PUBLICADO 20/04/2013 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
A imposición merkeliana de austeridade, non é unha solución á crise senón simplemente unha inconsistente estratexia do goberno e a banca alemá, cuxa verdadeira finalidade, é saquear ao sur de Europa ao só obxecto de tapar o seu colosal burato financeiro.
A hexemonía política de Alemaña no seo da Unión Europea
cada día faise mais significativa, e o obxectivo das súas esixencias conducidas
a través da Troika,
(Comisión Europea, o Fondo Monetario Internacional e o Banco Central Europeo),
levan camiño de destruír a cohesión social no vello continente.
Disensión cuxo prexuízo se fai mais ostensible nos
países do Sur, os que de non tomar accións de defensa inmediata para poñer fin
ás receitas neoliberais impostas dende Berlín, os seus gobernantes serán
cómplices dos seus propios erros, ao tolerar indebidamente unhas políticas de
uniformada austeridade que colisionan coa diversidade inversa, cuxa
continuidade ameaza con conducirnos ao desastre económico e social, por canto
mais que unha solución, esta atípica secuencia supón entregar a riqueza xenuína
ao promotor responsable da fórmula de extorsión.
A pesar da
contundente evidencia dos feitos, hai países extremadamente prexudicados por
estas políticas, que a pesar dos efectos, os seus dirixentes, nun alarde de vulgaridade fan seu o recorrente discurso sobre a
crise da débeda, para xustificar como solución de recuperación económica, a
aplicación de drásticos recortes cuxo resultado característico se traduce na
consolidación dun profundo malestar social, agravado por un record en pobreza e desemprego.
Non podendo aspirar ningún político minimamente
documentado a lograr outro alcance distinto ao resultante dunha realidade
complexa, toda vez que a imposición merkeliana de
austeridade, non é unha solución á crise senón simplemente unha inconsistente estratexia
do goberno e a banca alemá, cuxa verdadeira finalidade, é saquear ao sur de
Europa ao só obxecto de tapar o seu colosal burato financeiro.
Por iso que
ante esta contrastada evidencia, non é de recibo o comportamento que manteñen
algúns mandatarios dos países afectados como resulta ser o caso do presidente Rajoy, quen
a pesar do contrastado xiro depredador desatado polo goberno teutón contra os
países do Sur da zona euro, segue mantendo o seu apoio ás políticas de quen
coas súas accións especulativas está a quebrar a soberanía económica e a
estabilidade do noso país, ao repercutirnos as perdas dos seus propios bancos,
coa estratexia engadida de reforzar o seu dominio botando abaixo o mercado
único europeo e impoñer así un mercado único euro-alemán.
Polo tanto abonda xa de terxiversar a realidade,
presentando o endebedamento como a causa da crise cando a propia débeda alemá
nos superaba en demasía, sendo o verdadeiro detonante da actual conxuntura as
arriscadas operativas bancarias ao "titulizar hipotecas
tóxicas", ou o que é o mesmo, revender en anacos hipotecas de alto risco.
Práctica financeira que situou ao bordo da quebra á maioría da banca xermánica,
sendo o Deutsche
Bank a entidade financeira
mais implicada, e como dimensión de escala para os efectos de contraste, abonda
con dicir, que o burato desta entidade supuxo un equivalente a catro veces o de Bankia.
Se ao feito de ter convertido o seu sistema
financeiro no detonante da crise, engadimos que foi directamente o executivo
saxón quen promoveu a guerra aberta contra a débeda do Sur; non é comprensible que os países afectados polas súas hostís manobras teñan de
recoñecerlle outro papel de xerarquía distinto ao que lle pertence como estado
membro, sendo recomendable en razón a iso, en exercicio de defensa promover as
indagacións oportunas sobre posible vulneración do dereito da competencia, por
canto, resulta notorio o desaxuste entre esixencias e tolerancias, como acontece
coa exoneración de control das caixas de aforros alemás, as variables no
control do déficit. etc.
Por iso, ante a
actual tesitura faise inexplicable entender que mentres a chanceler Merkel, segue empeñada en esnaquizar a economía dos
membros do Sur impoñendo a austeridade como única fórmula para superar a crise,
o presidente Rajoy despois do sonoro fracaso obtido como
consecuencia de tomar partido por este equívoco criterio, agora cando
reflexivamente debera darlle unha oportunidade ao cambio, paradoxalmente segue
mantendo o discurso da austeridade e a disciplina fiscal como condición
ineludible por toda solución.
Ante esta actitude, cando a pesar da medidas
de austeridade todos os indicadores confirman que os países do sur da Eurozona
non mostran síntomas de recuperación, queira que non, o Executivo ven obrigado alternativamente a activar
políticas que aceleren o crecemento e fomenten o emprego, solución que de non
se aplicar con urxencia, acentuará os desequilibrios existentes co mais que presumible risco dunha explosión social
de consecuencias imprevisibles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario