PUBLICADO 30/06/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia
Quen
peiteando canas, cambian o acougo da
súa madurez pola prórroga do seu compromiso de mocidade, mantendo
vivo o espírito combativo, e con
ansias renovadas deciden seguir loitando por unha sociedade mais xusta e equilibrada. Cando
menos, son seres especiais ,
referentes, aos que en xustiza
hai que recoñecer o seu compromiso para
cos demais, pola súa tenacidade, polo
seu empeño en reconquistar o capital social
estafado polos afíns ás siglas, por esa
pestífera clase política que
converteu a súa función nunha degradante farsa, cuxas referencias características son a
corrupción, o engano e a mala
reputación.
O
contido do decálogo que Julio Anguita establece
como relatorio para iniciar o debate, é un compendio equilibrado, un agrupado de contidos determinante dos grandes temas que deben dominar a dirección política do país, cando dita
política escríbese con maiúsculas e está
pensada en clave de cidadanía como principal destino. Sen dúbida, no seu implícito percíbese de forma
dominante a ética e coherencia dunha
persoa con claridade de ideas, de
arraigamento de valores e coa bagaxe que achega o seu recoñecido compromiso
social e os seus dilatados anos de experiencia.
Na
situación de orfandade dirixente que
vive o país, onde o predominio da nimiedade prodiga un pesadelo permanente pola
frivolidade de comportamento duns
políticos con adicción enfermiza polo dereito dos mercados, o paso
adiante de Anguita é unha noticia cando
menos satisfactoria, pois ademais da súa
probada cualificación intelectual, quen
ten renunciado á súa pensión de
xubilación como ex deputado para
conformarse exclusivamente coa pensión
de mestre de escola, por exercicio de decencia
e honradez , acompáñalle forza
moral sobrada para reivindicar unha rexeneración integral da
estrutura do Estado.
Na situación de orfandade dirixente que vive o país, onde o predominio da nimiedade prodiga un pesadelo permanente pola frivolidade de comportamento duns políticos con adicción enfermiza polo dereito dos mercados.......

Eu
que exerzo de disidente de inútiles, que non tolero que as institucións sexan o refuxio dos mediocres, non
recoñezo autenticidade
representativa a quen acceden ao poder a
través de bastas manobras de engano
electoral, resistíndome por tanto a mostrar conformidade coa súa representatividade, e moito menos a tragar coas súas políticas de panos quentes
, coas que sen reparo, manteñen intactos os seus intereses mentres
dilapidan os logros sociais que outros
conquistaran.
Por
iso, sen afinidade de vínculo, hei de
admitir de bo grado que o retorno do "Califa", resulta un todo satisfactorio. A
volta á acción política de Julio Anguita, á marxe de siglas políticas, é canto menos unha corrente de aire fresco, sendo un feito
salientable o seu anuncio, brindándose coma
referente dunha operación política que tenta cambiar o país. Si un compromiso destas características tivese autoría distinta, probablemente levaría sinal de oportunismo en cuberto, pero
neste caso a fiabilidade é probada, por canto
a honestidade e integridade do
manifestante é aval suficiente para dar autenticidade e crédito pleno.
A
determinación do ex - dirixente de EU rompe esquemas, pois contra a usual conduta promocional dos activistas profesionais da política,
deixa dito de partida, que nesta nova andaina non será cargo público, nin terá presenza na
vida institucional, circunscribindo a súa intervención á utilización
da súa influencia mediática para
explicar e defender o proxecto,
impulsando a súa promoción até lograr a súa consolidación como
alternativa estable. Desinteresada
decisión que por si mesma non fai senón imprimir maior fiabilidade á
iniciativa.
Por
mais censuras que cultive desde as filas
dos seus detractores, a decisión do coñecido noutro tempo como "el califa
rojo", é encomiable, pois se corresponde coa reacción propia dunha persoa integra, coa
actitude de quen por principios e
consecuencia non vén disposto a tolerar
a dexeneración xeneralizada das institucións do estado, onde
o gremio político é con moito o maior
exemplo de deterioración e insolvencia.

Con
todo, o retorno do "Califa" e a presentación da súa Fronte Cívica, non en todos os
ámbitos terá compracente acollida, pois a súa entrada en escena ten a analoxía dunha acción de insurrección, dun acto de
rebeldía que ameaza os privilexios dunha
atenuada clase política, pondo freo á súa vergoñenta alianza cos mercados.
A situación demanda con urxencia restituír á política o prestixio perdido, e
por iso esta iniciativa, é unha decisión xenial