PUBLICADO 23/06/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia
A sísmica do terremoto causado pola especulativa dos mercados financeiros, tiña producido unha catástrofe inédita, por canto, sen afectar á estabilidade do construído, si prexudicou os seus activos de investimento, paralizou o desenvolvemento da actividade e destruíu centos de miles de empregos.
Incrible,
pero a pesar da súa manifesta opacidade,
eles van de estrelas. Ao parecer
a negación da clase política é inusitada,
tal é así, que mentres se desmorona o tecido empresarial, en tanto a inactividade estremece aos sectores produtivos, as súas señorías, no canto de centrarse no
problema e tomar cartas no asunto, derivan pola tanxente empeñándose en interpretar a sinfonía dos mercados como única partitura de solución, acolléndose dese modo,
a esa estupidez recorrente que outorga á
fluidez do crédito propiedades milagreiras, ou o que é o mesmo, a condición de
panacea de todos os males. Pois si que
imos ben..!
A
clase política segue ensimesmada na abstracción, ou o que é peor, nega todo rigor á etimoloxía dos feitos, Mostra
diso, é o recoñecemento dominante
á presión financeira en detrimento da hexemonía
produtiva, un inexplicable despropósito, cuxo obxectivo non é outro, que
seguir facilitando o triunfo da economía especulativa sobre a economía real.
Curiosa fórmula reactivadora!
.
Mentres
aspectos como a débeda soberana ou a prima de risco,
levan a palma no ranking da preocupación
da familia política, para eles, resulta anecdótico, que una de cada tres
empresas pechasen desde a orixe da
crise, é dicir, ao parecer non toma
sensibilidade destacada, que 500.000 negocios (200.000 PEMES e 300.000
AUTÓNOMOS) tivesen que saír forzadas do circuíto mercantil.
Certamente,
a limitación de crédito ou a morosidade
puido influír na causa da tendencia,
pero a razón promotora desta caída
desproporcionada, hai que localizala,
na debilidade do propio sistema
produtivo, caracterizado por notorios desequilibrios na súa estrutura intersectorial, influída polo
insensato empuxe dos mercados. Iso
fixo que cando a construción como sector dominante entrou en declive por
efecto de atomización, arrastrase no seu esborralle ao conxunto de empresas de actividades afíns, vinculadas
e dependentes.
A
sísmica do terremoto causado pola especulativa dos mercados financeiros, tiña producido unha catástrofe inédita, por canto, sen afectar á estabilidade do construído, si
prexudicou os seus activos de investimento, paralizou o desenvolvemento da
actividade e destruíu centos de miles de empregos. Sendo os seus
efectos colaterais o factor
causante da crise sistémica, e concluinte, da ineficacia do actual modelo económico.
Por
mais nostalxia que teñamos daquela ilusión na que
España era a oitava potencia económica mundial , a realidade non admite
fantasía. Agora o real é que temos entrado nun cambio de ciclo, e esta circunstancia,
determina, que por mais medidas
financeiras que se tomen non existirá
transformación efectiva nin saída da crise,
se tales medidas, non veñen
precedidas dun ordenamento e reaxuste previo dos segmentos produtivos que
racionalicen a súa estrutura e dinamicen
a súa funcionalidade operativa.
As
variables habidas desde o ano 80 no porcentual
da Estrutura do PIB por sectores
económicos, reforzan o argumento exposto, e así, analizando a mutabilidad
do período dos distintos segmentos produtivos, o contraste fala por se só.
O sector servizos converteuse nun
refuxio de aparente fortaleza, e o seu ascenso na etapa, pasou desde o 56,5% ao
actual 71,2%, notorio incremento, pero exposto a variables pola súa forte dependencia intersectorial.
A
industria co seu actual 16,9%, cae desde
o 23%, debido á desfeita de actividades estratéxicas como a siderurxia ou o naval. O sector agrario perde a súa participación relativa no produto total
ao descender desde o 7% ao 3,1%,
maiormente polo seu axuste ás directivas europeas, por último, a pesar da súa
caída, a construción segue achegando
ao PIB a 9,2% contía
aínda superior ao 7,9 % da súa orixe referente , pero inferior ao 11,6% do seu repunte máis
álxido.
A
forza dos datos non deixa lugar á ambigüidade,
quedando probado que con esta mestura sectorial, e as actuais
políticas do goberno de Rajoy, a
resurrección empresarial do
país antóllase canto menos imposible.
Aínda por riba, para maior inconveniente
evádese o fundamental en todo
axuste diversificador, que pasa inescusablemente pola formación e especialización integrada,
por ser a cualificación do capital
humano, a mais eficaz ferramenta de reconversión e a clave inequívoca para articular unha nova orde empresarial, como tamén, a
única solución para facilitar no novo contexto, a recolocación dos excedentes de sectores esgotados e a
integración laboral dos demandantes do
primeiro emprego.
Mentres
aquí as empresas precipítanse ao abismo, o PIB per cápita decae máis aló da
media europea e a taxa de paro mantén o
seu índice en ascenso, a clase política,
evita calquera intervención allea á guerra dos mercados. A cousa promete!
No hay comentarios:
Publicar un comentario