A 'caixa B' no CONGRESO do PP
PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Para que a corrupción deixe de ser unha forma consentida de goberno, os
grupos políticos teñen que deixar de
disfrazar de presunción de inocencia os delitos cometidos polos seus membros, e
en responsabilidade proceder en
consecuencia.
Xusto
en vésperas do Congreso do seu partido , mentres Rajoy relataba a
súa insólita e fantástica versión da
conversación mantida co seu homónimo
da Casa Branca, a Fiscalía
Anticorrupción, á vista das declaracións do imputado Correa ante o tribunal da Audiencia Nacional sobre
comisións pagas por empresarios a cambio
de adxudicacións de obra pública e o
ganduxo das mesmas coa presunta
'contabilidade B' no Partido Popular,
decidía solicitar a reapertura do procedemento para a práctica de novas
dilixencias de investigación sobre o particular.
É
por iso que se o Presidente
confiaba en gozar un 2017 exento
de sobresaltos nunca máis lonxe da súa
pretensión, pois os feitos referidos
ademais de causar unha gran axitación mediática, veñen revelar que
sobre a trama Gürtel falta moito por
destapar, por mais ocultación que o PP faga desa rede de corrupción, que arraigando na súa
sede central expandiuse por gran número
dos seus gobernos autonómicos e municipais.
ata o punto que a pesar das
súas manobras de camuflaxes, por lazos
de relación cos directos axuizados
teña de responder xudicialmente como beneficiario dos delitos cometidos,
e mesmamente agora, en coincidencia co
Congreso Nacional a resurrección da caixa B
ameace en pleno evento con enturbar aínda mais as removidas augas do seu financiamento.
Ao
fío dos feitos, a fiscalía parece percibir síntomas sólidos de verosimilitude no expresado polo 'capo' da trama
corrupta, quen sostén, que Medio
Ambiente e Fomento, adxudicaban as obras
publicas ministeriais a
construtoras como OHL, ACS, Dragados e Degremont, utilizando como único
procedemento mecanismos de pillaxe, a cambio de que estas
sufragasen os gastos das campañas electorais
do PP, e iso, en tempos en que o actual
Presidente do Executivo xa era membro do Consello de Ministros.
É
dicir, que segundo se desprende do actuado, durante o mandato de Aznar o amaño dos pregos de condicións , o fraccionamento dos contratos
para non convocar concurso e a utilización versátil da figura do procedemento negociado, supliron a aplicación
das determinacións establecidas para o
efecto pola disciplina legal en materia
de licitación , unha anómala forma de actuar que de ningún xeito sería posible de non mediar a permisiva complicidade de decenas de
cargos públicos do Partido Popular. que non dubidaron en burlar
os procedementos de libre concorrencia a cambio de comisións que en concepto de dádiva, a teor do revelado, acababan sufragando campañas
electorais como tamén sendo repartido entre a cúpula do partido.
A
ninguén minimamente documentado debe sorprender esta relación de conivencia,
pois non en balde, é de sobras coñecido
que o PP chegou mesmo a crear e repartir 'powerpoint' entre os seus cargos
públicos coa finalidade de instruírlles sobre financiamento ilegal, para así poder enmascarar gastos electorais sen que
pasasen pola conta oficial da campaña e evitar así sospeitas do órgano fiscalizador; protocolos que foron utilizados durante o dilatado apoxeo da ‘trama Gürtel’, un explícito paradigma
que vén delatar a baixa catadura moral de quen non reparan en actuar
de avalistas da ilegalidade
facendo seus idénticos hábitos
que os utilizados polas bandas organizadas na comisión dos seus delitos.
Pero
o certo é que esa progresión de
inmoralidade dual entre corruptor e
corrupto asociada á función política, pola
súa condición sistémica e
estrutural, resulte pouco eficaz tentar
combatela a través da exclusiva intervención do conduto xudicial, pois
cando unha situación excedida de escala
como resulta ser o caso, o tratamento da súa deriva
esixe outras medidas paliativas que poñan remedio ao extravío, toda vez,
que a simple aplicación do
proceso penal resulta
totalmente ineficaz para atallar os
desmedidos niveis de transgresión.
A
tolerancia asentida durante anos fixo que a corrupción estea actualmente
incrustada na medula do sistema e siga
prodigándose a súa proliferación, como poñen de relevo as múltiples causas ilícitas e os numerosos suxeitos connotados con esferas da administración que pola súa
relación coa contratación pública
propician vulnerabilidade , ámbitos onde a
xulgar polos feitos o actual marco xurídico resulta canto menos
insuficiente, pois non resolve de ningún
xeito as profusas deficiencias dos
seus mecanismos de control.
Por
iso é polo que para eliminar a permanente corrupción política sexa obrigado
o establecemento dunha función pública moito mais ríxida que a actual ,
que pasa forzosamente por impoñer como esixencia, que todo posto de
responsabilidade na xestión de obras e servizos recaia exclusivamente en funcionarios públicos de carreira con
plenas atribucións de control e
fiscalización dos procedementos de contratación ; excluíndo para
tal finalidade a contratados
políticos e persoal
de confianza polo alto risco da súa tendencia proclive a favorecer por dependencia a
comisión do delito
Dicir
xa que logo, que mais alá do labor
librado por xudicatura contra
esta pandemia, as forzas políticas involucradas deben proceder vía emenda , por
iso é polo que o PP pola inherente parte
que lle toca debese aproveitar a
oportunidade que lle brinda a celebración do seu Congreso Nacional para aprobar
no súa clausura unha proposta de resolución nos devanditos termos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario