Alí, onde os suburbios da periferia
toman contacto co Atlántico, onde os estaleiros salpican desemprego e as
súas bancadas cheiran a veto naval, nese escenario inactivo, é onde a clase política
departe coa súa incapacidade.
Pódese afirmar sen risco a equívocos que tras
o auxe ou a decadencia de calquera hábitat ou asentamento
socio económico, non son as
dinámicas territoriais nin os ritmos naturais da economía, quen impoñen
os factores de tendencia, senón, exclusivamente a
intervención política, que dependendo do grao de liderado do intérprete, do seu
peso executivo e nivel de destreza,
terá garantido o éxito ou estará
condenado ao fracaso. Isto último, toma
corpo de frecuencia cando o adaíl
político resulta ser un minguado,
que en vantaxe dos seus intereses decide darlle cancha ás súas ambicións, aínda que con iso, produza
un detrimento dos dereitos
colectivos de quen lle outorgaron a súa confianza.
E alí, onde os suburbios da periferia
toman contacto co Atlántico, onde os estaleiros salpican desemprego e as
súas bancadas cheiran a veto naval, nese escenario inactivo, é onde a clase política
incapaz articular solucións aos
problemas esenciais, decide acollerse á mística tomando devoción
polo espírito de campanario. Doutrina encamiñada á defensa do
absurdo, cando este, prodígase na
reafirmación do localismo mais porfiado,
aínda cando as súas consecuencias
deriven en prexuízo da sensatez. Este complexo dogmatismo foi a clave de inspiración para tomar
decisión polo desafortunado emprazamento
da sempre inacabada infraestrutura portuaria da Ría de Ferrol.
As
excentricidades dogmáticas,
reportan consecuencias incoherentes e isto motiva que a mente dos nosos mandatarios axústese mais
ao diminuto estilo de Liliput,
que ao xigantismo de Rótterdam, e así, cando o desenvolvemento do
intermodalismo e a revolución tecnolóxica dos contenedores xa marcaba as tendencias do transporte marítimo futuro;
orientando a tipoloxía e escala dos novos enclaves portuarios, por estas latitudes do
noroeste, por non perder o fío coa lixeireza
e seguir mantendo a hexemonía do disparate, os cativos da inutilidade,
deciden consumar outra insensatez
máis , a través dunha construción portuaria de escaso porte, que ademais de alterar as correntes naturais da Ría, non dispuña de vocación territorial de respaldo, soportando unha orografía infame, ademais de ser notorias
as limitacións técnicas e financeiras para a
implantación das imprescindibles infraestruturas de comunicación. Obviamente outra vez mais perderamos a ruta
do futuro pois o espírito de campanario impuxera a súa teoría.
Os escasos 300000€ habilitados nos actuais
Orzamentos Xerais do Estado, para avanzar na
redacción do proxecto construtivo do ferrocarril até o emprazamento de Caneliñas, non deixa de ser unha evasión do executivo estatal para demorar no tempo a construción desta infraestrutura
forzada. Tras esta decisión, percíbese unha reconsideración sobre a
conveniencia da súa execución
efectiva, por canto o
custoso investimento do convoi
non restará limitacións á operativa portuaria, xa que tan só os grandes portos de funcionalidade
manifesta, con especialización de alto rendemento e instalacións apropiadas para os movementos
masivos de carga, formarán parte da rede global do transporte marítimo e multimodal, e no caso
de referencia, ademais das limitacións citadas, o factor escala como a súa restrición expansiva apuntan a
deducir que o porto exterior de Ferrol está chamado a unha especialización de segundo nivel,
suxeita ao tráfico cativo local.
Resulta aventurado
estimar cal será a dimensión
máxima que alcanzará a os buques de nova
xeración, o que está lonxe de toda dúbida é que a tendencia ao xigantismo
dos Post-Panamax, non se paralizará a curto prazo,
e esta tendencia da nova configuración de frota, propicia,
unha reorganización do sector marítimo
como base referente para
establecer unha rede xerárquica de
portos para as liñas de servizos regulares, e folga dicir, que no novo escenario, Caneliñas en
Ferrol e Langosteira na Coruña,
quedarán excluídos da prestación de
servizos directo neste esquema de vangarda.
O primitivismo do espírito de campanario, debe dar paso á sensatez, temos de aprender dos erros e aínda con anos de atraso estamos a tempo de
tomar partida polo futuro,
envorcándonos, decididamente na culminación desta iniciativa incuestionable, que pola súa característica funcional, a súa
condición de espazo integrado, ten
garantido o seu éxito no contexto do
ordenamento marítimo mundial.
http://www.artabros.es/espanol/1_artabros/resumen_ejecutivo.pdf
http://www.artabros.es/espanol/1_artabros/resumen_ejecutivo.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario