PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Un partido como o PP, que mantén nos
seus cargos a sinistros protagonistas da corrupción, permitíndolles satisfacer ilícitos proveitos; por tal proceder, debese ser excluído da actividade política sen miramentos.
Como inaudita é de tachar a actitude dispensada en sede parlamentaria
polo Presidente do Goberno á pregunta
sobre corrupción cursada durante a sesión de control ao Goberno polo secretario xeral de Podemos, na
que instaba pasar das palabras aos feitos para facer
fronte a esta secuela, tendo en conta que mais
que recibir unha
contestación acorde, foi despachado polo xefe do Executivo cun
alarde de desvergoña, cando nun
intento de esquivar a súa propia complicidade na infesta, non dubidou en
apuntar cara ao “radicalismo político” do partido morado como impedimento de
rexeneración.
Para conformar xuízo de
valor sobre tan insidiosa aseveración,
cabe lembrar que fai xusto oito anos
cando o caso Gürtel acababa de arrincar, Rajoy,
por aquel entón xefe da oposición, elixindo o contraataque como defensa, non dubidou en saír á palestra e denunciar sen reparo a existencia dunha
conspiración da fiscalía contra a súa organización, afirmando a través dun disparate que aquilo "non era unha trama do PP, senón unha trama contra o PP".
Representación de victimismo
que a xulgar do devir das probas
procesuais, non só non se sostivo,
senón que veu demostrar que o seu autor
mentía mais que falaba, sendo mais grave
se cadra, que aínda agora e a pesar da nitidez do expresivo retrato da corrupción do seu
Partido, argüindo falta de "concreción", a súa organización
insista en pedir a nulidade do actuado, ou no seu caso ser excluido do xuízo.
É por iso que ante tal nivel de
anacronismo non caiba outorgarlle ao
máximo mandatario dos populares autoridade algunha no seu afán de
exercente ilustrativo, porque a
corrupción se combate procedendo con feitos e actitudes responsables, que nunca
exercendo de encubridor político nin
actuando como dirixente dun partido corroido pola perversión, nin moito menos con estrañas formas de “colaborar coa xustiza”,
que como ocorreu na rúa Génova, para a consecución de probas, o xuíz, houbo de chegar ao extremo de ordenar o rexistro da sede central utilizando a modalidade
imperativa requirimento xudicial.
Non sendo de recibo xa que logo,
que o mandamáis dos conservadores tome á lixeira a situación e
teña a ousadía de cualificar
o grave problema da corrupción como unha
“anécdota”, aínda sabendo que o seu, é o primeiro partido imputado na
democracia, e que por tanto, mais alá do resultado que lle
deparasen as urnas, o mero feito de tal
imputación, convértelle nun
referente político totalmente desacreditado e de nula
fiabilidade para reaccionar en emenda, unha situación que pola súa
complexidade desautorízalle de plano
no seu intento de abandeirar a loita
contra a corrupción, pois a súa condición de responsable «a título lucrativo»
pon de manifesto que o seu partido obtivo beneficiosdas a través
de malas artes, extremo este que en consecuencia debe limitar a súa intervención nesa materia.
A corrupción hase de combater esencialmente con medidas lexislativas, xudiciais e penais, cuxa eficacia resultará cuestionable cando a través dalgún
carreiro legal os autores das perfidias, non só quedan impunes, senón que se
lle facilita o aliciente de non devolver
o indebidamente apropiado, sendo por iso
que en tanto a xudicatura e os órganos
de supervisión do Estado non se desvinculen da inaceptable intromisión política nas súas funcións, procedendo acorde ás pautas de rigor e uniformidade que a situación require, non só será imposible erradicar
a corrupción senón que a
continuidade do dominio político seguirá a propiciar a súa proliferación.
Para ese efecto, é de precisar
que o Partido Popular pola súa dobre condición de autor e promotor da corrupción, a mesma,
é parte intrínseca das súas
propias entrañas e da súa forma de gobernar , un sinal de
identidade que por nociva failles
incapaces de afrontar con solvencia a súa superación e a rexeneración democrática que demanda a complexa situación política do país, unha limitación á
que engadindo a figura dun Rajoy
sempre presente acentúa aínda mais a dificultade
ao conducirnos a un canellón sen saída e
situarnos en posición de "emerxencia democrática"
É por iso que ante o espectáculo
de precariedade dun Executivo acurralado no Congreso polo inadecuado proceder dos seus propios
actos, a total perda de credibilidade do seu
Presidente, sumado á decadente situación socio económica e o
ascendente nivel de alarma social como consecuencia de actitudes
indebidas, coa corrupción como común denominador, o paso correcto debe estar dirixido a emendar a deficiente situación co desafío posto
en afianzar o Estado de
Dereito como pedra angular de rexeneración da vida pública.
Un labor que debe ser afrontado por xente integra,
que nunca, por quen
institucionalizou a corrupción
coas súas sospeitosas prácticas
políticas, sobrando dicir por tanto, que
non é Rajoy nin os membros da súa cuadrilla os apropiados para facer fronte ao cambio que a situación require, por non ser
de recibo que os que teñen no seu haber
o historial mais arrevesado da corrupción eríxanse agora en redentores, máxime
cando estamos a falar dos mesmos que se negan a recoñecer as súas propias impudicias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario