18 dic 2010

¡FODER, QUÉ TROPA!


PUBLICADO Diario de Ferrol; lunes 20 de dicienmbre  del 2010






Coma se tratárase duns alumnos do pelotón dos torpes en maridaxe co cotío suspenso, a nosa clase política non cesa en sorprender  aos electores; e calquera con dous dedos de fronte , sen ser experto  politólogo, non ha facer especial esforzo para caer na conta que, distan moito  de ter a cualificación precisa,  para afrontar  con éxito os grandes  problemas que ten este país, e que en verdade, desgraciadamente non son poucos. Podendo dicirse sen risco ao equívoco,  que os actuais  representantes parlamentarios son con diferenza a xeración política mais cativeira e desastrosa  da fecunda  historia democrática,  pero tamén a de maior insolencia e descaro  que nos temos tirado ao corpo.


Este enxame de insuficientes, mais que lograr a súa credencial  na limpeza dun  proceso electoral, semella obtivérana como salteadores de camiños, pois caso contrario non é  descifrable que manteñan o seu rango de representación e non teñan dimitido,  dado que seu facer político, é a antítese dos compromisos contraídos nos seus programas electorais, cuxo contido resultou ser clave para que os cidadáns a través das urnas decantáranse por outorgándolles plenas facultades en representación do interese colectivo. Resultando por tanto que a pervivencia  da actual dicotomía,  á parte dunha fraude electoral en cuberto, trasloce unha afronta que pon en cuestión a solvencia das regras do funcionamento democrático.


Dicir que esta introdución é unha forma suave de censurar lexitimidade a quen amparados na deshonestidade,  promoven reformas económicas de lesiva incidencia para o resto dos cidadáns, e á vez, co maior dos descaros   blindan os seus privilexios  e  distingos  nunha clara demostración de insolidariedade e negativa a arrimar o ombreiro, É obvio que veño de referirme á levada e traída reforma das pensións, en cuxo contido os señores deputados e senadores non ven prexudicado o seu  excepcional  e escandaloso status. É dicir, que con total naturalidade, promoven reaxustes de incidencia a terceiros, mentres os seus dereitos mantéñenos salvagardados e inalterables.


Miúdo código de conduta,  un pouco máis, e fanse controladores aéreos!


Para centrar o desbarre licencioso que promoven  os insignes pais da patria, cabe referir, que a famosa reforma a efectos xerais   afecta a dous aspecto que por diferentes non deixan de ser complementarios, o alongamento  da idade de xubilación que pasa de 65 a 67 anos, e a elevación da  temporalidade de cotización  que pasa de 15  a 20 anos como mínimo  necesario para percibir pensión de xubilación, existindo ademais outros aspectos restritivos en correspondencia ao actual marco regulador.



En contraposición os Deputados e Senadores, pola súa pertenza á divindade, e  como o sobreesforzo que supón ter as  nádegas no   escano, xéralles unha mingua anticipada da súa capacidade física, xa que logo, en compensación, ségueselles aplicando o réxime de excepcionalidade que teñen conferido na actualidade, sen que a reforma modifique un chisco dos seus dereitos e por tanto poderanse retirar aos 60 anos, tendo dereito a prestación polo mero feito de exercer 7 anos nalgunha das cámaras como representante.

Miúdo careto bótanlle súas señorías, nisto o consenso é pleno!

O ecuánime, sería  erradicar  discriminacións entre divinos e humanos,  e aplicar un cálculo sobre o cómputo de toda a vida laboral, como métodos mais xusto e racional no establecemento de proporcionalidade entre a cotización da vida activa  e o receptado tras a xubilación

Pero con todo, parece que as árbores non lles deixan ver o bosque, e existe un empeño obsceno tras a reforma que non é outro que tentar ocultar a súa orixe, pero por mais que se encubra  a verdadeira razón  da metamorfose das pensións, radica no enfraquecemento do seu circuíto de estabilidade, inducido por un receso  laboral de case 5 millóns de parados, un desemprego xuvenil que supera o 44% e unhas  espléndidas prexubilacións aplicadas en temperá idade a traballadores excedentes de sectores en reaxuste ou regulación.

Esta circunstancia crea un efecto descapitalizador e desestabilizador ao que hai que marcarlle  solución inmediata e preferente, suposto contrario, entrariamos nun proceso encadeado de reformas e contrareformas, e con total seguridade ante a propia quebra do sistema, pois o verdadeiro hándicap vén provocado pola convivencia contra natura entre o precario mercado de traballo e a ascendente  evolución demográfica dos pensionistas.

Pero a xulgar polo feitos, a clase política non ten unha soa idea propia para afrontar a saída da crise, e ese é o motivo pola que  establecen a reforma das pensións, cando non é o momento e vai en sentido contrario do  verdadeiramente prioritario que resulta ser a creación de emprego.

O maior empeño debese centrarse e pór todos os resortes dispoñible para dinamizar o mercado de traballo e exporse como primeira meta a  redución do índice de paro á mínima europea, logrando con iso, á parte de erradicar situacións vegoñentas e  antisociais, a  capitalización derivada de ingresos por cotización superiores aos 20000 millóns, e por riba a redución substancial de pagos por desemprego, subsidios e demais prestación.

Finalizo sentenciando  que calquera  iniciativa que relegue o perentorio a condición de accesorio, non fará mais que  prorrogar no tempo a apertura ao futuro, pero constatando que as solucións non xorden por xeración espontánea, á vista do actuado, hase afirmar que  a actual clase política  non acada o nivel de cualificación axeitado para  afrontar esa meta.

A situación demanda con urxencia eleccións anticipadas ou caso contrario a prórroga do desastre está servida, pois estes badulaques non dan máis de seu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario