PUBLICADO Diario de Ferrol; sábado, 04 de xunio 2011
PUBLICADO La Región; sábado, 04 de xunio 2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; sábado, 04 de xunio 2011
PUBLICADO La Región; sábado, 04 de xunio 2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; sábado, 04 de xunio 2011
Sen excepción, procede afirmar que o conxunto das estruturas asociativas e de representación intersectorial da esfera empresarial, resultaron alteradas funcionalmente como consecuencia dos prexuízos ocasionados polos artífices dos erros políticos e dos responsables da inestabilidade dos mercados financeiros, que como é sabido, na temporalidade do último cuadrienio provocaron unha hecatombe sen precedentes, cuxa complexidade superou o peor dos escenarios que puidésemos imaxinar.
As entidades patronais que se precen, han facer fronte a esta complicada realidade vía superación, establecendo ao efecto solucións de fortalecemento asociativo, dirixidas a adaptar a tempos de crises tanto súas estruturas orgánicas, como seu sistema de relación operativa para coas súas empresas asociadas, toda vez, que as actuais circunstancias aconsellan cambios dirixidos a fortalecer o músculo asociativo, a fin de, dispor da enerxía suficiente para en primeiro termo manterlle o pulso á crise, e isto ha ser así, por canto a tarefa das asociacións empresariais, neste tempo de dificultade ha ser máis activa que en épocas de bonanza.
É incuestionable que seus labores, teñen de ser suxeito da debida reordenación e planificación, garantindo tanto, a estabilización das actividades sobreviventes , como a articulación de medidas e fórmulas dinamizadoras da economía, que como punto de partida precisan de tacha e conta nova, xa que resulta irrefutable que o modelo económico que nos arrastrou á crise global, ha ser mellorado no seu conxunto por canto súa superada caducidade é un todo incuestionable.
Non se trata de pór en cuestión o modelo de libre mercado, pero si reordenar seu funcionamento, por canto, neste cambio de ciclo económico, a nova etapa obriga a mudar esquemas anticuados e erradicar prácticas obsoletas.
Os standares futuros da economía, esixen racionalidade e ordenación harmónica dos sectores produtivos, a fin de conformar, unha planificación equilibrada en razón a plans de ordenación dos mercados en consonancia coa lei de oferta e demandan, evitando deste xeito incorrer no permisivo desbordamento de actividades afíns que sen ningún xénero de dúbidas foi o principal factor causante do actual barullo socio- económico.
(Non haberá de esquecerse como mal exemplo, o disparatado intrusismo e a insensata atomización, que prodigaron unha sobresaturación no sector inmobiliario), isto , é o que non debe repetirse en ningún sector produtivo e para evitar este despropósito, o libre mercado, debe estar intervido no bo sentido da súa planificación e organización sectorial
Equivocariamos, se agardamos que a situación se recupere pola inercia dos mercados como ocorrese en crises anteriores, pois a diferenza é, que esta crise non garda patrón de referencia co pasado inmediato, onde a característica era o desequilibrio conxuntural, e como o seu nome indica, as propia variables fluctuantes impulsaban a reactivación.
A lectura dos ritmos económicos presentes é diametralmente oposta, pois como xa queda referido, na situación presente para a nosa desgraza, excedemos a hipótese dunha crise estrutural para desembarcar no conflito que representa, a singularidade dun cambio do ciclo económico sen referente de contraste.
Ha quedar meridianamente claro, que as empresas, son a principal forza tractora capaz de sacar ao país desta grave situación económica, sendo cometido dos representantes da patronal, acadar ámbitos de estabilización da actividade produtivas, renunciando a ostentar impasibles a desfeita que supón o continuo peche de actividades empresariais.
Nestes tempos de coraxe, a iniciativa fundamental radica en acometer reformas estruturais como punto de arranque para transmitir competitividade nos mercados, medida que terá que vir acompañada polo factor confianza como clave incuestionable para crear o clima adecuado de mellora da contorna que favoreza a toma de decisións e por extensión a recuperación económica.
Co perfil dese horizonte por finalidade, as entidades patronais non han regatear esforzos para conseguir a cooperación de todos os axentes sociais e económicos, unha cooperación que inclúa a colaboración coas Administracións para a mellora das nosas infraestruturas, a participación das entidades bancarias para facer fluír as vías de financiamento e a reciprocidade dos axentes sindicais para alcanzar solucións conxuntas a través da vía do diálogo.
A sociedade no seu conxunto ten de asumir, que en tempos revoltos todos os esforzos son poucos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario