10 oct 2014

RESPONSABLES SUBSIDIARIOS

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia

Os altos niveis de corrupción que sofre o país non se mitigan con inútiles iniciativas de rexeneración democrática, senón, obrigando aos partidos políticos a contraer responsabilidade subsidiaria do defraudado polos seus secuaces.

Malia que o Goberno de Mariano Rajoy insiste constantemente en transmitir todo o contrario, se nos remitimos ao contido do Barómetro que acaba de publicar o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), correspondente ao mes de setembro, chegaremos á conclusión que o seu implícito vén a indicar que a inmensa maioría da cidadanía farta de promesas incumpridas e de sacrificios estériles, xa non cre para nada nas mensaxes de recuperación económica que asiduamente son enviados con ánimo publicitario dende as filas do Executivo.

Así é que dous de cada tres enquisados, manifestan que non só perderon toda fe na melloría da situación, senón, que a frustración causada polas inadecuadas políticas aplicadas, estendeu o nivel de pesimismo, ata o extremo, de percibir os consultados que a devandita realidade mais que apuntar tendencia proclive á melloría, expresen que ao seu entender agravarase substancialmente de aquí a un ano vista; sendo polo tanto practicamente virtual o número de cidadáns que demoscópicamente consideran a situación económica como aceptable ou que no seu caso enxergan algunha posibilidade de reactivación.

Pero se os datos do futuro económico predinse borrascosos, idéntico prognóstico augura a cidadanía para o desemprego, que ao seu xuízo mantense como o principal problema de preocupación, e que a pesar dun exiguo descenso, segue ostentando a posición de máximos históricos; unha situación que persiste e proseguirá invariable en tanto que o Goberno siga suplantando cometidos e arrogándose atribucións en materia de creación de emprego, cando tal obxectivo non é para nada a súa tarefa, senón que a súa función debera cinguirse expresamente ao establecemento dun marco institucional favorable, capaz de estimular a  inversión produtiva e imprimir un cambio de rumbo á errónea dirección que tense levado a termo ata o de agora. 

Debendo en todo caso facilitar o liderado e o papel protagonista aos auténticos operadores da iniciativa empresarial, que non son outros, que os acreditados motores na creación de riqueza e emprego cuxo principal referente vén a recaer nos autónomos e as Pemes.

Pois resulta un todo evidente, que seguindo o actual modelo e as propostas levadas a termo pola clase política dominante, poderase enmascarar o problema; pero será completamente improbable que ao abeiro de tales medidas póidase reducir no mais mínimo a taxa de paro que rexistra a nosa economía.

Se todo o anterior ten efectos exasperantes, hai un aspecto neste último Barómetro do (CIS, que antóllase totalmente espiñento, tal é, o feito de ter subido máis a preocupación cidadá pola corrupción que polo paro, ao supoñer tal contraste unha expresión inequívoca que converte a España nun labirinto de complexidade, dado o fracaso demostrado polo Goberno na xestión do Estado, pois ao tempo de meter man dura aos dereitos fundamentais da cidadanía, non reparou o mais mínimo en seguir outorgando carta branca ao desenfreo político; e toda esa consolidación de disparidade formando parte dunha maraña de degradación,donde, como diría Frank Herbert, "a corrupción leva infinitos disfraces".

Por iso que fiar credibilidade ás enquisas do CIS, como centro demoscópico do Goberno, cando é farto sabido que despois do impecable traballo dos técnicos o seu contido é manipulado tendenciosamente polos cargos políticos dese instituto, resulta canto menos un exercicio de inxenuidade, máxime, cando tras a maquillaxe aplicada, os seus prognósticos non deixan de ser simples presaxios exentos de toda fiabilidade.

O seu sería concluír que a identidade real do país, mais alá de formulismos democráticos atende en exclusiva a un réxime de corrupción extensiva que amparada tacitamente por uns partidos políticos gangrenados, a súa repercusión, ademais de causar a catástrofe económica, xeneralizou o desemprego e creou desprotección total na cidadanía; co prexuízo engadido, que o dereito penal resulta arma insuficiente e insatisfactoria para combater eficazmente a súa erradicación.

Tráxicas derivacións que en modo ningún serán resoltas a través de enganosas pantomimas de rexeneración democrática, pois toda iniciativa correctora, o é tan só, ao acredita a súa plena eficacia. 
E cando a corrupción en vez dun delito pasa a ser a grande escusa de financiamento político, cando os niveis superiores e intermedios da administración están tomados por atracadores afíns e a universalización da deshonestidade alcanza directamente aos cargos políticos, chegado a este extremo, non hai mais remedio que obrigar que os partidos políticos sexan responsables subsidiarios das turbiedades e do diñeiro defraudado polos seus militantes e protexidos, desempeñando así función de sentinela que polo risco repercutido convértase na solución efectiva para extirpar esta pandemia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario