O afundimento electoral de Unidas Podemos ademais de coverterse na súa unción, fai inviable o desaloxo de Feijóo da presidencia da Xunta, a pesar da nefasta xestión desempeñada e da desastrosa situación de crise política e institucional que vive a nosa comunidade.
Galicia xa está en campaña, e os datos da última enquisa preelectoral do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), veñen predicir que nos comicios do 12 de xullo a esquerda non logrará escanos dabondo para constituírse en alternativa ao PP, quen unha vez mais alzaríase coa maioría absoluta na comunidade; conclusión que non deixa de ser unha sondaxe mais de idéntica fiabilidade que as elaboradas por outros medios demoscópicos, expertos todos eles en crear profecías ou versionar a realidade ao antoxo dos seus propietarios.Non resultando de recibo en todo caso, que un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito ao Ministerio da Presidencia como resulta ser o CIS, sexa o único de similares características que en democracias con nivel de calidade máis alto que a nosa se dedica a inquirir e publicitar a intención e a estimación de voto en eleccións, é dicir, a efectuar enquisas partidistas a cargo do orzamento do Estado.Unha función descontextualizada das funcións que en boa lóxica debese cumprir este centro de investigación, e que en todo caso, terían de quedar circunscritas ao fortalecemento da investigación sociolóxica de calidade, que nunca como é o caso, a confeccionar barómetros inéditos como resulta ser o caso dos comicios galegos.Non é necesario profundar en enquisas, para saber que desde os albores da autonomía ata fai ben pouco a posibilidade de mudar a presidencia da Xunta de Galicia tornábase un intento de difícil consecución sen confluír en obxectivos a representación electoral das forzas de esquerda, non representando tal requisito xustificación argumental para circunscribir á xeneralidade da sociedade galega no conservadurismo do ámbito políticos das dereitas.Nin moito menos, pois nunca foi a cidadanía como base electoral o problema que impediu conformar unha alternativa sólida ao Partido Popular.O motivo de tal impedimento hase de buscar na actitude política mantida entre contendentes, para así entender que mentres os conservadores agrupáronse desde sempre ao redor da unidade de actuación, tirando rendemento electoral dunha disciplinada estabilidade, contrariamente, os opositores no seu antagonismo dedicaron a súa función a incentivar divisións, a purgas nas súas propias organizacións e a prodigar disputas internas de poder, conducíndose con tal comportamento cara a unha situación de permanente conflitividade que anulou toda posibilidade de facer a mínima concesión á imaxinación política, dificultando con iso poder ofrecer ao electorado de forma solvente e crible o esquema doutra Galicia posible.Hase de referir igualmente que cando feitos emerxentes como o 15 M modificaron no substancial o cadro fixo da controvertida realidade, como insignia do cambio político e referente vertebrador e aglutinador dun novo sentimento progresista, creouse a expectativa de construír unha “nova” política, máis “democrática” e “honesta”, para acabar cos recortes sociais e recuperar os nosos dereitos.O certo foi que todos os partidos galegos de esquerda con representación parlamentaria que preconizaban un cambio substancial da situación, non se expuxeron en ningún momento da súa acción política a ruptura co sistema capitalista, optando por xestionar as institucións da forma “menos mala” posible, pero encartándose en todo caso ás dinámicas do parlamentarismo burgués con promesas e discursos insuficientes.Tal proceder creou un desencanto que se viu agravado coa entrada de Unidas Podemos no goberno do Estado español, en coalición co PSOE, a pata esquerda do Réxime do 78, pois cada unha das repetidas capitulacións programáticas da formación morada non fixeron máis que desilusionar aos seus votantes, e en Galicia tamén.Non sendo de estrañar por tanto que a pesar dos agudos recortes en Sanidade , a falta de políticas sociais de solución aos arrevesados problemas económicos do pobo galego, mais alá dos seus deméritos, cunha lixeira perda de votos, o PP galego con Feijóo á fronte repita o seu triunfo electoral nos novos comicios do 12 de xullo, pola inadecuada oposición e a anacrónica liña política dos seus adversariosPero tal previsión no debe sorprender o más mínimo, pois pretender corrixir a situación desde a esquerda sen mediar cambios estruturais tendo enfronte a apisoadora do neoliberalismo, é un obxectivo sen ningún tipo de percorrido que como era de agardar reporta frustración, fracaso. e revés electoral.Reafirmarse no contrario é incorrer na disonancia cognitiva de negar a evidencia a un mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario