PUBLICADO 14/01/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario
Así, a pesar que factores como o esborralle do mercado laboral, entre outras esixencias precisaba da expansión do gasto público como medida de estímulo multiplicador, que operara como acicate da economía, facilitando, a creación de emprego, o investimento e o consumo; parece que tal obxectivo é un aspecto intranscendente para o actual executivo, que en liña cos seus antecesores sométese aos excesos dos tahúres do fío de seda en prexuízo de medidasde creación de emprego e do necesario cambio do modelo produtivo, aspectos, que debesen centrar a súa preocupación se o seu sentido da responsabilidade fose evitar a mais que segura entrada recesión, a continua destrución do tecido empresarial e a permanente perda de emprego.
Nada máis constituído o goberno, os mercados para que ninguén chámese a enganos, a través de mensaxes en clave financeira, apresuráronse lembrarlle ao novo executivo quen establece o guión económico do país, advertíndolle así mesmo, que calquera reforma en materia, forzosamente, tería de contar co aprobado da súa supervisión.
As primeiras medidas que en materia defiscalidade tomou o flamante executivodo presidente Rajoy, non están no camiño correcto, e por mais argumentos que se aduzan, o amparo da súa xustificación, garda precisión análoga cos fundamentos da equívoca política económica do goberno do ex presidente Zapatero, pois se mantén idéntica porfía en alzar a presión fiscal como única solución reactivadora da nosa economía, cando o remedio apunta en dirección contraria, xa que con esas medidas o único que se delata, é a condición cativa do novo goberno que inicia o seu mandato asumindo cos ollos pechados os ditados dos mercados, cuxo único obxectivo é garantirse en condición preferente o cobro da débeda concertada.
Analizando este atípico proceder que a alta política aplica como norma na xestión da crise, un queda pasmado, pois se mire por onde se queira o absolutismo dos mercados é un todo intolerable, resultando por iso incomprensible que no canto de aplicárselles a contundencia acorde aos seus excesos, o Estado, a través dos seus gobernantes, contra toda lóxica, encollen lenzo, deixándose enredar a través de fórmulas que preconizan como remedio o ideario dos mais destacados plutócratas desta elite dominante, sen caer na conta que tras a hipnosis da súa planificada crise da débeda, os únicos resultados que se obterán, non serán outros, que a continuidade desta crise no tempo e a obtención de enormes beneficios por parte dos inductores, quen á súa vez, incrementarán o control institucional e poder executivo dos países sometidos á súa influencia.
É obrigado constatar que a xénese desta crise arrinca da cobiza dos propios mercados, que no seu momento dedicáronse a prodigar a cultura do endebedamento incontrolado, facilitando prestamos a Estados receptores, cuxa solvencia, era máis que menos incerta en razón ao volume do risco contraído, chegando a crear unha espiral onde a débeda pública concertada sufragábase a través de novos créditos, provocando nalgúns casos un déficit inducido que excedía dabondo ao produto anual do país, ata que a reiteración encadeada daquel proceso autoalimentado transformouse nun todo insustentable, co agravante, que o contaxio do endebedamento público infectou ao sector privado, empresas e familias que pasaron a formar parte do círculo contaminado por quen toma contraídos superiores á súa capacidade de amortización.
Chegado a ese extremo, é cando os artífices consuman a súa manobra facendo que a débeda soberana dispárese, pero agora, cun custo superior en razón a unha alza dos tipos de interese que para maior abuso traen consigo o acompañamento dun novo gravame co sinal de prima de risco.
Esta perturbación prefabricada de modo unilateral polos mais directos interesados, xera o encarecemento das condicións orixinarias, resultando obvio que como consecuencia de tal manipulación, o Estado, non dispoña de ingresos suficientes para facer fronte aos seus compromisos de pago, e no marco desa tesitura, os autócratas financeiros, como broche á súa xogada mestra, impoñen, mesmo con reforma constitucional por amparo, a prioridade absoluta do pago dos intereses e a devolución do principal, e así cando o déficit delata a imposibilidade de atender as obrigacións xerais, o abono da débeda, anteporase aos dereitos básicos da cidadanía, e o cumprimento desa premisa é a motivación única da reforma impositiva aprobada ultimamente polo actual goberno.
Pero no contexto das mal denominadas políticas de axuste, a contradición está servida, xa que esta práctica de preferencia a prol dos mercados, sitúa o futuro do país nunha vía morta, pois estas condicións abusivas, deixan baixo mínimos o gasto público que á parte da diminución que ocasiona ao estado de benestar, deixa pechada a porta da reactivación económica.
Así, a pesar que factores como o esborralle do mercado laboral, entre outras esixencias precisaba da expansión do gasto público como medida de estímulo multiplicador, que operara como acicate da economía, facilitando, a creación de emprego, o investimento e o consumo; parece que tal obxectivo é un aspecto intranscendente para o actual executivo, que en liña cos seus antecesores sométese aos excesos dos tahúres do fío de seda en prexuízo de medidasde creación de emprego e do necesario cambio do modelo produtivo, aspectos, que debesen centrar a súa preocupación se o seu sentido da responsabilidade fose evitar a mais que segura entrada recesión, a continua destrución do tecido empresarial e a permanente perda de emprego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario