PUBLICADO Diario de Ferrol; martes, 24 de mayo 2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; lunes,23 de mayo 2011
PUBLICADO La Región;sábado, 21 de mayo 2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; lunes,23 de mayo 2011
PUBLICADO La Región;sábado, 21 de mayo 2011
Isto da xornada de reflexión, tenme mais pinta de ser un día para curar a resaca provocada por unha chea excesiva dun “cocktail” de siglas políticas que un día efectivo de meditación no que poder determinar con acerto a selección electoral de quen durante o próximos catro anos, administrarán o futuro do colectivo cidadán.
De calquera xeito, esa veda electoral, ese método prohibitivo para dificultar a circulación de axentes ou inducidos publicitarios, co ánimo de protexer ao elector no exercicio de reflexión sobre seu voto á marxe de teóricas influencias externas, podería ter súa razón e fundamento cando o lexislador elaborou o actual marco xurídico de regulación, pero as circunstancias temporais e técnicas teñen excedido a hipotética racionalidade daquela decisión, e a momento presente, este singular día de véspera electoral, representa unha expresión descontextualizada da realidade.
As novas tecnoloxías sen dúbida, crearon un antes e un despois na protección e nas limitacións que establece o Artigo 53 de Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, estando superada súa regulación pola práctica do exercicio dos acontecementos, pois aínda cando, se determina de forma taxativa o impedimento de difundir propaganda electoral nesa xornada, non é menos certo, que ditas restricións concirnen ás formacións políticas e candidatos, sendo extensivas aos sistemas de comunicación e información anexos da súa dependencia.
Curiosamente, ditas limitacións manteñen unha contradición legal cando o marco de aplicación exime de tal obrigación limitativa ao ámbito privado, circunstancia, que fai posible ampararse na máscara dun particular, e de forma sibilina, poder seguir difundindo durante a xornada de reflexión, publicidade electoral a través de redes sociais , blog , telefonía móbil, etc., por canto, tal manobra non entra dentro do suposto de vulneración do marco normativo, o que representa ser un indicador determinante para asumir que as novas tecnoloxías de comunicación electrónica, forzan a variación do actual réxime normativo.
No entanto, todo o exposto entre liñas, non deixa ser unha análise das contradicións formais da actual regulación electoral, pero, o verdadeiramente inquietante, é o defecto de fondo do seu propio espírito, por canto, por mais que se tente camuflar a evidencia, hai que testificar que a matriz inspiradora resulta anacrónica, pois, no ano 2011 seguimos mantendo vixente unha normativa baseada en preceptos de 1976, e nin que dicir ten, que os cambios sociais durante seu amplo período de vixencia, é razón mais que suficiente para súa adaptación á realidade actual.
Esas actitudes de relaxación da clase política, súa carencia de dinamismo e súa probada incapacidade para cumprir un papel de vangarda, estacionou mais alá do procedente a modernización da anticuada lexislación; circunstancia que detivo a posta en práctica de medidas correctoras, motivando a entrada en escena da sociedade dos dous terzos, onde o descontento social, provocou un alto nivel de inestabilidade consecuencia de carencias e desigualdades que nos conduciron a toda velocidade en dirección á inestabilidade permanente.
E un exemplo do referido, represéntao, o movemento "Democracia real xa", que resulta ser unha corrente insólita na temporalidade da nosa historia democrática, que da noite para a mañá, converteuse no verdadeiro protagonista desta xornada de reflexión do 21 de maio.
Esta reacción contestataria que ten por protagonistas a un sector heteroxéneo da nosa sociedade, ademais de ser un expoñente de censura ao modelo social imperante, é un referente reivindicativo á corrección das desigualdades dominantes, e sobre todo, unha réplica sen precedentes á miopía dunha clase política, a quen pillou ensimesmada no seu singular escenario electoral mentres predicaba maximalismo nun exercicio de malgaste, tentando prorrogar a continuidade da democracia burocrática e os seus propios privilexios, deixando no esquecemento o establecemento de reformas de urxencia para equilibrar as diferenzas sociais e funcionais que motivaron esta reacción colectiva e incontrolada.
A quen concibe a xornada de reflexión desde unha óptica aberta á análise global da situación socio - económica do país, á marxe da formalidade imperativa dun corpiño oficialista, que limita seu marco espacial á estrita temporalidade dunha campaña electoral, antóllaselle que resulta un despropósito que a Xunta Electoral Central proclamase a ilegalidade á concentración que tiña previsto hoxe este movemento espontáneo, por canto, con iso, descólgase da rúa a bandeirola mais relevante da actual campaña electoral e bórrase nun día sinalado o mais significativo referente para a reflexión.
Mal anda a saúde democrática do país cando a voz dos indignados apágase vía sentencia, todas as comparacións son odiosas, pero vai resultar, que se estenderan como un contaxio os malos hábitos do Concello de Fene.
No hay comentarios:
Publicar un comentario