PUBLICADO Diario de Ferrol; sábado, 25 de xunio 2011
PUBLICADO La Región; sábado, 25de xunio 2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; sábado, 25 de xunio 2011
PUBLICADO La Opinión -A Coruña; sábado,25 de xunio 2011
PUBLICADO La Región; sábado, 25de xunio 2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; sábado, 25 de xunio 2011
PUBLICADO La Opinión -A Coruña; sábado,25 de xunio 2011
A convocatoria anticipada de eleccións xerais, politicamente, é un exercicio de responsabilidade, un proceder imperativo que sumado ao descrédito que provoca a precariedade do actual executivo, toma formato de esixencia imprescindible para mudar o sombrío panorama económico do país.
Resultaría unha insensatez seguir mantendo como obxectivo o esgotamento da temporalidade da lexislatura, pois con tal determinación, máis que amparar o interese xeral, proclamaríase a intencionalidade en cuberto do PSOE, de prorrogar os tempos, por tácticas partidista dirixidas a variar as tendencias electorais e promocionar desde o poder a imaxe do candidato Rubalcaba
Por Xosemanuel Galdo-Fonte
O actual descrédito da clase dirixente adxudicado polos cidadáns a través dos resultados do CIS, é un demérito gañado a pulso, sendo o asombroso do asunto, que os protagonistas, no canto de meter freo á deterioración, opten por facerse o distraído coma se a censura social existente fóselles allea, e así, con abraiante naturalidade manteñen en ascenso a súa mala reputación.
Testemuño de tal valoración son as circunstancias socioeconómicas que arrasan o país, concibida esta, sobre o contraste analítico de que calquera crise económica, ten, dimensión en escala e continuidade no tempo, que agudiza ou alixeira, en función directa á ineficacia ou ao prestixio da clase política interventora, e no caso presente á vista dos resultados, a cualificación que merecen os responsables en materia, é un reprobado sen paliativos.
Pero, se tal circunstancia debese ser suxeito de reflexión, resulta que esta desvantaxe de alumnos da cousa pública, para maior complexidade parecen empeñados en non tomar razón do contido da lección temática que sobre a adversidade dos novos tempos está a impartirse na aula magna deste centro académico da crise que resulta ser o noso país.
É conveniente rememorar o foro de opinións xurdidas na antesala da crise, aquelas polémicas sobre a desaceleración do crecemento económico, ou as teorías posteriores enunciativas dunha grave recesión; pero o substantivo daquelas conxecturas de sospeitas abstractas e análises extravagantes, tomou unha deriva inusitada, cuxo resultado rompeu todo prognóstico, cando o modelo de mercado existente quedou excedido polos acontecementos para dar entrada en escena, a un cambio do ciclo económico, podendo dicirse que na actualidade, atopámonos na fase mais baixa do devandito ciclo, sen que tal afirmación supoña ter tocado fondo.
As políticas gobernamentais aplicadas en períodos anteriores, caracterizadas polo estímulo de riscos desmesurados, foron os factores indutores e a orixe de confluencia entre o desequilibrios estruturais, ou o que é o mesmo, o crecemento desaforado de sectores estratéxicos (sector financeiro, sector de construción), e os desequilibrios macroeconómicos, que despois de acentuar a inflación derivaron a unha caída acelerada da actividade económica, cuxo expoñente característico se reflectiu a través dunhas taxas de crecemento do PIB negativas, co factor inducido dun acelerado crecemento do desemprego.
Este escenario por se mesmo representa ser un obstáculo para establecer medidas eficaces de reactivación, e tal é así, que a pesar das disposicións de impulso adoptadas polo Goberno e o plan de severidade fiscal aplicado, a nosa economía permanece estancada, sendo o motivo da freada, a improvisación e a insolvencia das formulacións, por canto téntanse introducir unilateralmente reformas estruturais, cando a solvencia de formulación pasa necesariamente pola concreción dun modelo económico de consenso.
Por tanto, o que resulta oco de argumentación é o empeño do executivo do estado en esgotar integralmente a lexislatura, amparándose na porfiada escusa de aprobar as reformas pendentes antes de convocar ás urnas, tendo en conta que tal xustificación, resulta ser outro anel máis desa longa cadea de contradicións políticas que o goberno do presidente Zapatero leva arrastrando desde o inicio de lexislatura.
A anticipación electoral é unha necesidade imperioso, a fórmula imprescindible para pór solución de urxencia á saída dunha crise económica de temporalidade excedida, e por conseguinte o método apropiado para erradicar o dilema institucional, que representa o desencontro da bicefalia existente, que proxecta no executivo unha percepción de interinidade.
Resulta pois inxustificable empeñarse en esgotar o período lexislativo, por canto tal obxectivo ademais dun despropósito xoga como factor negativo, ao exportar cara aos mercados a insolvencia que transfire o baleiro de liderado, que sumada á mala reputación, o único que achegaría, sería agravar a xa delicada conxuntura do país, contra un achegue en contrapartida, consistente na posta en marcha de medidas de maquillaxes mercantís e intervencións de cirurxía financeira de nula eficacia, extremo este que arroxaría un balance negativo ás expectativas da nosa reactivación económica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario