PUBLICADO Diario de Ferrol; lunes 27 de diciembre . del 2010
Se o extinto Gardel cantaba no seu arrabaldeiro tango que vinte anos non é nada, por pura lóxica, para o cupletista Zapatero cinco anos resultan ser moito menos. Agora ben, este tonadillero do Curral da Moncloa debese cambiarlle a letra á súa copla, pois a verdade queda curta en previsións, xa que para a recuperación económica do noso país, até os vinte anos do tangueiro poden resultar exiguos.
Claro que para un presidente que accedeu ao cargo instalado na mentira, negando por activa e por pasiva o que era unha crise galopante, é pouco arriscado a estas alturas da desfeita, transmitir expectativas de solución remitidas á temporalidade dun lustro, pois quen ten demostrado perder a sensatez, é normal que tome por código a imprudencia.
Pero a realidade apunta noutra dirección, o que noso mandatario debese saber como responsable directo da hecatombe,é, que foi o destempo en asumir a dimensión do problema e a negativa en mitigar o seu alcance, quen fixo que evolucionasen os inconvenientes, e por iso, a gravidade dunha crise excepcionalmente corrosiva, derivase nun cambio de ciclo económico que trouxo inducido a destrución ao completo da estrutura de sectores produtivos, e por derivación, a perda inxente do mercado laboral.
Con todo, o mais grave é que un cambio de ciclo non é nin mais nin menos que a significación de caducidade do modelo produtivo que sustentaba a nosa estrutura socio -económica até o de agora, é dicir, que sectores que historicamente cumpriron unha función tractora da economía, están chamados a desaparecer por razóns de saturación ou desequilibrio entre oferta e demanda, e por tanto, o seu potencial de emprego é capítulo pechado, e as persoas que mantiñan dependencia laboral dos mesmos haberán de ser reconvertidas, pero para iso, é necesario tempo, medios e alternativas.
Pode antollarse esaxerado, pero a efectos de contraste, podemos afirmar que estamos sumidos nunha situación equivalente á gran depresión do 29, e aínda que cada crise económica ten causas e efectos diferentes, as expectativas actuais orientan mais afinidade con aquelas épocas pretéritas que coa resurrección a curto medio prazo que preconiza o presidente Zapatero.
Un dos factores responsables de crack do 29, foi sen dúbida a sobreproducción, que ao estar desequilibrada con respecto á demanda, produciu un incremento dos stocks até valores intolerables, sendo tal exceso o matriz desencadeante da deflación que ocasionou a redución dos beneficios da economía especulativa, e tal circunstancia, provocou en primeiro termo a desarticulación do sistema financeiro en razón a un exercicio de risco excedido e desmedida avaricia; e resultas diso, a entrada en escena da crise económica xeneralizada con graves desenlaces para o desemprego e a proliferación das tensións sociais.
Aquela depresión do 29 xurdida do milagre ficticio que alimentou a cobiza bolsista, non puido mitigarse até o ano 52, é dicir, 23 anos despois de que se desencadease, resultando contraproducentes, as medidas reactivadoras baseadas en iniciativas de carácter público, inspiradas no crecemento artificial da demanda, sobre a base, da utilización do gasto social como fórmula de promover a ocupación e garantir a renda
Pois ben, nesta España nosa de pandereita e castañolas, parece que o goberno socialista no ano 2007, tomou prestado o espello fantasioso daqueles felices anos vinte a fin de reflectir a imaxe maqueada da nosa realidade económica, o problema foi que cando mais agraciada supúñalla, os negros nuboeiros da crise deixaron caer as primeira pingas e tal circunstancia provocou que se lle correse o rimel, e naquel momento, a fachendosa imaxe transformouse no mais horrendo dos espantallos, e con iso, o simulacro da aparencia daba paso á crúa realidade. Se a política do espellismo foi un engano, o verdadeiramente imperdoable foi estar tres longos anos coqueteando co delirio mentres avanzaba a deterioración.
Está claro que ao PSOE sóbralle tronco pero fáltalle cabeza e extremidades, e con esas eivas non se pode exercer na política...!
Se o desastre do crack de 29 tivo tan tardía recuperación dispondo dun equilibrio intersectorial produtivo, nun país como o noso, cunha economía dependente maiormente do sector da construción e os servizos, a reactivación presúmese moito mais dificultosa tanto no establecemento do método como do sistema, sendo mais que evidente que o actual stock do sector inmobiliario manterá unha paralización estacional cuxo fin ten membrete de "sine die", e de calquera xeito, súa recuperación no tempo nunca terá a dimensión e escala que chegou a auspiciar.
O sector servizos por dependencia nutriente da estabilidade da economía xeral, continuará no seu deslizamiento negativo ata que non se incremente o ángulo de inclinación do tobogán do consumo.
Aquí non se trata de deseñar un estudo de detalle,o problema ten maior dimensión e escala, e o que a situación demanda vía urxencia, é redactar un novo plan xeral de planificación e desenvolvemento de nosa sistema económico e produtivo, e de antemán este labor precisa da expurga de mediocres e a incorporación de políticos cualificados, pero tamén empeñada tenacidade e mais que nada longo tempo.
Xa que logo, aínda que non me guste o tango, eu aposto por Gardel
No hay comentarios:
Publicar un comentario