PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
De manterse o enfrontamento larvado entre pablistas e errejonistas, Podemos, de ser un auténtico fenómeno político e alternativa de goberno derivará cara á súa ruptura e declive.
Ninguén que se postule como
estratego da esquerda, debe esquecer
que o tránsito do anterior réxime ditatorial á nova realidade política lonxe de conducirse vía
ruptura produciuse seguindo o
mecanismo dunha transición de apaño, onde non se reparou na incorporación de infinidade
de destacados membros do referido
sistema á nova realidade
política, aos depositarios do
legado histórico franquista; colectivo que mais que constituírse como un
partido de extrema dereita no marco do novo escenario, na década dos noventa sen renuncia aos seus
acenos de identidade optaron por integrarse
no PP, e así conformar conxuntamente
unha confluencia estratéxica e sen fisuras, unha aposta de conveniencia coa
exclusiva finalidade de repartición do poder e rendemento electoral.
E así, mentres a dereita a pesar da súa diversidade concentrábase nun só partido, o PP; a esquerda, non só fraccionábase entre varias frontes, senón que
no seu ofuscamento empeñouse en malgastar enerxías e recursos para repetir a
dinámica de sempre, é dicir, reproducir
o eterno drama da súa desunión e
contender entre si, evidenciando a súa
incapacidade en consolidar un proxecto común que sortease a inconveniencia da fragmentación electoral
Mais difícil, exponse reconducir a
actual traxectoria dos socialistas de
Ferrán, tendo en conta que desde 1982 cando Felipe González, como submiso mozo dos recados do capital faise coa
Presidencia do Goberno, ao ser o momento
que entra en escena un PSOE de novo cuño, guiado e monitorado polo poder
financeiro, e tal circunstancia, presupón o abandono da loita de clases como motor da súa acción
política, que delata a súa deslocalización da
esquerdas, e por tanto condición de representación nesa esfera, sendo por iso que toda interpretación distinta non vaia
mais alá dun mero intento de desvirtuar
a percepción da realidade. pois
dificilmente pode ostentar condición de
esquerdas unha organización que exerce o papel de gardián da ortodoxia
neoliberal
A falsa esquerda só pode mirar cara
á dereita, como así explicitou a través do golpe de estado consumado recentemente no seu propio seo, coa
única finalidade de facilitar o goberno
a Mariano Rajoy; para así sen dar voz á
súa militancia cumprir a decisión tomada con anterioridade polas elites oligárquicas na súa estratexia de obstaculizar a conformación dun goberno
alternativo e de progreso coa participación de Podemos como esquerda real, unha
arrevesada determinación que o partido
socialista tenta versionar agora como unha decisión
atinada e inevitable.
Unha manobra que a formación morada debese
explotar ao máximo denunciando
os daniños efectos desta artimaña no caladoiro electoral dos
intrigantes, coa finalidade de
persuadir aos seus votantes dos desaconsellables
efecto da súa continuidade
Pero cando a cúpula de Podemos
debese envorcar os seus esforzos en consolidarse como alternativa real, e exercer sen fisuras unha oposición responsable que
lle reportase fiabilidade e achandase o
acceso ao poder político a medio prazo, resulta que
contra todo prognóstico é a súa fractura interna quen toma o papel protagonista aireada aos catro
ventos polos dous principais dirixentes
da formación, constatando coas súas liortas
a existencia dunha crise
ideolóxica de difícil resolución , e o
que é mais grave, a constatación de
estar a incorrer en idénticas prácticas
que por inadecuadas foron tema de reprobación aos seus adversarios políticos
Evidenciando co seu discurso e forma
de proceder notorias probas de
inmaturidade, non só asimilábel á vella política, senón que mostran o noviciado dun partido de aluvión cuxa repercusión
na súa controversia de fondo está a provocar fisuras no seu propio seo e
transmitiir desconfianza á cidadanía, ata o extremo, de verse obrigado a
aplicarse idéntica autocrítica que a
esixida pola súa banda aos demais.
Mal vai o funcionamento de Podemos cando a idea do duelo imponse ao debate fraterno, e os seus máximos mandatarios suplen a vía
do dialogo persoal por agres
insercións en medios e redes sociais que por ser a antítese do
dialogo representan unha actitude de
controversia que pon de manifesto a existencia
dunha profunda división no seu
seo, que ademais de non axudar para nada
ao arranxo dos graves problemas
que vive o país, acentúa o risco de división entre os dous sectores
enfrontados á vez de minguar afinidade
simpatizante, e por tanto, rebaixa
no substancial as expectativas electorais
dos seus mellores tempos.
É por iso, polo que o partido morado ven a celebrar o seu terceiro aniversario sumido na súa
propia miopía e envolto nunha aguda disputa, unha dinámica de
confrontación entre dous modelos
contrapostos, que de non mediar consenso
previo e impoñerse a sensatez, os
acordos congresuais de Vistalegre 2
tomarán formato de papel mollado, e o futuro da organización frontista terá os
días contados
No hay comentarios:
Publicar un comentario