20 jul. 2010

O CHARLATÁN DA MONCLOA


A comarca de Ferrol, desde a instauración da democracia, sufriu un continuo receso, unha suspensión do esplendor épocas pretéritas, e iso veu ocasionado pola carencia dunha clase dirixente eficiente, pois nestas latitudes a dualidade político - sindicalista ocasionou mais estragos que a peor praga imaxinaria.
Salvando escasas excepcións, a clase política comarcal estivo conformada por unha tribo de mediocres de limitada cualificación e acentuado gregarismo, preocupada excesivamente no acatamento de mandatos postizos en detrimento de a autenticidade xenuína. Ineficacia, nulidade e palabrería oca, acompañada de primas acomodaticias para si mesmos, foi o seu detestable achegue á nosa historia contemporánea.

A caterva sindicalista de ferrolterra, excepcións á marxe, no canto de apostar polo que debesen ser dereitos irrenunciables, exerceron de perfectos domadores, auxiliando o desmantelamento do principal sector industrial da comarcar, deron as costas ao futuro e apostaron por render culto aos mandatos da autoridade xerárquica superior; perceptora de subvencións escandalosas que vinculan dependencias e aprisionan integridade. Comportamentos pseudo - mafiosos e culebreo rastrero, escoltado de prexubilacións de luxo e vida de liberado, foi o resultado da súa herdanza coetánea, comparable si cabe ao sindicato vertical na súa etapa gloriosa.


Si até o de agora a comarca era escenario de representación con comediantes oriúndos, agora se ampla o elenco con teatrais foráneos.

Eramos poucos, e chegou Zapatero………!

A correspondencia e afinidade de comportamento deste individuo coa clase política e sindical da nosa contorna, postúlalle merecedor de o título de fillo adoptivo da comarca, ao superar con fartura as incongruencias e os dislates cometidos pola alcurnia aborixe.

Este señor é un completo insolvente, pois a persoa que ten outorgada a condición de presidente do goberno español, non está autorizada a xogar coa sensibilidade, a esperanza e o futuro dos cidadáns. É inaudito que en foro parlamentario comprometese a súa palabra anunciando aos catro ventos, que cando alcanzase a condición de presidente de quenda da UE, realizaría xestións dirixidas a levantar do veto de ASTANO, e a tempo presente transcorridos mais de tres meses como máximo mandatario europeo, non deu curso formal ao compromiso contraído.

Iso si, a tomadura de pelo é licenciosa, pois mentres incumpre abertamente o seu debo, outorga licenza aos seus apóstolos de ministerios para que prediquen por terras galegas o contrario do contraído en sede parlamentaria.

Estas actitudes son propias dun badanas, dunha persoa informal, un comprometedor, alguén que non actúa segundo o que di, e distantes por tanto do comportamento rigoroso e serio que debe presidir a función dun home de estado.
En resumo, a este atolondrado fáltalle seriedade e sóbralle charlatanería.

No hay comentarios:

Publicar un comentario