselle que resulta  un despropósito que a Xunta Electoral Central proclamase a ilegalidade á concentración que tiña previsto hoxe este movemento espontáneo, por canto, con iso, descólgase da rúa  a bandeirola mais relevante da actual campaña electoral e bórrase nun día sinalado o mais significativo   referente para a reflexión.
Mal anda a saúde democrática do país   cando a  voz dos indignados apágase vía sentencia, todas as comparacións son odiosas, pero vai resultar,  que se estenderan como un contaxio   os malos hábitos  do  Concello de Fene.







13 may 2011

O UNIFORME DO XENERAL

PUBLICADO Diario de Ferrol; sabado, 14  de mayo   2011



Mal iriamos neste  país, se despois de consolidar nosa traballada  democracia, por razóns  de disparidade, cada  quen tivese   por lexítima  a potestade  de cuestionar    os resultados dimanantes  da vontade   maioritaria dos  electores, máxime, se a diverxencia viñese  amparada na  xustificación que o  desenlace das urnas  inclinase  a balanza  a favor de posicións opostas á nosa  afinidade política.

Lamentablemente naquel xullo do  36 do século pasado, un fanático e aloucado xeneraliño, non satisfeito coa vontade popular,  fóra dos seus cabais, por ilícita disensión, a través das armas disolveu a orde constitucional  impondo  a etapa  mais dramática  da nosa historia contemporánea, onde a carencia de liberdades, conviviu durante  40 longos anos  co imperio das alcaldadas, arbitrariedades e tropelías.

Quen íntegra ou parcialmente viviron e padeceron aquela longa noite  da ditadura franquista, agora,  instaurado e estabilizado o sistema democrático, resultan ser excepcionalmente sensibles á hora de velar pola garantía  dos  dereitos e liberdades fundamentais, e notablemente esixentes coa estrita observancia  dos seus valores intrínsecos, por canto o seu logro e   conquista, á parte dunha  función tenaz e comprometida,  quedou referida  textualmente nunha carta colectiva   que non precisa de sobres nin dobleces por canto mantén permanente actualidade ao  tratarse  da   nosa  magna Constitución. 

Fundamentado o anterior, debésemos dar por sentado  que a estabilidade dos hábitos democráticos, ten de ser unha constante de acompañamento da actividade política, pero por paradoxal que resulte, as prácticas e os idearios circulan en dirección oposta e con cotiá notoriedade a referencia daquel ingrato pasado, reaparece como referente de actualidade  e como perigoso  prólogo do futuro, e así, o que debese ser unha fantasía do ficticio, con asidua iteración transfórmase en desagradable acompañante das nosas  vivencias.

É manifesto que ademais  da complexidade que induce  o cambio de ciclo económico como causante   de inestabilidade social, actualmente, para maior abundamento, temos como engadido inverso, o factor dual dunha crise política e de representación, que conxuntamente, sumiron  á nosa sociedade no máis alarmante conflito de valores desde a instauración do réxime de liberdades, facendo cuestionar a validez  do actual modelo como sistema apropiado de convivencia,  circunstancia que sen  paliativos orienta  a  reformulación  democrática.


A orde social ten que tomar protagonismo, e as institucións son obrigadas  a recuperar a credibilidade e a confianza, non podemos asumir como estable o desequilibrio permanente, sendo imprescindible a imposición preferente  do cumprimento da lei, sen distingos entre cidadáns e  a clase  dirixente.

Agora cando só resta unha semana para a celebración dos comicios electorais, aqueles candidatos que  opten a conquistar unha credencial de representación  en institucións públicas,  xa sexa por prórroga renovable ou por novo desembarco, debesen deixarse de coquetear coa quimera  e centrar súa mensaxe na racionalidade do  tanxible, pois o aleatorio  adoita ser produto do azar e o que os electores precisan é coñecer a autenticidade do candidato.

Obviamente ao elector asístelle o dereito  de coñecer a catadura moral do candidato, o límite da súa aspiración crematísticas, seu respecto e disciplina ás leis, é dicir, o elector ten que dispor dunha radiografía  determinante do grao de confianza  que pode depositar no candidato que concorre aos comicios, para asegurarse que o resultado do seu exercicio como votante, non tome  a curto prazo  corpo de fraude electoral.

Un elector non pode correr o risco de outorgarlle  o voto a quen pola súa voluble persoalidade,  unha vez alcanzado a credencial, exerce seu  labor de representación,  sen  disciplina, reparo ou acatamento ás determinacións e regras que rexen a función pública, ou  facendo caso omiso dos informes vinculantes emitidos polos responsables técnicos ou xurídicos  que  asesoran e fiscalizan o facer das corporacións  municipais.

A democracia, é a  constante posta en valor dos activos que sustentan  o réxime de liberdades, e os cidadáns, temos o dereito  de estar representados por auténticos demócratas, e se algún candidato ten reminiscencias  das funcións e hábitos absolutistas de épocas pretéritas, entón,  no canto de concorrer aos comicios, atendendo os seus instintos, debese cumprir a gala   uniformándose á semellanza do ingrato xeneral.



6 may 2011

O TALANTE DECADENTE

PUBLICADO Diario de Ferrol; sabado, 07  de mayo   2011




Calar o que penso non adoita ser  miña norma , esa é a razón de ter gañado a pulso as antipatías xeneralizadas de quen habitúan rodearse dunha envoltura de deseño con obxecto de camuflar seu fondo de aspereza tras unha aparencia de altruísmo e filantropía, pero como o tempo, a subversión e a experiencia adestráronme en distinguir a primeira vista os defectos e a calidade humana, se a iso sumo miña aversión pola vaidade, resulta que non me doe en absoluto ferir a sensibilidade dos farsantes.

Teño a singular idea en considerar, que a liberdade de expresión é dicir o que a xente non quere ouvir, por tanto, quen senta molesto polas verdades, quen reaccione con ameazas veladas ante a transparencia dunha censura fundada, debese pensarllo dúas veces antes de tomar camiño pola actividade de representante público, e limitar súa función de vida a aspectos persoais que protexen e garanten a privacidade e a inviolabilidade individual.

Se a inxerencia na vida particular resulta un exceso intolerable á marxe de calquera código de conduta, tan intolerable resulta, exercer a actividade política burlando os dereitos dos cidadáns a través de prácticas de silencio administrativo, pois esta argucia non deixa ser un método pouco ortodoxo de vulnerar unha atribución fundamental, que aparte, pola súa condición de censura representa ser un expoñente da baixa raizame democrática de quen utilizan tal subterfuxio

Estes preliminares veñen a conto, por que entramos en tempo de inventario de testemuños electorais, estamos en campaña, e por tanto, podemos ver aos executivos da cousa pública quitando a funda do fulgor da indiferenza cotiá , para baixar á area e converterse en sensibles cidadáns do montón durante a cruzada da caza do voto.

O camiño é fácil, isto non é unha empresa privada, aquí a valía é o de menos, ninguén rende resultados, é indiferente o déficit que o superávit, a resposta que o silencio, a opacidade que a transparencia . O que resulta ser condición “sine qua non” é garantirse o que non deciden o electores, é dicir, o soldazo do copón, por iso non é de estrañar esa abnegación, ese empeño voluntario e até ás veces combativo dentro das mesmas siglas, por facerse un sitio nas listas ou prorrogar outro sacrificado cuadrienio de entrega desinteresada á nobre causa da xestión e administración do interese xeral.

O actual modelo electoral está excedido pola realidade do acontecemento, como consecuencia desta deterioración que foi formateándose paulatinamente desde as orixes das corporacións democráticas até os tempos presentes, consecuencia da prevalencia dun mercantilismo exaxerado que transformou a nobre actividade da función política doutras épocas, nun exclusivo referente de conquista de diñeiro fácil, extremo, que veu de promover a deterioración do exercicio político e por extensión, o das institucións públicas de representación.

Os protagonistas afectos e acólitos agregados, non debesen concluír que o contido desta persoal opinión é unha saída de ton fóra de contesto, pois o criterio deste vocacional demócrata, é diferir razoablemente dos actuais métodos e sistemas políticos; diverxencia, coa que paradoxalmente resultan coincidir o 21,5 por cento dos cidadáns deste país que segundo o CIS manifestan un importante desapego e desconfianza pola clase política e a corrupción.

Mal imos cando o sentir popular, ten situado ininterrompidamente desde hai 14 meses á clase política como terceiro problema do estado, mesmo por riba do terrorismo. Ao fío dos datos, os representantes das institucións públicas e os dirixentes e militantes das formacións políticas ,debesen tomar cumprida conta e establecer unha seria reflexión do seu facer institucional.

Pero quen afai manterse nun estado de introversión permanente, ten a vantaxe de sustentarse en situación de arraigada vangarda, e tal actitude fai que aínda coincidindo coa maioría silenciosa, senta procedencia de actuar como minoría expresiva e esixir por activa e por pasiva, que a actividade política, garde a corrección debida a parámetros de decencia e incuestionable axuste ás determinacións legais.

Pero cando estes límites excédense , e as urnas, por inducidos variables non cumpren función correctora, entón, a vontade popular debe ter un valor relativo tendo de ser a xudicatura quen realice o verdadeiro escrutinio vía sentencia.

Tan só cando á comisión política de infraccións e excesos, impóñanse un escarmento exemplarizante e contundente, os portadores do talante, deixarán ser decadentes