15 jun 2012

O ESTADO FAI DE PUTA.

PUBLICADO 16/06/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia

Ao parecer, aquí, un colectivo de depravados, converten ao Estado na súa puta particular, a quen esixen  cama gratis, mentres gozan de impunidade a pesar da súa condición de proxenetas  financeiros e de  incorrer en acoso  económico continuado.


Maldita teima  en disfrazar a realidade!. 
Miúdo empeño en tirar de eufemismos para camuflar  desvergoñas! 
Foder, vaia descaro!. 

Agora resulta  que  os políticos, auténticos mamporreros dos mercados, despois de consumar a súa repugnante tarefa encartándose ás  esixencias  dos  mandamáis  das finanzas, por medio  de embustes e incompetencias,  versionan ante uns  burlados electores  unha farsa antolóxica  coa intención de facernos  crer que  o famoso   rescate de adscrición, resulta ser unha axuda financeira, un préstamo preferente a xuros moito máis baixos que os do mercado, e como grotesca xustificación,   ampáranse para axuste, na existencia duns deberes  pendentes en clara alusión  ao   saneamento bancario, á recapitalización do sector, que un trienio atrás afrontaran  o resto dos Estados da UE.

Desafortunada sintonía ao tentar establecer contraste de paridade entre ambas intervencións,  pois mentres  o levado a termo polo  resto de países da zona euro  foi unha intervención de reaxuste   para inxectar  solvencia efectiva  da súa banca, o actual  rescate de salvación  das  entidades españolas, o é,  como consecuencia  da  súa descapitalización, froito  entre outras causas, do  permanente  saqueo  e incesante subtracción, cuxa  autoría de responsabilidade,  non só ha  recaer nos  executivos bancarios, senón tamén no resto dos participantes, políticos e sindicalistas  de todo signo, é dicir,  os membros ao completo dos  consellos de administración das entidades implicadas,    quen durante anos,  non deixaron de encher as súas alforxas  a mancheas, e agora por pura lóxica,  son  os menos interesados en pór luz e taquígrafos  á investigación do escándalo das súas perversións.

Por tanto resulta inaudito  que sen previa limpa de responsabilidades, o Estado asuma a través  do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), a papeleta de receptor - garante  desta  operación   de rescate puro e duro, cando, contrariamente  ao que se insinúa, a causa,  non foi xerada por excesos  do gasto público na  economía social, senón que  foi provocado directamente polo sector privado  que  amparado na mais absoluta desregulación, campou ás súas anchas polo desmán inmobiliario e a  desenfreada avaricia especulativa.

A verdade, isto non ten nome!.

Ao parecer, aquí, un colectivo de depravados, converten ao Estado na súa puta particular, a quen esixen  cama gratis, mentres gozan de impunidade a pesar da súa condición de proxenetas  financeiros e de  incorrer en acoso  económico continuado.

E mentres esta situación surrealista  consolídase, os  impunes da desfeita bancaria, toman posición de dominio  ameazando  a  estabilidade do sistema  como consecuencia dunha alarma social crecente. Con todo,  mentres a súa esmorga   continúa, e acentúase o escándalo co atraco das "preferentes", os protagonistas anímanse, ao comprobar que  desde o  foro político, no canto de demandar    vía urxencia  a intervención da xudicatura  en depuración de responsabilidades, reciben o respaldo de aprazar  sine die, a investigación  dos feitos. Estraña actitude de tapadeira, toda unha liquidación en rebaixas .

Pero aquí, quen é quen?.
Dubidosa  interrogante, pois  non é de recibo  que a representación cidadá tente combater o  mal, negando,  extirpar o tumor  da súa orixe, toda vez, que tan estraña actitude  non ten  xustificación posible, pero si abre cancha para que proliferen  as mais extravagantes conxecturas sobre  a existencia dunha suposta trama de intereses compartidos,e a dispensa millonaria do  financiamento das organizacións políticas.

E mentres ese intuído  cheiro a corrupción, circula  polos sumidoiros do subsolo democrático, na superficie social,  os autores  de tan rocambolesca operación, fan esforzos por seguir sementando   a  confusión,  tentando convencer  á cidadanía   que a factura  desta nova odisea mercantilista corre a cargo  exclusivo  da  banca  receptora.
Confuso  engano,  pois é  farto sabido que os xuros que o Estado ten de pagar  por esa débeda como receptor - garante  a través do FROB, computarán para todos os efectos  como déficit, o que  de seu xerará un  incremento de obrigacións,  ou o que é o mesmo, forzará un novo axuste con repercusión finalista no contribuínte,  quen  en síntese, será realmente  o suxeito pasivo obrigado  a pagar as consecuencias.

Porèn,  á marxe do devandito , a estas alturas  é inútil negar a necesidade  desta inxección de capital no circuíto financeiro , o que si é discutible,  é o método e sistema a seguir,  do mesmo xeito que   o ámbito de receptores a cubrir. Xa que logo,  tendo en conta a envergadura da actuación e a forzada  implicación  do Estado, en boa lóxica,  a situación esixe clave de blindaxe,  a través  da nacionalización efectiva  daquelas  entidades  que incapaces de sanearse por si soas  solicitasen auxilio público, e o peche  daqueloutras  de contrastada inviabilidade.

En resumo, todo o exixible ,  para que o   Estado non veña  exposto a seguir exercendo de puta. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario