12 dic 2020

O franquismo segue vivo

A dinámica seguida na Transición foi determinante para consolidar o franquismo sociolóxico  que interesadamente capitaneou a dereita,  para  así converterse en "demócratas" sen necesidade  de prescindir  da súa bagaxe ideolóxica e política. 


A democracia de aparencia nada do parto  da “falsa transición” denota cada día máis  a perniciosa xenética  das súas orixes, cuxo alcance  desafía con intensificar  en maior medida  a súa degradación ao facerse ostensible  a reacción  involutiva do franquismo sociolóxico na súa intención de facer  pervivir os trazos sociais do antigo réxime, para así, seguir mantendo o control do sistema por encima mesmo  da determinación soberana das urnas.

A realidade toma tinguiduras  de esperpento ao ver  como  a dereita  paladín da ditadura,  exerce  agora de patroa  da democracia e a constitución, como  uns xuristas  nostálxicos do antigo réxime substitúen sentenzas por xuízos de valor e como  ex militares fascistas  ameazan  á esquerda a través das redes sociais con fusilamentos masivos. 

Esta anormalidade de conduta prodúcese  porque  na Transición  nin  se desmantelou  a legalidade política anterior  nin tampouco se mudaron  as persoas e institucións herdadas do vello réxime, pois sabido é que tras a morte de Franco, mantívose intacta a  estrutura institucional, militar e xudicial herdada da ditadura. 

Sen que tampouco se establecesen  “comisións da verdade” sobre as violacións de dereitos humanos durante o  franquismo; e moito menos xulgáronse, aos responsables das mortes, torturas e detencións ilegais producidas na etapa anterior. 

A realidade do acaecido nada ten que ver coa versión  apócrifa da “reconciliación nacional” que se nos conta, pois realmente  a Transición foi un trámite de  pusilánimes que nunca  a  reinvención democrática do Estado senón unha transmisión  das institucións coa finalidade  de seguir garantindo o seu funcionamento en idénticos termos, e que encarnando os principios do  franquismo subsistiron a través do tempo sen cambios perceptibles  no contexto da  amnesia colectiva  das forzas políticas  da esquerda democrática.    

Esta conivencia dos  teóricos opositores ao réxime,  facilitou que  o franquismo de novo cuño  con camuflaxe monárquica  fose asumido con total naturalidade, sendo por iso que corenta anos despois do simulacro da Transición  sigan reeditándose estampas do pasado coma se a historia  non deixase  outra opción.

O que proporcionou aquel proceso foi  que altos cargos do antigo  réxime mantivésense en primeira liña do poder sen recibir reproche algún, podendo afirmarse que a elite política do franquismo non só lidero a reforma  senón que segue controlando o aparello do Estado, pois non en balde  o bloque social que apoiou o franquismo segue sendo  intocable. 

Nunca houbo vontade deste séquito podente por facilitar  o acceso á apertura democrática real, unha actitude que chocaba coa aspiración  da esquerda representada polo PSOE e PCE que de orixe optaban pola ruptura, pero que finalmente nun pacto de elites asumiron  as renuncias e os consensos, ou o que é o mesmo tragaron coa imposición  da reforma de mínimos  imposta desde o  oficialismo do réxime. 

O paulatino adeus á simboloxía franquista  non afectou para nada    na pervivencia política do franquismo, pois no actual status  móstrase  de forma máis sutil,  menos evidente que  a dos  símbolos da súa iconografía, pero a realidade é que as pantasmas do pasado están acubillados polas distintas siglas que conforman a dereita española,sen que tal circunstancia  teña trazas de cambiar.


Para que esta mutación désese, habería de mudar a actitude  desa esquerda  pactista que ademais de ser cómplice de.a “falsa transición” desde o seu ficticio progresismo déixase engulir  facilmente polas dinámicas do  franquismo sociolóxico a pesar  que   coa súa  deriva  está a traizoar os principios ideolóxicos  que proclama .defender 

O autoproclamado goberno “progresista” debe abandonar dunha vez por sempre  a súa  condescendencia  característica para exercer con man dura  a súa condición de poder executivo e desde tal xerarquía actuar sen  miramentos contra a desconexión democrática que promoven as formacións de dereitas e demais cortexo  de acompañamento mediante prácticas de extorsión fascista.

De seguir   mantendo   o actual  colaboracionismo non quedará  máis remedio  que denunciar a escandalosa   deslealdade da esquerda  para coa  democracia.  




No hay comentarios:

Publicar un comentario