30 dic 2010
24 dic 2010
EU APOSTO POR GARDEL
PUBLICADO Diario de Ferrol; lunes 27 de diciembre . del 2010

Se o extinto Gardel cantaba no seu arrabaldeiro tango que vinte anos non é nada, por pura lóxica, para o cupletista Zapatero cinco anos resultan ser moito menos. Agora ben, este tonadillero do Curral da Moncloa debese cambiarlle a letra á súa copla, pois a verdade queda curta en previsións, xa que para a recuperación económica do noso país, até os vinte anos do tangueiro poden resultar exiguos.
Claro que para un presidente que accedeu ao cargo instalado na mentira, negando por activa e por pasiva o que era unha crise galopante, é pouco arriscado a estas alturas da desfeita, transmitir expectativas de solución remitidas á temporalidade dun lustro, pois quen ten demostrado perder a sensatez, é normal que tome por código a imprudencia.
Pero a realidade apunta noutra dirección, o que noso mandatario debese saber como responsable directo da hecatombe,é, que foi o destempo en asumir a dimensión do problema e a negativa en mitigar o seu alcance, quen fixo que evolucionasen os inconvenientes, e por iso, a gravidade dunha crise excepcionalmente corrosiva, derivase nun cambio de ciclo económico que trouxo inducido a destrución ao completo da estrutura de sectores produtivos, e por derivación, a perda inxente do mercado laboral.

Pode antollarse esaxerado, pero a efectos de contraste, podemos afirmar que estamos sumidos nunha situación equivalente á gran depresión do 29, e aínda que cada crise económica ten causas e efectos diferentes, as expectativas actuais orientan mais afinidade con aquelas épocas pretéritas que coa resurrección a curto medio prazo que preconiza o presidente Zapatero.
Un dos factores responsables de crack do 29, foi sen dúbida a sobreproducción, que ao estar desequilibrada con respecto á demanda, produciu un incremento dos stocks até valores intolerables, sendo tal exceso o matriz desencadeante da deflación que ocasionou a redución dos beneficios da economía especulativa, e tal circunstancia, provocou en primeiro termo a desarticulación do sistema financeiro en razón a un exercicio de risco excedido e desmedida avaricia; e resultas diso, a entrada en escena da crise económica xeneralizada con graves desenlaces para o desemprego e a proliferación das tensións sociais.
Aquela depresión do 29 xurdida do milagre ficticio que alimentou a cobiza bolsista, non puido mitigarse até o ano 52, é dicir, 23 anos despois de que se desencadease, resultando contraproducentes, as medidas reactivadoras baseadas en iniciativas de carácter público, inspiradas no crecemento artificial da demanda, sobre a base, da utilización do gasto social como fórmula de promover a ocupación e garantir a renda
Pois ben, nesta España nosa de pandereita e castañolas, parece que o goberno socialista no ano 2007, tomou prestado o espello fantasioso daqueles felices anos vinte a fin de reflectir a imaxe maqueada da nosa realidade económica, o problema foi que cando mais agraciada supúñalla, os negros nuboeiros da crise deixaron caer as primeira pingas e tal circunstancia provocou que se lle correse o rimel, e naquel momento, a fachendosa imaxe transformouse no mais horrendo dos espantallos, e con iso, o simulacro da aparencia daba paso á crúa realidade. Se a política do espellismo foi un engano, o verdadeiramente imperdoable foi estar tres longos anos coqueteando co delirio mentres avanzaba a deterioración.
Está claro que ao PSOE sóbralle tronco pero fáltalle cabeza e extremidades, e con esas eivas non se pode exercer na política...!

O sector servizos por dependencia nutriente da estabilidade da economía xeral, continuará no seu deslizamiento negativo ata que non se incremente o ángulo de inclinación do tobogán do consumo.
Aquí non se trata de deseñar un estudo de detalle,o problema ten maior dimensión e escala, e o que a situación demanda vía urxencia, é redactar un novo plan xeral de planificación e desenvolvemento de nosa sistema económico e produtivo, e de antemán este labor precisa da expurga de mediocres e a incorporación de políticos cualificados, pero tamén empeñada tenacidade e mais que nada longo tempo.
Xa que logo, aínda que non me guste o tango, eu aposto por Gardel
18 dic 2010
¡FODER, QUÉ TROPA!
PUBLICADO Diario de Ferrol; lunes 20 de dicienmbre del 2010

Coma se tratárase duns alumnos do pelotón dos torpes en maridaxe co cotío suspenso, a nosa clase política non cesa en sorprender aos electores; e calquera con dous dedos de fronte , sen ser experto politólogo, non ha facer especial esforzo para caer na conta que, distan moito de ter a cualificación precisa, para afrontar con éxito os grandes problemas que ten este país, e que en verdade, desgraciadamente non son poucos. Podendo dicirse sen risco ao equívoco, que os actuais representantes parlamentarios son con diferenza a xeración política mais cativeira e desastrosa da fecunda historia democrática, pero tamén a de maior insolencia e descaro que nos temos tirado ao corpo.

Coma se tratárase duns alumnos do pelotón dos torpes en maridaxe co cotío suspenso, a nosa clase política non cesa en sorprender aos electores; e calquera con dous dedos de fronte , sen ser experto politólogo, non ha facer especial esforzo para caer na conta que, distan moito de ter a cualificación precisa, para afrontar con éxito os grandes problemas que ten este país, e que en verdade, desgraciadamente non son poucos. Podendo dicirse sen risco ao equívoco, que os actuais representantes parlamentarios son con diferenza a xeración política mais cativeira e desastrosa da fecunda historia democrática, pero tamén a de maior insolencia e descaro que nos temos tirado ao corpo.
Este enxame de insuficientes, mais que lograr a súa credencial na limpeza dun proceso electoral, semella obtivérana como salteadores de camiños, pois caso contrario non é descifrable que manteñan o seu rango de representación e non teñan dimitido, dado que seu facer político, é a antítese dos compromisos contraídos nos seus programas electorais, cuxo contido resultou ser clave para que os cidadáns a través das urnas decantáranse por outorgándolles plenas facultades en representación do interese colectivo. Resultando por tanto que a pervivencia da actual dicotomía, á parte dunha fraude electoral en cuberto, trasloce unha afronta que pon en cuestión a solvencia das regras do funcionamento democrático.
Dicir que esta introdución é unha forma suave de censurar lexitimidade a quen amparados na deshonestidade, promoven reformas económicas de lesiva incidencia para o resto dos cidadáns, e á vez, co maior dos descaros blindan os seus privilexios e distingos nunha clara demostración de insolidariedade e negativa a arrimar o ombreiro, É obvio que veño de referirme á levada e traída reforma das pensións, en cuxo contido os señores deputados e senadores non ven prexudicado o seu excepcional e escandaloso status. É dicir, que con total naturalidade, promoven reaxustes de incidencia a terceiros, mentres os seus dereitos mantéñenos salvagardados e inalterables.
Miúdo código de conduta, un pouco máis, e fanse controladores aéreos!
Para centrar o desbarre licencioso que promoven os insignes pais da patria, cabe referir, que a famosa reforma a efectos xerais afecta a dous aspecto que por diferentes non deixan de ser complementarios, o alongamento da idade de xubilación que pasa de 65 a 67 anos, e a elevación da temporalidade de cotización que pasa de 15 a 20 anos como mínimo necesario para percibir pensión de xubilación, existindo ademais outros aspectos restritivos en correspondencia ao actual marco regulador.

Miúdo careto bótanlle súas señorías, nisto o consenso é pleno!
O ecuánime, sería erradicar discriminacións entre divinos e humanos, e aplicar un cálculo sobre o cómputo de toda a vida laboral, como métodos mais xusto e racional no establecemento de proporcionalidade entre a cotización da vida activa e o receptado tras a xubilación
Pero con todo, parece que as árbores non lles deixan ver o bosque, e existe un empeño obsceno tras a reforma que non é outro que tentar ocultar a súa orixe, pero por mais que se encubra a verdadeira razón da metamorfose das pensións, radica no enfraquecemento do seu circuíto de estabilidade, inducido por un receso laboral de case 5 millóns de parados, un desemprego xuvenil que supera o 44% e unhas espléndidas prexubilacións aplicadas en temperá idade a traballadores excedentes de sectores en reaxuste ou regulación.
Esta circunstancia crea un efecto descapitalizador e desestabilizador ao que hai que marcarlle solución inmediata e preferente, suposto contrario, entrariamos nun proceso encadeado de reformas e contrareformas, e con total seguridade ante a propia quebra do sistema, pois o verdadeiro hándicap vén provocado pola convivencia contra natura entre o precario mercado de traballo e a ascendente evolución demográfica dos pensionistas.
Pero a xulgar polo feitos, a clase política non ten unha soa idea propia para afrontar a saída da crise, e ese é o motivo pola que establecen a reforma das pensións, cando non é o momento e vai en sentido contrario do verdadeiramente prioritario que resulta ser a creación de emprego.
O maior empeño debese centrarse e pór todos os resortes dispoñible para dinamizar o mercado de traballo e exporse como primeira meta a redución do índice de paro á mínima europea, logrando con iso, á parte de erradicar situacións vegoñentas e antisociais, a capitalización derivada de ingresos por cotización superiores aos 20000 millóns, e por riba a redución substancial de pagos por desemprego, subsidios e demais prestación.
Finalizo sentenciando que calquera iniciativa que relegue o perentorio a condición de accesorio, non fará mais que prorrogar no tempo a apertura ao futuro, pero constatando que as solucións non xorden por xeración espontánea, á vista do actuado, hase afirmar que a actual clase política non acada o nivel de cualificación axeitado para afrontar esa meta.
A situación demanda con urxencia eleccións anticipadas ou caso contrario a prórroga do desastre está servida, pois estes badulaques non dan máis de seu.
17 dic 2010
6 dic 2010
ENTRE O DESACATO E O FESTEXO
Sería inimaxinable concibir un país que non dispuxese dun marco xurídico supremo, unha norma fundamental determinante das pautas que deben rexer os dereitos e deberes dos seus cidadáns, e que á súa vez, conformase o vértice da pirámide funcional das súas institucións.
Eu que sempre mantiven unha postura díscola sobre certos contidos da actual Carta Magna, até o extremo de abrírseme dilixencias xudiciais por manifestacións realizadas sobre a mesma, a tempo presente, como demócrata militante asumo a vontade maioritaria de quen referendaron a súa aprobación, pero por mais tolerancia que me conceda, sigo mantendo as miñas discrepancias en razón á carencia de ecuanimidade entre o contido deste código preponderante e a nosa realidade como pobo.
Nestes tempos que corren, posiblemente máis que nunca a diverxencia é un todo manifesto, e o quebrantamento cotián do intocable texto constitucional resulta ser unha constante, que por se mesmo, presupón unha afronta aos dereitos fundamentais que o marco regulamentario ten conferido aos cidadáns.
Unha sociedade extenuada como resulta ser a nosa, onde a miseria con maiúsculas cernese sobre miles de fogares e familias, onde os obrigados a garantir a dignidade da sociedade, teñen catapultado o paro a cifras de calafrío; mírese por onde se mire, é anticonstitucional que despois do desastre xerado polos seus excesos e desgoberno, tenten agora, resolver a crise, suprimindo dunha plumada a vergoñosa esmola de 426 euros, que resultaba ser, a única percepción daqueles homes e mulleres que esgotaron a prestación do desemprego.
Á vista dos feitos, semella que algunhas liñas da constitución quedaron derogadas, ou resulta que, intencionadamente os garantes de velar pola mesma, optan por facer caso omiso do seu contido, e en especial, refírome aos parágrafos que ligan o dereito ao traballo coa garantía a dispor dunha remuneración suficiente, para satisfacer as necesidades do cidadán e as da súa familia.
Pois miúda maneira de corrixir os desequilibrios...!
Vaia fórmula de promocionar súa cacarexada política social...!
É dicir, estes señores desde súa estrutura política, teñen a ousadía de manter invariables súas suculentas e multimillonarias prestacións económicas por levar ao país á ruína, e con idéntico descaro, queren repercutir a factura da súa hecatombe, en quen, para maior desgraza son directos afectados dos nefastos resultados que produciu o seu desgoberno e irresponsabilidade.
Estes métodos ou maneiras, aproxímannos máis a tempos pretéritos, a épocas de desagradable recordos, co agravante, de que agora consúmase o absolutismo lexislativo, contrariando a ordenación lóxica do marco constitucional, sen importar que o seu contido, veña de representar a vontade maioritaria que os cidadáns manifestaron en referendo o 6 de Decembro do 78; e tal circunstancia por inseguridade xurídica, ameaza con pór en quebra o estado de dereito.
Cada tempo ten súas dificultades, sendo obvio que hai que encarar solucións, pero se as circunstancias demandan aplicación de medidas drásticas para superar os atrancos, tales medidas, han concibirse nun mesmo plano de igualdade e sobre a identidade e pervivencia dunha repartición equitativa de cargas e sacrificios, non sendo admisible, que se cancelen prestacións de emerxencia social aos parados de longa duración, en tanto non establezan solucións operativas ao futuro dos seus perceptores, e mentres as clases acomodadas ou favorecidas seguen instaladas na opulencia.
Quen de forma duradeira e continuada sofren o azoute do paro, non poden converterse en chibo expiatorio da crise, non se pode xustificar a retirada da súa imprescindible prestación, en razón a promesas políticas de solución futura, como o nacemento dunha nova axenda social, ou a promulgación de Lei de Reforma das Políticas Activas de Emprego. Iso non é nin máis nin menos que un método pouco ortodoxo de oficializar a inxustiza e adobala con vexatorias e inxustificables desigualdades, e tal extremo, entra en colisión directa co espírito do incluído constitucional
A Lei Fundamental, non se reforza con festivos no calendario, nin con celebracións protocolarias de pompa e boato, nin moito menos, con lectura ininterrompida do seu articulado, senón co cumprimento exhaustivo do seu implícito.
Por tanto para rematar, querería lembrarlles aos responsables de velar pola orde constitucional, que a coherencia da Carta Magna, non vén outorgada exclusivamente pola letra impresa do seu contido, senón pola súa preponderancia, cumprimento, acatamento e inviolabilidade.
Non sendo de recibo, que a inobservancia ou aplicación contraditoria, anule dereitos fundamentais e sitúe á clase social mais débil en localización de indefensión e desamparo, con indución á realidades dramáticas e emprazamento forzoso na escaseza dos medios necesario para seguir vivindo.
28 nov 2010
OS ENREDOS DO PRESIDENTE
PUBLICADO Diario de Ferrol; martes, 30 de noviembre del 2010
Mentres o noso país está no ollo de furacán financeiro, en razón á turbulencia desatada pola súa débeda soberana, o presidente Zapatero non cella no empeño de xogar a baza do optimismo, e en tanto a realidade dos mercados apunta en negativo, el, aproveita o conclave macro - empresarial de Moncloa, para declarar con rotundidade que Europa non ve fundamentos sólidos para considerar a necesidade de intervir no rescate da economía do Estado.
Sen dúbida que o novo “gurú” da economía socialista, ou está sumido na éxtase dun egocentrismo de ilusións, ou como sempre, toma escala e dimensión do panorama económico con métrica trucada.
En calquera caso súa capacidade analítica presupón un desencontro coa realidade dos mercados, cando circunscribe a solvencia económica do país ao parecer decisorio dos nosos socios da eurozona, xa que tal criterio, á parte dun contrasenso, delata que o secretario xeral do PSOE, segue sen decatarse que de orixe, os nosos males son consecuencia da falta de remedios que deberan aplicarse, no canto de desaproveitar o tempo patrocinando a inexistencia da crise.
Casualmente, o principal detonante de que actualmente a nosa economía estea no punto de mira dos especuladores, foi aquel empacho do executivo socialista, en non asumir coa antelación debida a gravidade dos feitos e deixar que a negación dos mesmos e a desidia operativa, culminasen na presente e irreversible deterioración.
Por tanto o goberno socialista. á marxe do actual empeño en derivar imputacións a torto e a dereito, terán que asumir, que eles son a maior parte do problema e que a súa desmaña impídelles formar parte da solución.
É evidente que España anda á deriva, e nun airiño irase a pique se o seu temón continua en mans destes mediocres adictos ao poder, que por manter o seu status, son capaces de levarnos á bancarrota antes de darse por vencidos.
Para facerse unha composición de lugar deberían asumirse que a débeda externa que acumula os saldos pasivos fronte os pagos de amortización, no noso país está sobrexcedida, e iso fidedignamente é así, pois para desgraza económica no ranking mundial de endebedamento ocupamos a sexta posición en termos absolutos.

Tendo de engadir a todo iso, que en razón ás malas perspectivas económicas e erróneas políticas postas en marcha polo Goberno para combater a crise, outros parámetros ou factores que auspician as actitudes posibilistas dos traficantes financeiros, desencadearon a caída do investimento estranxeiro próxima ao 60%, e por si eramos poucos , destacar a entrada en escena de fuga, de “capital flight”, caracterizada pola liquidación de valores dos investimentos estranxeiros en carteira.
Dicir, que se o investimento foráneo ten decaído no sector privado dificultando o financiamento de empresas e particulares, resulta paradoxal que devanditos recurso, duplicasen seu fluxo cando o obxectivo a financiar son as Administracións Públicas.
Cando eso ocorre, a motivación, non é outra que os enormes buracos orzamentarios, que tentanse taponar emitindo débeda pública de forma extraordinaria, que ao estar ofertada con vantaxosos dividendos, inicialmente o investidor exóxeno catalógaas como activo máis atractivo que os investimentos en carteira,
Pero tal solución o único que ocasionará a curto medio prazo, será marcar un novo record no déficit público e un incremento da débeda externa, cuxo neto de equivalencia actual ascende 1,027 billóns de euros, e por conseguinte, fará que o saldo entre activos e pasivos continúe crecendo, e entón máis que un rescate, precisaremos a extremaunción administrada “in extremis”
Pero o curioso desta odisea, é que mentres os verdadeiros mandatarios europeos utilizan estratexicamente a intelixencia para acalar rumores e tranquilizar a axitación dos mercados, no sentido de frear balbordos e estraperlos, resulta que o noso presidente, non sabendo ler entre liñas, toma ao pé da letra a mensaxe, e interpretando ao revés a partitura, chega a sentenciar a inexistencia de fundamentos para entrar ao rescate da economía española.
Con semellante intuición o residente da Moncloa, experto en malgastes e desfeitas, denota, ademais de carencia de coñecementos, un contrasenso asombroso ao non decatarse que a non intervención económica sobre España como membro da Unión Monetaria, abriría a vía de inflación do euro, ou o que é mais grave, a súa máis que probable defunción como patrón monetario.
En resumo, cabe afirmar que os avarentos financeiros son quenllas voraces dispostas a fincar o dente á primeira oportunidade, pero os especuladores políticos, como o presidente Zapatero, son quen a través de nefastas políticas, apostan por engordar o déficit para así transformar a débeda externa en suculento bocado da codiciza especulativa
Claro que ao final sempre asómase algún necio, disposto a sacudir responsabilidades de seu, e imputar a autoría dos males do país a un '”broker” chamado Rajoy,.... Definitivamente este goberno non ten remedio..!
16 nov 2010
VERDADES INCÓMODAS
PUBLICADO Diario de Ferrol; sábado, 05 de feb. del 2011
Agora que aproxímanse os comicios municipais, as caixas de correos dos nosos domicilios engordarán o seu volume de acollida con publicidade electoral, en cuxo implícito, os concorrentes aos comicios, farannos chegar unha batería de promesas, que sopesadas e valoradas, por excedidas e desatinadas, facilmente poderemos concluír, que para a clase política, salvo excepcións contadas, as campañas electorais teñen a equivalencia de feiróns onde prolifera a oferta de entelequias, ou o que é o mesmo, onde téntase vender sacas de fume sen denominación de orixe.
Polo xeral o contido deses catálogos, é unha declaración de intencións exenta de rigor, sen axuste debido á capacidade e solvencia da institución que aspiran rexentar, sendo por iso, que o descadre coa realidade sexa a norma usual na súa elaboración, ao non vir precedidos seus contidos da diagnose económico - financeira correspondente. Tal insuficiencia de precisión, impide o establecemento de previsións reais, e por tanto, invalida solvencia aos seus contraídos, e por derivación resta credibilidade aos entusiastas ofrecementos dos candidatos. .
Pero se as referidas carencias poden ter a súa xustificación na incapacidade científica dos seus redactores, aspecto distinto, é o feito de non incluír no seu contido, os emolumentos que asignaranse os candidatos sobre o suposto de que os resultados favorecesen seu acceso ao executivo municipal, e esa ocultación, de orixe, denota unha inclinación á opacidade, que entra en colisión co principio de transparencia que debe presidir o exercicio dunha función política decente..
Tendo de engadir, a indefinición ou carencia nestes folletos electorais, da posterior incorporación de asesores políticos ao futuro goberno municipal, que á parte de supor unha imprecisión sobre o custo repercutido nas arcas publicas, tales nomeamentos, adoitan recaer en inexpertos coñecedores do municipalismo, o que fai inútil súa razón de existir.
Salvando a excepcionalidade que confirman a regra, pódese determinar que todo esta paradigma de indefinicións, delata, que detrás do asalto ao poder dos concellos, imponse a mediocridade concorrente enlazada coa voracidade crematística, sobre a eficiencia xerencial que debese presidir a defensa do interese xeral, dunha macro - empresa participada por uns accionistas maioritarios chamados cidadáns.

Desde este patio aberto que é a comarca, os cidadáns residentes, presenciamos atónitos a interpretación, vendo a uns mediocres arribistas en papeis de repartición principal e a uns figurantes secundarios metidos en camisas de once varas, e todos eles, mais preocupados polas indicacións dos seus respectivos directores, que por lograr o aplauso do publico en premio a unha boa execución.
Sumando a iso. citar asemade a incorporación ao acto. dun nutrido e esaxerado cadro de extras que disfrazados de asesores de confianza, súa única función limitouse a adelgazar as recadación da taquilla. sen aporte de melloras ou prestancias para o interese xeral, supondo esa artimaña unha forma indecorosa de repercutir á veciñanza o custe dunha estrutura disfuncional e inoperante.
Finaliza esta peza teatral, entre actos de pactos impactados , desencontros encontrados e a negación executiva por coroa, o público enmudece, cando vista a nefasta interpretación, chegan coñecer o carto percibido por semellante bufonada .
Algúns sentíndose aludidos, este relato poderá resultarlles grotesco, pero mal que lles pese, en realidade esta é a imaxe que reflicte o espello sobre quen conforman actualmente os gobernos municipais no ámbito da Mancomunidade, e se os afectados, non son quen de percibir esta realidade, acontece, que súa ambición non ten mesura e contra vento e marea tenta manter prórroga duns privilexios inmerecidos.
O panorama político comarcal pide expurga, é hora de cambios, xa non é tempo de libelos publicitarios, nin de pasquíns enganosos, e moito menos de mensaxería artificiosa, agora mais que nunca o pluscuamperfecto resulta extemporáneo, Os concellos precisan refresco, xente nova, candidatos cribles, persoas que antepoñan os dereitos inalienable dos seus veciños ás directrices partidistas, en sínteses, algo distinto, os concellos da comarca precisan alcaldes de seu, pois cos presentes estancouse o futuro.
10 nov 2010
RESISTENCIA ATROZ
PUBLICADO Diario de Ferrol; martes, 16 de noviembre del 2010
A última remodelación do executivo socialista e o nomeamento de Pérez Rubalcaba como vicepresidente primeiro do goberno, era un feito cantado, pois o aparello do partido socialista, recoñecendo internamente a desfeita electoral que se lles aveciñaba como consecuencia da súa nefasta política, optou por variar súa estratexia, relegando a un segundo plano a actualidade económica para dar paso á confrontación política, e ninguén mellor para dirixir tal labor que o flamante vicepresidente, pois non el balde, resulta ser un innegable experto nestas faenas de axitación de masas.
A incapacidade política en restaurar a orde económica era un feito palpable, e tal circunstancia, estáballes a prorrogar un desgaste imparable, co risco de sufrir, non xa unha derrota, senón unha desfeita electoral, entón, o triunvirato do imperio socialista (Zapatero , Blanco, Rubalcaba), forman á disciplinada lexión no patio da Moncloa, e ordenando paso á fronte, proceden á degradación duns, e á entrega de despachos aos que en substitución, serían estrea dun novo executivo de marcado corte oficialistas, é dicir, o grupo da hecatombe ao pleno. Nese acto, púñase en marcha “O Plan da Resistencia Atroz”, consistente en despistar a realidade económica, e todos a un tempo, radicalizar a mensaxe política para advertir ao electorado dos perigos dun cambio de goberno, liderado por unha demoníaca dereitona, cos riscos influentes do catolicismo inquisidor e o posible estalido da terceira guerra mundial.
Miúda obsesión en amplificar a megafonía do medo..!

Agora resulta, que esta elite de iluminados socialista reunidos en Ferraz, mostran especial empeño en publicitar algo novo, o que veñen denominar fachendosamente, como a reforma das políticas activas de emprego, que a xulgar polas súas declaracións , ten por meta, lograr a atención personalizada aos desempregados, compaxinando devandito obxectivo co fortalecemento dos servizos públicos de emprego e a regulación das axencias de colocación privadas.
Polo visto esta xente segue deambulando, accederon ao poder en épocas de bonanza, dedicándose a exercer de administradores descontrolados, e o resultado traduciuse en situar a estrutura socio - económica do país en posición de xaque mate. Agora, despois do desaguisado ocasionado, faltos de ideas e carentes de iniciativas, no canto de coller a equipaxe e encartarse en retirada, xustifican súa continuidade en política dándolle rango de alternativa, a disparates peregrinos e triviais.
O que estes señores propoñen, é mais propio dun encontro na terceira fase con abdución incluída, que algo encadrado nos parámetros da consecuencia, sendo recomendable que dunha vez por sempre, pousaran os pés no solo e estacionáranse na realidade, e entón deixarían de propor fantasías, cando tomado contacto coa evidencia, caesen na conta que foron eles mesmos no ano en curso, quen aprobaron a Lei de Morosidade que comprometía o pago das entidades públicas nun período máximo de 55 días
Que anteriormente a esta aprobación, a morosidade da administración fixo que 200.000 autónomos e microempresas, houberon de pechar, en razón a que o atraso medio de pago da administración tíñase establecido en 158 días, circunstancia, que sumado a folga financeira da banca, xeroulles unha carencia de tesouraría que deu ao traste coa súa continuidade,
Resultando que actualmente, a pesar da entrada en vigor do novo marco legal, en razón a que o lexislado semella ser papel mollado, dáse o paradoxo, que a morosidade segue excedida dos índices establecidos, extremo que abocará cerrar o ano, con outros 100.000 autónomos e microempresas botando ferrollo á súa actividade.
Recordarlles asemade, que a débeda viva da administración pública rolda os 34.000 millóns, e os postos de traballo destruídos como consecuencia da dilación, supera o 1.800.000 traballadores., sendo esa por tanto a materia sensible que ten de poñérselle solución, e deixar de filosofar sobre os ciclos de menstruación dos arcanxos.
Xa que logo, se a nova táctica do PSOE resulta descarada, a súa estratexia destila perversidade, o consecuente, sería que os autores intelectuais de semellantes argalladas predicaran co exemplo, relegando á preferencia de cobro do 50% de seus emolumentos mensuais e a cancelación financeira do seu partido con fondos públicos , en tanto e canto, non saldasen a morosidade con empresas e autónomos.
Teñan por resposta, que mentres non se establezan solucións a este desvarío, as maquillaxes políticas, e as extravagantes iniciativas do PSOE, non deixaran ser estafas orais, ex profeso fraudulentas.
.
1 nov 2010
DINASTÍA INNOMINADA
Se o futuro de Ferrolterra é vergoñento
o porvir dos seus mozos e mozas é humillante
Maiormente, os activistas promotores da transición que desembocou nos cambios sociais da década do 70, semellaban ser individuos inquietos, fillos dunha xeración contestataria e combativa contra o réxime totalitario daquela época, un colectivo influenciado polo devir das compulsivas revoltas do maio francés do 68; en síntese, unha mocidade comprometida no proxecto dunha rebelión coherente, sobre a premisa de alcanzar un cambio social con proxección e persistencia no tempo
Pero a historia soe repetirse, e co paso do tempo, aqueles contestatarios que se significaran como batalladores dunha nova orde e a conversión do modelo social, pasado o tempo, a portada da súa proeza transformouse nunha contraportada desvanecida polo receo, e aquela adolescencia enérxica e comprometida, hoxe camiño da senectude, ten transmutado as súas inquedanzas de épocas pretéritas, nunha imaxe irrecoñecible reflectida nun espello de impostura e privilexios, e así, aqueles rebeldes, agora instalados nun conformismo egocéntrico, pechan balance de resultados co déficit moral de ter castrado o futuro á súa propia substitución xeracional.
Daquela comprometida clandestinidade, uns pasaron a xerarcas sindicais, outros instaláronse na comenencia política, e todos ao unísono, salvo excepcións contadas, dedicáronse a manter súas ambicións de opulencia de esquerdas, e demostrar cos seus feitos, todo o contrario do que tiñan preconizado, e así, o que fora un todo transcendental naquela etapa da nosa historia, trouxo como resultas, o lamentable nacemento da dinastía innominada, ou o que é o mesmo a eclosión dunha xeración perdida.

Esas vellas glorias que contan no seu haber coa fatídica fazaña de ser os colaboradores activos do desmantelamento industrial da nosa comarca, por pura lóxica, folga a súa continuidade futura á fronte de estruturas de representación ou plataformas de decisión, a comarca debe desprenderse de protagonistas negativos que lastran o seu porvir, por canto a súa inutilidade é unha realidade probada e por tanto é clamorosa a súa ineficacia para restablecer a necesaria política de rehabilitación, capaz de superar a situación da ruína laboral que nos teñen deixado por testemuña.
A comarca de Ferrolterra ten a triste desventura de encabezar os índices de paro da nosa comunidade, pero por ser tal circunstancia unha afronta de seu, a sombría realidade que se cerne sobre os nosos mozos e mozas, obriga forzar substitución da actual clase dirixente, a fin de pór freo a esta hemorraxia continua de quen angustiados e sen expectativas, han recorrer á maleta e tomar camiño da emigración para abrir porta ao seu negro futuro.
Aquí sobran mensaxes subliminares, liberados sindicais e políticos de pacotilla, pois ao escenario do gran teatro comarcal sóbranlle comediantes, os mozos non poden soportar máis representacións de farsa iterativa, mais discursos ocos de contido, e moito menos, esperas interminables a unha solución de vida que nunca chega.
A historia desta comarca indica con evidencia meridiana, que os únicos que teñen de ausentarse dos órganos de decisión para a recuperación do futuro, son esa cúpula de neglixentes, que en exercicio dos súas funcións ocasionaron que as novas xeracións vivan nun horizonte sen amencer, que en síntese non son outros que os que sindicalmente, perpetraron o desmantelamento industrial, como tamén os políticos que antepuxeron a garantía do seu cargo aos dereitos do seu pobo, e ademais, o coro de gregarios que por salvar os seus privilexios induciron aos seus propios fillos a ser demandantes de emprego.
Agora eles resultan ser os excedentes, e a dinastía innominada, o verdadeiramente aproveitable e imprescindible!
28 oct 2010
CANDO GOBERNAN OS MEDIOCRES
Vexan senón e tiren conclusións dunha historia socialista, resulta, que como consecuencia do proceso de reconversión naval, o goberno socialista español, establece un acordo co goberno italiano a fin de situar nunha segregación territorial de Astano unha fábrica pantasma denominada Sociedade Italiana do Vidro (SIV Atlántica) para poñer solución aos excedentes do sector.
Pero fagamos un alto para ir collendo ganduxes, pois ben, resulta que antes de tal negociación co goberno trasalpino, o PSOE, someténdose aos ditados europeos en razóns ás limitacións de axudas estatais, (como logo fíxose con Astano), promove a dilapidación da firma de automoción española Pegaso participada polo INI, que devandito sexa de paso tiña 5 % da cota de mercado en Europa e restaba vendas ás empresas francesas e alemás.
Casualmente en razón a iso, o executivo español toma unha decisión desastrosa apostando como solución pola súa posta en mercado de venda, elixindo como cliente, ao consorcio alemán formado por MAN e Daimler Benz, establecéndose un prezo de 20.000 millóns, pero de súpeto,. cando o acordo estaba pechado, a Comisión Europea non autoriza a operación aducindo motivos de competencia.
Claro que en realidade a circunstancia era a cadranza no tempo da apertura política dos países do leste, situación que abríalle aos alemáns unha exclusiva na expansión do seu mercado de automoción, por canto a firma española polas razóns expostas non supuña ser competencia de mercado.
Ese foi o motivo polo cal os propios clientes, nunha turbia manobra, demandasen caladamente a intervención do goberno alemán para forzar un pronunciamento negativo da operación por parte do estamento europeo……. que cousas nos depara esta Europa, a saber quen estará tras do de Astano!
Pero xa antes de que isto acontecera, o goberno italiano tiraba sedela nese mar revolto, coa intención de non desaproveitar calquera oportunidade para facerse con tan valiosa peza, e a verdade que co bo anzol que representaba ter por aliado ao membro do PSOE Luís Solana e o excelente cebo da SIV atlántica, a picada viña cantada, e así foi coma a Fiat italiana fíxose con Pegaso, iso si, cunha rebaixa considerable por canto dos 20.000 millóns ofertados polo consorcio alemán, a operación pechouse por 2000 millóns.. A zumenta diferenza a saber onde foi parar!
Pero a coincidencia non se fixo esperar e paradoxalmente, logrado o ansiado obxectivo da Pegaso, os italianos pregaron velas e retornaron a seu porto de orixe, e unha vez en terra, fartos de risa, anunciando a cancelación do proxecto da SIV Atlántica nos terreos de Astano.
Non pense ninguén que a tomadura de pelo finaliza aí, a mofa continúa, e os promotores de fábrica ficticia, coñecendo a desmaña política e talante irreflexivo do seu interlocutor, ao final tentan xustificar a súa espantada aducindo circunstancias xeotécnicas, excesos fiscais e un rolo político cantonal no seu propio país, é dicir, xustificacións de quen logrado o seu obxectivo, quere pór terra por medio para non cumprir os seus compromisos,…….pero con todo, os feitos puxeron ao descuberto que o executivo do PSOE, non dispuña de cualificación precisa para negociar operacións desta envergadura.
Para escándalo público pódolles asegurar, que o propio ministerio que estaba a subvencionar o 60% de 17.900 millóns de pesetas de investimento, non dispuña do proxecto da planta, que devandito sexa de paso, estaba inflado nun 100% respecto de prezos de mercado; que se investiron 800 millóns de pesetas na modificación do taller de bloques planos da factoría, para posibilitar a implantación da empresa do vidro; que malgastaron fondos públicos a esportas para formar en Venecia aos hipotéticos recolocados etc etc.
Chegando ao colmo, que abortada a operación, o propio Secretario de Estado, desesperado, chama ao concello de Fene, demandado que condonásemos as cargas fiscais para facerlles recapacitar …….Pero como se pode exercer función `política con semellante expediente,,?
Os italianos foron uns linces capaces de ningunear ao PSOE, pero non lograron tal obxectivo co goberno que rexia daquela os destinos do concello Fene, pois anticipadamente por xustificada desconfianza, en razón a información solvente e coñecemento analítico das súas intencións, aplicóuselles a fórmula apropiada para deixar garantido e blindado o importe das obrigacións fiscais que tiñan liquidado.
Demostrado queda pois, que onde meta a man un executivo socialista o fracaso está garantido, por iso esta xente non é de fiar, e por tanto calquera crítica á súa xestión está mais que xustificada, xa que logo han asumir que as verdades inda que se agochen non deixan ser certas.
24 oct 2010
A HEMEROTECA ASASINOU Á METAMORFOSE
“Desde o punto de vista económico, é unha barbaridade a situación de desocupación na que se atopa o antigo estaleiro de ASTANO, integrado no grupo Navantia, sen carga de traballo propia”.
Non pense ninguén, que esta introdución é unha proclama en boca dun combatente polo retorno do estaleiro fenense á construción naval convencional, lonxe diso, o seu verdadeiro protagonista e autor, non foi, nin mais nin menos, quen nos seus anos mozos no campus universitario madrileño, ostentaba satisfeito o sobrenome de Xesucristo Superstar; e quen a tempo presente despois de dedicar súa pródiga vida laboral á función iterativa do desempeño de cargo político de confianza, fai gala hoxe, do bastón de mando da corporación ferrolá, é dicir, o incombustible Irissarri,
Claro que a cita non é recente, pois tal manifesto está selado na temporalidade de novembro do 2006, e obedecía exclusivamente a unha estratexia electoral, e tal é así, que no transcurso da campaña, a súa preocupación por Astano foi en ascenso, chegando mesmo, a propor o rescate da concesión que ten outorgada o estaleiro, imos, todo un simulacro de reprobación á política da SEPI.
Era a época da comedia, tempo dos activos ociosos, ou o que é o mesmo, do empeño consciente en levantar falsas expectativas para rendibilizar os resultados electorais.
Pero este exercicio de engano e oportunismo propagandístico, non resulta unha conduta illada ou puntual, pois é, foi e será, a tapadeira estratéxica que a trama política socialista utiliza usualmente como revestimento á marxinación permanente que esta comarca vén padecendo desde os albores do mal chamado proceso de reconversión, e cuxos artífices promotores paradoxalmente foron eles mesmos.

A inconvertibilidade endémica e o colaboracionismo continuo dos representantes do PSOE da comarca, segue sendo o maior obstáculo para alcanzar a imprescindible ortopedia industrial que precisamos , pero ademais do xa exposto, existe un factor inducido que favorece tal circunstancia, que non é outro, que a política de alianza que lles presta a forza nacionalista (BNG), que pese a quen pese, comendo contradicións, non pon reparo en colaborar institucionalmente con este gremio de sucursalista e participar como tendeiros rexentes á fronte dun mostrador común que viñeron denominar como gobernos de progreso.
Sendo pouco entendible o progresismo nese consorcio de confusión, haberase considerar que tal linguaxe atende a unha astucia de ocultación de ambicións de poder, pois resulta cando menos pouco xustificable e altamente comprometido, conformar goberno levando por socio a quen crearon e seguen promovendo a adversidade na maioría dos fogares da comarca……...se iso é progresismo, eu debo ser o bispo de Canterbury!
Contrariando a inscrición recorrente entre dereitas e esquerdas, os electores han entender que ese argot xa é un discurso rancio, as adhesións electorais á marxe de significacións partidistas, debesen decidirse sobre a premisa do compromiso correspondido en evitación que a vontade popular, como agora ocorre, faga que a hemeroteca haxa de asasinar a metamorfose
Agora que se aproximan as eleccións, os cociñeiros de sede de Ferraz, xa están nos fogóns condimentando un refrito de alucinóxenos para excitar o entusiasmo dos electores, e por aquilo da antelación debida, o primeiro prato fornéceo o vindeiro mércores no campus de Ferrol, o xefe de camareiros de Navantia..
En resumo, á hora de depositar seu voto, os electores han saber que os dereitos se exercen, e os candidatos han ter presente que os deberes se obrigan, e tan só cando ese binomio tome corpo efectivo, teremos dado o primeiro paso para levar áncoras e pór rumbo ao futuro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)