PUBLICADO Diario de Ferrol; sábado, 05 de feb. del 2011
Agora que aproxímanse os comicios municipais, as caixas de correos dos nosos domicilios engordarán o seu volume de acollida con publicidade electoral, en cuxo implícito, os concorrentes aos comicios, farannos chegar unha batería de promesas, que sopesadas e valoradas, por excedidas e desatinadas, facilmente poderemos concluír, que para a clase política, salvo excepcións contadas, as campañas electorais teñen a equivalencia de feiróns onde prolifera a oferta de entelequias, ou o que é o mesmo, onde téntase vender sacas de fume sen denominación de orixe.
Polo xeral o contido deses catálogos, é unha declaración de intencións exenta de rigor, sen axuste debido á capacidade e solvencia da institución que aspiran rexentar, sendo por iso, que o descadre coa realidade sexa a norma usual na súa elaboración, ao non vir precedidos seus contidos da diagnose económico - financeira correspondente. Tal insuficiencia de precisión, impide o establecemento de previsións reais, e por tanto, invalida solvencia aos seus contraídos, e por derivación resta credibilidade aos entusiastas ofrecementos dos candidatos. .
Pero se as referidas carencias poden ter a súa xustificación na incapacidade científica dos seus redactores, aspecto distinto, é o feito de non incluír no seu contido, os emolumentos que asignaranse os candidatos sobre o suposto de que os resultados favorecesen seu acceso ao executivo municipal, e esa ocultación, de orixe, denota unha inclinación á opacidade, que entra en colisión co principio de transparencia que debe presidir o exercicio dunha función política decente..
Tendo de engadir, a indefinición ou carencia nestes folletos electorais, da posterior incorporación de asesores políticos ao futuro goberno municipal, que á parte de supor unha imprecisión sobre o custo repercutido nas arcas publicas, tales nomeamentos, adoitan recaer en inexpertos coñecedores do municipalismo, o que fai inútil súa razón de existir.
Salvando a excepcionalidade que confirman a regra, pódese determinar que todo esta paradigma de indefinicións, delata, que detrás do asalto ao poder dos concellos, imponse a mediocridade concorrente enlazada coa voracidade crematística, sobre a eficiencia xerencial que debese presidir a defensa do interese xeral, dunha macro - empresa participada por uns accionistas maioritarios chamados cidadáns.
Agora, cando está próxima a baixada do pano da lexislatura municipal, pódese adiantar balance dunha representación con catro anos en carteleira, e como crítico neutral, cualifico, que sobre as táboas deste Gran Coliseo Comarcal, a obra interpretada por un elenco de actores de variadas tendencias, non pasou de ser un intento de elevar o demérito a rango de notoriedade.
Desde este patio aberto que é a comarca, os cidadáns residentes, presenciamos atónitos a interpretación, vendo a uns mediocres arribistas en papeis de repartición principal e a uns figurantes secundarios metidos en camisas de once varas, e todos eles, mais preocupados polas indicacións dos seus respectivos directores, que por lograr o aplauso do publico en premio a unha boa execución.
Sumando a iso. citar asemade a incorporación ao acto. dun nutrido e esaxerado cadro de extras que disfrazados de asesores de confianza, súa única función limitouse a adelgazar as recadación da taquilla. sen aporte de melloras ou prestancias para o interese xeral, supondo esa artimaña unha forma indecorosa de repercutir á veciñanza o custe dunha estrutura disfuncional e inoperante.
Finaliza esta peza teatral, entre actos de pactos impactados , desencontros encontrados e a negación executiva por coroa, o público enmudece, cando vista a nefasta interpretación, chegan coñecer o carto percibido por semellante bufonada .
Algúns sentíndose aludidos, este relato poderá resultarlles grotesco, pero mal que lles pese, en realidade esta é a imaxe que reflicte o espello sobre quen conforman actualmente os gobernos municipais no ámbito da Mancomunidade, e se os afectados, non son quen de percibir esta realidade, acontece, que súa ambición non ten mesura e contra vento e marea tenta manter prórroga duns privilexios inmerecidos.
O panorama político comarcal pide expurga, é hora de cambios, xa non é tempo de libelos publicitarios, nin de pasquíns enganosos, e moito menos de mensaxería artificiosa, agora mais que nunca o pluscuamperfecto resulta extemporáneo, Os concellos precisan refresco, xente nova, candidatos cribles, persoas que antepoñan os dereitos inalienable dos seus veciños ás directrices partidistas, en sínteses, algo distinto, os concellos da comarca precisan alcaldes de seu, pois cos presentes estancouse o futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario