29 jun 2012

O RETORNO DO "CALIFA"

PUBLICADO 30/06/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia

Na situación de orfandade dirixente  que vive o país, onde o predominio da nimiedade prodiga un pesadelo permanente pola frivolidade de comportamento  duns políticos con adicción   enfermiza  polo dereito dos mercados.......

Quen peiteando   canas, cambian o acougo da súa madurez pola prórroga do seu compromiso de mocidade,  mantendo   vivo o espírito combativo,  e con ansias renovadas deciden seguir loitando por unha  sociedade mais xusta e equilibrada. Cando menos, son seres especiais ,   referentes, aos que  en xustiza hai que recoñecer o seu compromiso  para cos demais, pola súa tenacidade,  polo seu empeño en reconquistar o capital social   estafado polos afíns ás siglas, por esa  pestífera  clase política  que  converteu  a súa función nunha  degradante farsa,  cuxas referencias características son a corrupción,  o engano e a mala reputación.

Eu que exerzo de disidente de inútiles, que non tolero que as institucións  sexan o refuxio dos mediocres, non recoñezo  autenticidade representativa  a quen acceden ao poder a través de bastas  manobras de engano electoral, resistíndome por tanto a mostrar conformidade coa   súa representatividade, e moito menos  a tragar coas súas políticas de panos quentes , coas  que sen reparo,  manteñen intactos os seus intereses mentres dilapidan os logros sociais que outros  conquistaran.

Por iso, sen afinidade de vínculo,  hei de admitir de bo grado que o  retorno do "Califa", resulta un  todo satisfactorio. A volta á acción política de Julio Anguita, á marxe de siglas políticas,  é canto menos unha  corrente de aire fresco, sendo un feito salientable o seu anuncio,  brindándose coma referente  dunha operación política  que tenta cambiar o país. Si un  compromiso destas características    tivese autoría distinta, probablemente  levaría sinal de oportunismo en cuberto, pero neste caso a fiabilidade é probada, por canto   a honestidade  e integridade do manifestante é aval suficiente para dar autenticidade e crédito pleno.

A determinación do ex - dirixente de EU rompe esquemas, pois  contra a usual conduta   promocional dos activistas profesionais  da política,  deixa dito de partida,   que  nesta nova andaina  non será cargo público, nin terá presenza na vida institucional, circunscribindo a súa intervención  á utilización  da súa influencia mediática  para explicar e defender o proxecto,  impulsando a súa promoción até lograr a súa consolidación como alternativa estable.   Desinteresada decisión que por si mesma non fai senón imprimir maior fiabilidade á iniciativa.

Por mais  censuras que cultive desde as filas dos  seus detractores, a decisión do  coñecido noutro tempo como "el califa rojo",  é  encomiable, pois se corresponde coa  reacción propia dunha persoa integra, coa actitude  de quen por principios e consecuencia non vén  disposto a tolerar a  dexeneración  xeneralizada das institucións do estado, onde o gremio  político é con moito o maior exemplo de deterioración e insolvencia.


O contido do decálogo que Julio Anguita establece  como relatorio para iniciar o debate, é un compendio  equilibrado, un agrupado de contidos  determinante dos grandes temas  que deben dominar  a dirección política do país, cando dita política escríbese con maiúsculas e  está pensada  en clave de cidadanía  como principal destino. Sen dúbida, no  seu implícito percíbese de forma dominante  a ética e coherencia dunha persoa con claridade de ideas,  de arraigamento de valores e coa bagaxe que achega o seu recoñecido compromiso social e os seus  dilatados anos   de experiencia.

Na situación de orfandade dirixente  que vive o país, onde o predominio da nimiedade prodiga un pesadelo permanente pola frivolidade de comportamento  duns políticos con adicción   enfermiza  polo dereito dos mercados, o paso adiante  de Anguita é unha noticia cando menos satisfactoria,  pois ademais da súa probada cualificación intelectual,  quen ten renunciado  á súa pensión de xubilación como ex deputado  para conformarse  exclusivamente  coa  pensión de mestre de escola, por exercicio de decencia  e honradez ,   acompáñalle forza moral sobrada  para  reivindicar unha rexeneración integral da estrutura do Estado.

Con todo, o retorno do "Califa" e a presentación da súa Fronte Cívica, non en todos os ámbitos  terá compracente acollida,  pois a súa entrada en escena  ten a analoxía   dunha acción de insurrección, dun acto de rebeldía  que ameaza os privilexios dunha atenuada clase política, pondo freo á súa vergoñenta alianza cos mercados.
A  situación demanda con urxencia  restituír á política o prestixio perdido, e por iso esta iniciativa, é unha decisión xenial



No hay comentarios:

Publicar un comentario