6 dic 2010

ENTRE O DESACATO E O FESTEXO






Sería inimaxinable  concibir un país que non dispuxese  dun marco xurídico supremo, unha norma fundamental determinante das pautas que deben rexer  os dereitos e deberes dos seus cidadáns, e que á súa vez, conformase o vértice da  pirámide funcional das súas institucións.


Eu que sempre mantiven unha postura díscola sobre certos contidos  da actual Carta  Magna, até o extremo de abrírseme dilixencias xudiciais por manifestacións realizadas sobre a mesma, a tempo presente, como demócrata militante   asumo a vontade maioritaria de quen referendaron a súa aprobación, pero por mais tolerancia que me conceda,  sigo  mantendo as miñas discrepancias en razón á carencia de ecuanimidade entre o contido deste   código preponderante e a nosa  realidade como pobo.


Nestes tempos que corren, posiblemente máis que nunca a diverxencia é un todo manifesto, e o quebrantamento cotián do intocable texto constitucional  resulta ser unha constante, que por se mesmo, presupón unha afronta  aos dereitos fundamentais que o marco regulamentario ten conferido aos cidadáns.


Unha sociedade extenuada  como resulta ser a nosa, onde a miseria con maiúsculas  cernese sobre miles de fogares e familias, onde os obrigados  a garantir a dignidade da sociedade, teñen catapultado o paro a cifras de calafrío; mírese por onde se mire, é anticonstitucional que despois do desastre  xerado polos seus excesos e desgoberno, tenten agora, resolver a crise,  suprimindo dunha plumada a vergoñosa esmola de 426 euros, que resultaba ser, a  única percepción daqueles  homes e mulleres que esgotaron a prestación do desemprego.

Á vista dos feitos, semella que algunhas liñas  da constitución quedaron derogadas, ou resulta que,  intencionadamente os  garantes de velar pola mesma,  optan por facer caso omiso do seu contido, e en especial, refírome aos parágrafos que ligan o dereito ao traballo coa garantía a dispor dunha  remuneración suficiente, para satisfacer as necesidades do cidadán e as da súa familia.

Pois miúda maneira de corrixir os desequilibrios...!
Vaia fórmula de promocionar súa cacarexada  política social...!

É dicir, estes señores desde  súa estrutura política, teñen a ousadía de manter invariables  súas suculentas e multimillonarias prestacións económicas por levar  ao país á ruína, e con idéntico descaro, queren  repercutir a factura  da súa hecatombe, en quen, para maior desgraza son directos afectados  dos nefastos resultados  que produciu  o seu desgoberno e irresponsabilidade.

Estes métodos ou maneiras, aproxímannos máis a tempos pretéritos, a épocas de desagradable recordos, co agravante, de que agora consúmase o absolutismo lexislativo, contrariando a ordenación lóxica do marco constitucional, sen importar que o seu contido, veña de representar a vontade maioritaria que os cidadáns manifestaron en referendo o 6 de Decembro do 78; e tal circunstancia por inseguridade xurídica, ameaza con pór en quebra o estado de dereito.

Cada tempo ten  súas dificultades, sendo obvio que hai que encarar solucións, pero se as circunstancias demandan  aplicación de medidas drásticas para superar os atrancos, tales medidas, han concibirse nun mesmo plano de igualdade e sobre a identidade e pervivencia dunha repartición equitativa de cargas e sacrificios, non sendo admisible, que se cancelen prestacións de emerxencia social  aos parados de longa duración, en tanto non establezan solucións operativas ao futuro dos seus  perceptores, e mentres as clases acomodadas ou favorecidas seguen instaladas na opulencia.

Quen de forma duradeira e continuada  sofren o azoute do paro, non poden converterse en chibo expiatorio da crise, non se pode xustificar a retirada da súa imprescindible  prestación, en razón a promesas políticas de solución futura, como o nacemento dunha nova axenda social, ou a promulgación de Lei de Reforma das Políticas Activas de Emprego. Iso non é nin máis nin menos que un método pouco ortodoxo de oficializar a inxustiza e adobala con vexatorias e inxustificables desigualdades, e tal extremo, entra en colisión directa co espírito do incluído constitucional

A Lei Fundamental, non se reforza con festivos no calendario, nin con celebracións protocolarias de pompa e boato, nin moito menos, con lectura ininterrompida  do seu articulado, senón co cumprimento exhaustivo do seu implícito.


 Por tanto para rematar, querería lembrarlles aos responsables de velar pola orde constitucional, que a coherencia  da Carta Magna,  non vén  outorgada exclusivamente pola letra impresa do seu contido, senón pola súa preponderancia, cumprimento, acatamento e inviolabilidade.

 Non sendo de recibo,  que a inobservancia  ou aplicación contraditoria, anule dereitos fundamentais e sitúe á clase social mais débil  en localización de indefensión e desamparo, con indución á realidades dramáticas e emprazamento forzoso na escaseza dos medios necesario para seguir vivindo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario