Tras a publicitada fama de boa xestora, coa que de forma inmerecida se prima á Ministra de Traballo, está a desfeita de Galicia en Común nos últimos comicios que ela debera asumir como propia, e deixar así de alimentar a elucubración mediática que a sitúa como sucesora de Iglesias á fronte de Podemos.
Antes de establecer esta alianza ostentou en dúas ocasións sucesivas a condición de candidata á Xunta, encabezando en solitario a lista de EU sen obter escano algún ao non alcanzar sequera en 1% dos votos emitidos; un expoñente inequívoco do seu baixo perfil político e do escaso peso electoral da súa formación na Comunidade, tendo en conta que en ambos os comicios foi incapaz de alcanzar os 13000 votos.
É por iso que a capitalización do éxito electoral de Alternativa Galega de Esquerdas AGE debe ser atribuída exclusivamente ao tirón de Beiras, aínda cando foi hábilmente rendibilizado pola xerifalte comunista en vantaxe da súa proxección política, chegando a tensionar a situación ata o extremo de crear un ambiente hostil , que puxo en risco de ruptura a coalición como así demostran os encontróns desatados entre ambos os líderes na recta final da lexislatura , nunha guerra sen cuartel polo dominio do aparello, onde en réplica o vetusto catedrático non reparou en denunciar publicamente á súa oportunista socia proclamando aos catro ventos que Yolanda Díaz: «fóra a primeira persoa que o traizoaba politicamente ».
Non existindo dubida algunha que aquela actitude da lideresa comunista por tomar o control de mando no espazo da unidade popular foi o causante dunha situación de fractura política que se fixo máis notoria coa estruturación de en Marea e o desembarco en Galicia do recen constituído Podemos, cuxa estratexia non foi outra que apropiarse do espazo soberanista para así utilizar a confluencia coa exclusiva finalidade de laminar o discurso plurinacional; único obxectivo da formación morada, que contou en todo momento coa colaboración da dirixente da fouce e o martelo , que puxo de relevo un afán desmedido por satisfacer a súa ambición política, que nunca por auspiciar a defensa do interese xeral.
Non en balde pola súa estreita relación con Iglesias a que outrora fóra dirixente de EU, sen ter pertenza orgánica, converteuse de facto na auténtica autoridade das decisións de Podemos na Comunidade , ostentando maior rango de decisión que a propia Executiva, para o que fixo valer a súa condición de experta axitadora política, actuando como dona da situación, pero non só reavivando o seu autoritarismo, senón tamén, utilizando as prácticas mais indecentesdo seu infecto historial político cuxos acenos de identidade cífranse en intrigas e escándalos.
Basta apuntar como mostra, (os seus excesos decorativos no Concello de Ferrol, a rocambolesca expulsión de militantes da súa formación por denuncia fundada de pornografía infantil, o asalto pirata ao censo electoral-dixital de en Marea, o apuñalamento dun Beiras que fóra o seu valedor ,a autoproclamación como candidata sen primarias de referendo, e un extenso etc,), todo un cúmulo de turbulencias que mais que avalar a súa continuidade na actividade política son xustificación sobrada para forzar o seu desaloxo da vida pública, porque a súa carencia de ética é un lastre que electoralmente cotiza á baixa.
Na cúpula da organización hai quen parece esquecer que, despois da fulgurante pero breve acollida popular dos seus inicios como movemento cívico, Podemos non cesou de incrementar o seu descrédito pola permisividade de acoller nas súas filas ao mais irreflexivo e oportunista da ralea política, sendo aí onde radica a súa cada vez máis acentuada desconexión social e por extensión e por extensión a súa acelerada descapitalización electoral..
No caso de Yolanda Díaz non é necesaria a intervención das cloacas para prefabricar con rumores o seu desprestixio, pois basta con tirar da súa contaminada bagaxe política; sobrando dicir por iso, que de alcanzar a dirección da formación violeta a acta de defunción de Podemos estaría estendida.