20 jul 2010

A (AIPF) UNHA MASCARADA RIDÍCULA


Non foi a climatoloxía adversa da mañá do 23 de novembro a que mollou ás entidades que conforman a Asociación Impulsora do Plan Ferrol, máis ben, foi o exiguo respaldo que recibiu a súa reivindicación a pesar da súa orquestrada campaña e a súa busca de adhesións, a realidade, é que os concentrados no peirao de Curuxeiras non acadaban os 500 manifestantes, por tanto os promotores deste desastre (Srs. Cruz , Abelleira, Pintos, etc.), á vista dos feitos deben proceder en consecuencia e abandonar de inmediato a súa pertenza en publico exercicio coa autodisolución da (AIPF), que en síntese non cumpre outra función que a de parapeto do goberno do partido socialistas ( PSOE) e cuxo interese pola comarca é de sobras coñecido.

Pero aparte do sonoro fracaso do evento, con todo, resulta cando menos positivo a madurez da cidadanía que tomou cumprida lectura dos "chiringuítos" que o executivo do estado vén utilizando como fórmula de evadir as súas responsabilidades coa comarca, pois como queda demostrado, para a maioría dos habitantes, o Plan Ferrol é outro dispositivo de engano, como no seu día foino a ZUR , ZID, etc., e esta conclusión que a parte de vir referendada pola realidade do feitos, refórzao a participación na manifestación de destacadas estrelas de universo socialista como son, o sen igual alcalde de Ferrol e o seu homónimo e celebérrimo alcalde o Fene, que facendo un alarde de rigor e consecuencia coa súa presenza no acto, simulan plantarlle cara ao executivo de Zapatero, é dicir, unha nova versión da Divina Comedia, o que ocorre neste caso é que o autor non é Dante Alighien senón un aprendiz de bruxo lucense denominado Pepiño Blanco....pero a verdade é que a representación resultou antolóxica!

O presidente da Cámara de Comercio, Sr Cruz, que á súa vez exerce de presidente de quenda da AIPF, é por conseguinte a tempo presente o responsable máximo do fracaso desta odisea, e conta entre as súas fazañas coa desafortunada decisión de vincular a pertenza do ente cameral a este armazón a través dun exercicio de dubidosa lexitimidade, claro que a partir da data, terá que responder ante os asociados das razóns que ampararon a súa nefastas determinación e o porqué da mesma, cando as propias cámaras de comercio teñen resortes e fortaleza suficientes para promover a defensa dos intereses dos seus asociados sen necesidade de establecer anómalos procedementos nin alianzas atípicas que máis beneficiar a súa imaxe corporativa prexudícana.

Por tanto, son de agardar as xustificacións convincentes, en evitación a ter que pensar que alguén é presa do endeusamento e que o seu credo ha terse asumido como un acto de fe. . Pero retomando os feitos, en orixe é completamente inaudito que os conformantes da Asociación Impulsora do Plan Ferrol renunciasen a preferenciar como reivindicación estrela o levantamento do veto que pesa sobre o estaleiro de Fene, pero un análise de súa composición

No hay comentarios:

Publicar un comentario