PUBLICADO Diario de Ferrol; sábado, 28 de maio 2011
PUBLICADO La Región; sábado, 28 de maio 2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; sábado,28 de maio 2011
04 de xunio 2011
A carencia de cimentación democrática, fai que numerosos operarios da política, comunmente coñecidos por candidatos, confundan a lectura dos resultados do procedemento electoral, e así, unha vez celebrado o escrutinio atribúanse para si, a titularidade patrimonial dos votos outorgados á súa candidatura, pensando, que tal circunstancia lles confire libre dispoñibilidade de administración e uso.
PUBLICADO Galicia Confidencial; sábado,28 de maio 2011
04 de xunio 2011
A carencia de cimentación democrática, fai que numerosos operarios da política, comunmente coñecidos por candidatos, confundan a lectura dos resultados do procedemento electoral, e así, unha vez celebrado o escrutinio atribúanse para si, a titularidade patrimonial dos votos outorgados á súa candidatura, pensando, que tal circunstancia lles confire libre dispoñibilidade de administración e uso.
Absurda concepción señores, por canto tan só o elector é titular único do seu voto, e tal condición, outórgalle a soberanía de utilizar variablemente a concesión temporal do mesmo á formación política concorrente ao proceso electoral, cando ao seu entender, esta, oferta uns compromisos que atende satisfacer súas expectativas.
É obvio, que a renuncia aos compromisos electorais, deixan liberado ao elector de calquera atadura, e por tanto, a validez e lexitimación do receptor é nula cando medie a rescisión unilateral programática, é dicir, o consignatario do voto mantén viva a confianza depositada polo elector, en tanto e canto, conserve inmutables os principios que xustificaron seu outorgamento.
Este mal entendido de relación entre elector e elixido é unha constante, un método pouco ortodoxo que as formacións políticas, salvo excepcións, utilizan a seu antollo con interpretación nesgada, para consumar con total naturalidade unha fraude electoral, consistente en lograr un acumulado de minorías que conxuntamente achegue contía dabondo para acceder ao poder, aínda que para iso, haxa que facer cachizas o contido das premisas concertadas cos seus votantes.
Por estas latitudes, “breogantinas” a clase política, non se caracteriza por unha integridade conceptual e moito menos pola súa lealdade ou correspondencia ideolóxica.
Aquí con total naturalidade, saltando códigos de conduta, e facendo boa a diverxencia, fanse irmáns Tirios con Troianos co obxectivo uniforme de satisfacer ambicións, disfrázanse os incumprimentos electorais baixo a máscara dun léxico saturado de contradicións, onde os vocábulos dunha elocuencia progresista, mestúranse coa ambigüidade dun esquerdismo redentor, no que non falta como coartada, alertar dos males que ocasionaría o desembarco da dereita nas institucións municipais .
A común apetencia do poder, prodiga afinidade de alianza á vez que lima asperezas e pon romas as mordentes arestas ideolóxicas, posibilitando a creación dun corpo de axuste sorprendente, e neste quebracabezas de antagonismo, encaixa á perfección un combinado entre o nacionalismo galego dos uns e o españolismo patrio dos outros, axustando tamén sen reparo, a dicotomía liberadora do veto do naval coa súa prórroga no tempo, e axustan sen rexeitamento as reivindicacións de creación de emprego coa paternidade de cinco millóns de parados, etc. etc.
Por tanto, non é de recibo que esa convivencia contra natura sexa bautizada polos seus proxenitores coa cínica denominación de progresismo, pero máis indigno se cadra, é o intento en cuberto, de desvalorizar a capacidade intelectual dos electores, coa utilización de versións expositivas dunha realidade camuflada.
Resulta intolerable que a formulación utilizada durante a campaña electoral para atraer a vontade dos electores, trastórnese ao día seguinte dos comicios, refundindo seus contidos nun texto de astuta uniformidade e interesada avinza, cuxo contido difire na súa totalidade das mensaxes que rendibilizaron os resultados electorais.
Ese método e sistema, de orixe é un hábito pouco recomendable, unha fórmula descarada de non acatar a vontade popular, máximo, cando se utiliza como tapadeira para tentar xustificar o inxustificable, pois os votos cultivados fórono en razón a uns compromisos programáticos que teñen de manterse invariables ante os electores, e por mais apetencias de poder que os candidatos cobicen, en lóxica consecuente, é obrigado insistir, para lembrar que seus contidos terían de manterse inalterables e non ser suxeito de rebaixas ou tráficos, nos que se agochan alianzas de interese cuxo fin non é outro que uniformar os hábitos dunha confraría cuxa procesión remata no asalto aos Concellos.
De todos xeitos, o que resulta verdadeiramente tráxico, é que o nacionalismo galego nun exercicio de desesperación e despropósito, siga apostando por trebellar, mentres nega a reflexión necesaria sobre unha lectura consciente e analítica dos custos e mingua política que lle supuxo a permanente participación en coalicións cos socialista.
Nos últimos tempos o nacionalismo demostra seu desnorte a través de constantes tumbos de feira, e tal circunstancia proxecta ante a sociedade unha perda de lucidez política e un exceso de imperfección ideolóxica, aspectos, que fan inexplicable entender súa actual traxectoria, caracterizada, pola desvantaxosa permuta que supón cambiar o miserento paraíso dunhas concellarías pola absurda contrapartida en defender o enxoval socialista en tempos de Zapatero.
Isto é inaudito, pero polo visto neste acontecer a miopía non ten anteollos, e por iso non ven con nitidez o pórtico de Astano, pois se ao revés fóra, caerían na conta que nosos males son obra dos seus aliados nos bipartitos, xa que logo, sentidiño, e deixen de lear súas andrómenas tras os demos da dereita, pois a verdade, xa se ten ido o tempo do estraperlo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario