PUBLICADO 25/05/2013 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Resulta inadmisible que o Goberno, en vez de paliar a situación aplicando alternativamente medidas de efecto positivo, manteña prorroga coa arbitrariedade dando continuidade ás políticas que provocaron o desastre.
Cando ter unha empresa mais que unha vantaxe para o interese xeral convértese exclusivamente nun problema unilateral do empresario, é evidente que a política institucional en materia empresarial circula en dirección contraria á traxectoria debida, e iso indica que o Executivo que debese evitar tal circunstancia, por baleiro de receptividade e demais aspectos engadidos, non asume como propio o rol de relevancia que ten de desempeñar a empresa como elo da cadea produtiva, e á vez, como referente primordial para garantir a suficiencia socio - económica do país.
De aí, que neste contexto de negación as cousas tomen tendencia a empeorar, pois cando os mediocres que nos gobernan dedican todo o seu empeño a favorecer as algarabías do mercado especulativo mentres relegan ao ostracismo a actividade empresarial xeradora da economía produtiva; resultará evidente, que se a clase empresarial afectada por tales desmandos ademais de non combater enerxicamente as incoherentes políticas de austeridade, opta pola autosatisfacción, definitivamente, as cousas non só agravaranse, senón que o colectivo patronal converterase en testemuña indolente da súa propia agonía.
Por iso en pleno cansazo de política neoliberal, cando a historia demostrou a negación dese prototipo, e a caída do mito dos ciclos económicos e da bonanza continuada deu paso a unha crise multiforme de alcance global; resulta inadmisible que o Goberno, en vez de paliar a situación aplicando alternativamente medidas de efecto positivo, manteña prorroga coa arbitrariedade dando continuidade ás políticas que provocaron o actual desastre e que lonxe de favorecer a harmonización acentúa o fortalecemento das grandes empresas, producindo un debilitamento das pemes e autónomos, que afectados por unha mingua de capacidade operativa quedan excluídos do proceso produtivo.
Os sectores empresariais prexudicados, mais que outorgar credulidade a mensaxes incertas, están obrigados a tomar encontro coa realidade e asumir dunha vez por todas que as proxeccións destas dinámicas de corte neoliberal non lograron alcanzar as metas prometidas dende o seu inicio, e polo tanto, lonxe de ser unha estratexia de crecemento económico e de estabilidade, a súa posta en práctica demostrou a función oposta, provocando que as pequenas e medianas empresas se vaian á quebra, aspecto que ademais da afección directa, ocasiona repercusións extensivas ao xeneralizar o desmantelamento da estrutura produtiva
Extremo que vén de confirmar que este tipo de dinámicas lonxe de fomentar o fortalecemento da economía e a estabilidade empresarial, acentúa a recesión, circunstancia que ocasiona unha complexa situación ao cobrar novas vítimas entre a masa de poboación, afectadas polos niveis de desemprego e de pobreza.
Pois ben, recoñecendo que o groso do tecido empresarial está formado por pemes, sabendo igualmente que cando no 2008 os bancos pecharon a vía do crédito, mais de 400.000 empresas por falta de financiamento se viron achegadas ao peche de actividade, dicir, que ao igual que os gobernos inxectaron miles de millóns para frear aquela sangría, tamén toleraron que as entidades bancarias receptoras, utilizasen o diñeiro para outros mesteres distintos á finalidade prevista, mentres proseguían os peches en cadea das actividades empresariais.
Por non perder os malos hábitos, agora aplicando idéntico formato político, sen modificar pautas nin garantías de financiamento, o executivo de Rajoy, á marxe da mínima reflexión, acaba de aprobar a anunciada Lei de Emprendedores; un novo referente da reactivación que anticipa disfuncións en razón diverxente entre o seu contido teórico e a inviabilidade práctica, e cuxa nulidade de resultados fala por adiantado.
Xa que logo, toda planificación contra a crise para a súa efectividade, é condición sine qua non. que veña precedida dunha reorganización que garanta o reequilibrio e a diversificación dos sectores produtivos, formulación que igualmente ten de obrigar o fin da economía imperfecta subtraendo carga de austeridade en favor do crecemento, non admitindo, por activas políticas sustentadas no monopolio dos mercados especulativos.
A tal efecto a clase empresarial como axente da economía produtiva, ten de tomar papel protagonista, participando activamente na recondución da situación, facendo valer a súa vocación inequívoca, que non é outra, que contribuír como agrupación colexiada, na xeración de emprego e riqueza
No hay comentarios:
Publicar un comentario