PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Poucas luces e excesivas
sombras son a referencia da maioría dos programas electorais, que
elaborados para non ser cumpridos, utilízanse en tempo de eleccións
ao só obxecto de acadar rendemento electoral.
Desde as primeiras eleccións xerais tras a morte de
Franco ata os comicios galegos de mañá, celebráronse a nivel de Estado un total de 183 procesos electorais, ou o que é o mesmo, o país dedicou durante este período un acumulado de medio ano a xornadas de reflexión, é dicir a cumprir coa veda electoral como hoxe ocorre, con esa
tradición que chegou da man da
democracia coa teórica finalidade de protexer o voto dos electores, pero que se na súa orixe
puidese ter fundamento argumental , na actualidade converteuse nun completo «sen sentido».
E iso entre outros aspectos polo inicio da era dixital e o auxe
que representan as redes sociais
que polo seu carácter incontrolable
fan cuestionar a eficacia desta prohibición creando unha
situación anacrónica que
recomenda revisar a lexislación electoral.
Sobre todo cando é de sobras sabido que esa limitación non pasa de ser un eufemismo político, unha
tregua inútil, tendo en conta que mais alá do imperativo
legal é difícil asumir que alguén nos seus cabais reflexione pouco
ou moito o sábado previo á cita coas urnas, cando os concorrentes ao proceso
electoral, salvo excepcións, mais que
apelar á intelixencia dos votantes, co
seu anómalo proceder incítanlles a
cuestionar a fiabilidade das súas promesas
e por tanto a deducir que os seus ofrecementos non pasan de ser estériles
estratexias de márketing electoral, ineficaces e de nula veracidade.
Aspecto que deixa sen materia de análise á
cidadanía para que esta
poida reflexionar coa debida solvencia,
e motivo sobrado por tanto para afirmar
que a tempo presente e na actual situación, esta paréntese exótica
de vinte e catro horas entre a campaña electoral e as votacións é un completo despropósito;
non sendo esta a afirmación unha
invitación para devaluar o marco legal
senón unha simple apelación ao sentido común da
súa obrigada reforma.
Sendo recomendable en tanto esta non se produce proceder
en consecuencia mitigando o patrocinio rigorista
a tal restrición para envorcarse
expresamente no cumprimento do esencial,
que pasa por cumprir coa limpeza do
proceso electoral para así garantir con
solvencia o pronunciamiento da soberanía
popular nas urnas
Pero ademais da desvantaxe que representa a influencia da era
dixital sobre a xornada de reflexión como antesala do voto,
hai outros aspectos moito mais
perniciosos para o mantemento da súa vixencia, e valla como referente as sistemáticas mentiras electorais que
sen ningunha dúbida debesen ser
tipificadas como delitos punibles, desde o punto e hora que coa súa práctica
ademais de terxiversar a realidade
estase a xogarse coa vontade dos
votantes nun claro intento de acadar a súa confianza nas urnas por medio de artificios e enganos .
Un exercicio de cinismo e do todo vale, mediante a utilización
da literatura de ficción dos
programas electorais como tapadeira , para atreverse así a proferir
consignas a propósito de
estar a falsificar a finalidade das súas
intencións , desprezando dese modo o
principio de ética como forma de facer
política , unha práctica que encobre
unha turbia complexidade e un aberto desprezo ás mínimas formas democráticas., onde a
demagoxia envólveo todo para converter
en anécdota as eventualidades do proceso electoral.
Por iso é polo que os electores á vista dos feitos, mais
que cinguir a súa reflexión
ao formalismo das estipulacións da lei electoral de 1985. o sensato sería
que o fixesen co obxectivo posto en
dignificar e rexenerar a vida
política, evitando de antemán ser presa de seducións de fascinación política, xa que as eleccións deben operar como mecanismo
retrospectivo en protección dos
intereses da cidadanía, sendo por iso que
a súa actitude, mais que deixarse guiar por cantos de sirena, debese consistir en compensar ou sancionar aos candidatos nas urnas, como única fórmula de conferir solvencia á función política sobre a base de
un vínculo de efectividade
programática entre partidos e electores.
Non debendo esperarse por tanto síntomas de rexeneración
se tal circunstancia non se produce, ou cando
os políticos obrigados a pagar custos electorais pola violación do seu
mandato, a pesar de enganar aos seus
votantes con relación ás políticas
ofrecidas durante a campaña electoral, conseguen eludir o castigo e reafirmarse no poder mantendo a súa continuidade.
Cando isto ocorre
como resulta ser o caso,
evidénciase que a cidadanía mais que estar educada no voto crítico
padece colectivamente unha síndrome de
Estocolmo electoral, unha situación
tremendamente complexa que impulsa
a reflexionar sobre tan
anacrónica desviación de conduta
para chegar a saber en que pensa o votante, para conducirse en dirección oposta á os seus propios
intereses.
Contra o devandito, o día de hoxe si suscita analizar
esa incógnita como tamén alcanzar
a resolución debida, en razón á súa
condición perentoria e toda vez que mañá
xa sería demasiado tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario