O figurante presidente do PP, Pablo Casado, é un dirixente de cartón pedra, un mero brazo executor das políticas neoliberais que desde FAES, a título de autor, impón o ex mandatario Aznar .
Aznar foi sen dúbida o presidente mais franquista que alumou a democracia, ata o punto de utilizar no desempeño da súa función política prácticas máis propias daquela época pretérita que dun un Estado social e democrático de dereito como así ten atribuída España na súa Constitución.
A el atribúeselle a autoría intelectual da estratexia da crispación, aínda que en verdade dita técnica foi un calco copiado do partido republicano de Bush pai por Aznar, e que fixo seu como manual político na súa ofensiva para derrocar ao felipismo a golpe de insolencia e impostura, dinámica que no trienio 1993-1996, polasúa ordinariez converteu o Congreso dos Deputados e por extensión a democracia española nun antro de "folloneros" que á gresca optaban abertamente polo enfrontamento.
Era cousa de tempo que o ex presidente volvese ás andadas reactivando idéntico guión e idénticas prácticas, e a oportunidade veulle cantada cando Casado o seu ex xefe de Gabinete tomou as rendas do PP, pois sabido é que o experto crispador da FAES desde a chegada do seu pupilo á planta nobre da rúa Xénova é quen establece as pautas e a liña política dos populares, é dicir quen lle marca a traxectoria a seguir ao novo dirixente popular no seu plan de desgaste do actual Executivo, e por tanto quen establece a postura a para manter en todo o relativo a a xestión da emerxencia sanitaria
Pero o problema non é que un resucitado José María Aznar. mova os fíos do partido senón que Casado asente ante a intromisión do seu admirado mentor, quen suplantándolle na sombra non dubida en actuar como outrora responsabilizando da crispación a quen a padece cando como experto insurxente é el mesmo quen a provoca, e todo mentres o tan “avezado discípulo” tira pola borda a súa carreira política quedando como un necio aos ollos da historia, pois aínda cando as decisións do partido son atribuídas á súa persoa, como queda visto as orixes das mesmas están no século pasado..
Foron moitas as voltas dadas por Jose María Aznar desde a súa condición militante na Fronte de Estudantes Sindicalistas, aquela organización falanxista desde onde o agora líder espiritual da dereita española deu os seus primeiros pasos na política, pero a súa tendencia en nada difire coa mantida naquela etapa, salvo a súa intensificada egolatría e a enfermiza propensión a ser o que mais manda e arrogarse incluso a condición de ser o mellor líder da historia de España, unha sintomatoloxía expresiva dunha personalidade máis ben narcisista e prepotente e propia de quen tras a súa marcha da primeira liña política emprega o seu tempo en entremeterse e provocar o enfrontamento social e a inestabilidade .
Esa que non outra é a actitude belicosa que mantén na actualidade o señor das ideas e pai da FAES (Fundación para a Análise e os Estudos Sociais),o moi furibundo constitucionalista Aznar ,o mesmo que en 1979 aos seus 26 anos, tras perder a oportunidade de votar SI á Constitución dubidaba publicamente de que o seu implícito fose o marco ideal para a convivencia .
Pero mais alá dos seus desatinos que non son poucos, o que verdadeiramente persegue este narcisista é satisfacer a súa dose de protagonismo aínda que para iso condene a Pablo Casado a non ter “liderado propio e sustantividade”, pois a súa despreocupación pola sociedade é algo que non ofrece dúbidas como confirman as conclusións publicadas pola afamada revista Foreing Policy que sitúa a Aznar entre os cinco peores ex presidentes do mundo, afirmando que o ex líder do PP , é con diferenza o que menos axudou ao benestar político e social do seu País tras abandonar o poder.
É por iso que resulta de nula fiabilidade quen en só dous anos pasou de renegar do seu propio partido a marcar a estratexia da formación conservadora na crise sanitaria do coronavirus, pois por mais que se disfrace de " prohome" aos ollos da sociedade, non é de recibo que a súa ofensiva de acoso e derriba contra o lexítimo Goberno veña acuñada pola fundación FAES, a think tank do PP que el mesmo preside e que en gran medida está financiada polas propias arcas do Estado, unha manobra de dobre moral e eticamente indefendíbel.
Pero ademais quen agora instalado na súa arrogancia, tenta dar leccións de bo goberno, é o mesmo que en primeira instancia, coas súas ocorrencias, creou a burbulla inmobiliaria a través da modificación que o seu Goberno impuxo ás entidades financeiras para facilitar o cambio de tipos fixos a variables, que derivou nunha "orxía de crédito", unha ilusión narcotizante interrompida polo espertador da realidade, dando orixe a unha crise, que se mire por onde se queira, tivo neste precursor o seu máximo responsable.
Un personaxe como para impartir leccións de conduta política !
No hay comentarios:
Publicar un comentario