PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
A despreocupación política polo futuro de Fene, polo seu nivel
de uniformidade, vén a advertir que
sen trasladar á rúa a reivindicación social, a súa problemática demográfica, económica e
laboral afianzará rutina de continuidade, arraigando con iso unha crise de permanencia
Desde a década dos 60 do século
pasado, o concello de Fene favorecido polo auxe do seu emerxente sector naval experimentou unha evolución
demográfica alcista, cuxa tendencia se mantivo
durante un longo período de case
vinte anos, e cuxa culminación, ten de
fixarse no ano 1986 por ser este o momento que duplicando case os habitantes de
principios do período, a poboación municipal aproximouse aos 16000 habitantes, un referente de esplendor que paradoxalmente se transformou ao mesmo
tempo en punto de inflexión e
inicio do seu decaemento, que como consecuencia da forzada reconversión do seu esencial sector produtivo motivou
que desde aquel intre o concello perdese
un 14% do seu censo ata
situarse nos seus actuais 13385
habitantes, unha contía en clave
descendente e xa que logo sen perspectivas de recuperación.
Emporiso o negativo
efecto que o Concello está a soportar como consecuencia do devir da crise industrial, tanto a
prexudicial influencia demográfica causante da súa perda de poboación, así como da xeración de elevados niveis de
desemprego e a repercusión causante en dificultar o
acceso ao mercado de traballo
das novas xeracións, son aspectos todos eles que no seu conxunto
de ningún xeito debesen ter
maior relevancia nin significación estatística de mediar
unha mínima predisposición política
para a súa resolución.
Para ese efecto, dicir
que contra a repercusión do propio
declive económico e os efectos asociados polo desmantelamento do
seu principal sector produtivo, ademais
de mostrar a súa radical oposición , no
seu momento, a administración municipal
en vía a corrixir o imperante
“monocultivo industrial” procedeu en
revisión do seu planeamento xenuíno establecendo urbanísticamente no seu ámbito
unha ampla bolsa de solo
industrial como oferta de diversificación, situada
en óptimo emprazamento, vantaxosa
conexión infraestructural e planificado
acceso de interconexión co propio estaleiro.
Un Polígono industrial de 853000m2
cuxa parte alícuota sumada aos
950000 m2 do recinto fabril do
estaleiro, fan que Fene cun 5,5% da súa
superficie total clasificada como solo
industrial consolidado, reúna requisitos
sobrados para cumprir unha función dinamizadora e asemade
a condición de enclave industrial de referencia.
Pero se a pesar que actualmente a
oferta de chan facilita a instalación
de novas actividades económicas
no ámbito do Polígono, e que o Estaleiro
unha vez superado o prazo do veto dispón
de autoridade sobrada para retomar a súa actividade principal, se aínda
así, a infrautilización do solo industrial
mantén idéntica tónica, entón
debe resultar obvio que non é a
planificación territorial o que falla, senón que o mal reside na desidia colectiva dunha clase política
sen o mínimo interese en reconquistar e
ampliar a vitalidade do tecido
produtivo municipal a pesar das derivacións
e os perniciosos efectos que ao futuro
do concello e das súas xentes ocasiona
a súa actitude de indolencia.
Mostra que ven confirmar tal afirmación,
é a actitude de neglixencia xeneralizada
do conxunto de forzas políticas sobre o futuro industrial da localidade , a conduta de inacción mantida
por todas elas, cando a Axencia Galega de Infraestruturas de Xunta
de Galicia aprobou definitiva o
trazado de Róldaa Oeste, cuxos 900
metros iniciais discorren polo interior da antiga Astano, e que mais alá do propio
ancho da traza viaria, establece unha zona
de servidume cuxa repercusión espacial no ámbito do estaleiro
alcanza os 135000m2, deixando fóra de ordenación instalacións e edificios
existentes, á vez de limitar futuros aproveitamentos urbanísticos de
actuais zonas ociosas.
Unha desmedida afección
que afecta ao 15% da superficie
do conxunto do estaleiro e que por
operativa funcional e necesidades
expansivas da propia
factoría, debese restrinxir dita
área de influencia acorde a formulacións integradoras e de maior coherencia territorial.
Como o feito da súa renuncia para seguir mantendo o espirito
inspirador de Vilar do Colo, a través do despropósito que supuxo a
súa apertura a usos
comerciais e de servizos, cando o que requiría a situación
era a posta en marcha de
ferramentas eficaces de xestión e de condicións financeiras favorables que facilitasen a implantación dunha oferta industrial diversificada e
plural, que nunca o acceso á súa
terciarización.
Por iso, Fene é sen dúbida unha realidade territorial que se debate entre o esplendor doutra época e o declive do
tempo presente; paradigma dos
nefastos efectos dunha desindustrialización sen xeito nin
dereito, que deixou un concello sumido
en condicións ínfimas, tanto urbanísticamente como socialmente, ata o extremo
de causar situacións de vida asfixiantes en amplos sectores dunha
sociedade marxinada, que angustiada
e sen expectativas reivindica con
afán a posta en práctica dun plan de dinamización económica como solución.
Pretensión que lamentablemente, a xulgar
pola total falta de vontade
e nulo compromiso das formacións políticas, dificilmente poderá
garantir a súa aplicación, e moito menos,
augurar resultados que revertan a situación; impedindo con iso toda
probabilidade para que quen vive en Fene
teñan garantía de futuro e poidan botar raíces na súa localidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario