13 abr 2012

EN CAÍDA LIBRE


PUBLICADO 14/04/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia

Por máis  representación de soberanía que tente proxectar, a clase política á marxe do  código de barras das súas  respectivas  siglas ,  a única función que desempeñan  na actualidade,  é a de dar maquillaxe de lexitimidade  a unha democracia falseada.

Como modelo predecesor  e soporte da  organización do noso esquema  de produción   e  consumo; a economía de libre mercado, sustentada  nas oscilacións  da oferta e a demanda  e a  intervención puntual  do  Estado no papel de garante  da liberdade de competencia, co paso do tempo, por anómala sucesión  derivou nun novo  formato organizativo, caracterizado,  polo predominio  dun réxime empresarial de solidez simulada,  que asistido pola enxeñaría financeira, marcou o protagonismo dos mercados tomando por único  obxectivo  as operacións de alto risco como acceso a cuantiosos  e  rápidos beneficios, sen existencia  doutro  valor engadido que o meramente especulativo.

Obviamente con semellante deriva por expoñente;  máis que sorpresiva, a extensa e intensa crise que se aveciñaba non resultaba ser un clamor senón un estrondo,  que tan só a  simulada  torpeza dos seus  proxenitores por interesada,   ou a pasividade    dos  políticos por escoltada, parece que conxuntamente non quixeron  detectar coa anticipación debida  as súas demoledoras consecuencias.
 Así foi, como a economía de libre mercado sucumbiu ante a agresión inmisericorde da elite financeira  e a colaboración necesaria do armazón político,  deixando vía libre, á autocracia dos mercados como sistema de  substitución,  cuxas secuelas  ademais dos prexuízos netamente economicistas, desencadeou un receso  do desenvolvemento sustentable precedente, que trouxo implícito   a escisión  das políticas de evolución social  e a evasión  da repartición equitativa da riqueza.

Por tanto  na  historia desta crise económica, están identificados con absoluta precisión os verdadeiros artífices da desfeita, que para nada se corresponden co empresario sumido  na ruína, nin o enfermo  recortado  de atencións, nin moito menos co alumno  ao  que tentan  esquilmarlle a  docencia.
Esas son as vítimas propiciatorias, os suxeitos  inocentes, que  padecen a causa do efecto, aspecto  indicativo de que esta crise  non  só é  económica senón total e extensiva , maiormente,    cando os autores efectivos  da quebra colectiva,  despois de sumirnos na noite dos tempos, agora, coma se tal cousa fóra,  proseguen a súa rutina de despropósitos erixíndose  en redentores, das súas propias incompetencias. Isto é inconcibible, resultando cando menos inaudito sexan os propios demos quen se oferten  a liberarnos  do  inferno.


Por máis  representación de soberanía que tente proxectar, a clase política á marxe do  código de barras das súas  respectivas  siglas ,  a única función que desempeñan  na actualidade,  é a de dar maquillaxe de lexitimidade  a unha democracia falseada, pois  facendo abandono das atribucións  da súa condición de depositarios  da soberanía popular que lles confiren as urnas.  Incriblemente, outorgaron  plenas competencias aos mercados, para que sexan estes, quen  regulen en exclusiva e dirixan unilateralmente o proceso económico ao seu antollo, mentres eles manteñen como única reserva    o papel  executor ao ditado das apetencias sen límite dos protagonistas económicos. Pero este déficit democrático ten un historial  de vinte anos de entrega, coincidente    temporalidade coa que   Hans Tietmeyer, Presidente do Bundesbank dese a alternativa á ditadura dos mercados,  con aquel sublevado pronunciamento, "Vostedes, señores políticos, teñen que afacerse a obedecer aos ditados dos mercados",  proclama,  que se transformou na lema  da máxima  institución europea. 

Pero se o panorama pinta escuro  desde unha óptica xeral, visto desde  o patio de butacas do Estado, a escena agrávase,  ao comprobar que  o referente  en materia  resulta ser un hibrido, definición apropiada para distinguir a  dobre condición  de Luís   de Guindos, pois o hoxe político, Ministro de Economía y Competitividad  era a cabeza visible de Lehman Brothers para España, na época en que,   esta entidade entrou   en quebra polas hipotecas subprime  que conduciron á fractura  da economía mundial, co agravante de administrar  posteriormente  a liquidación da propia  Lehman na bancarrota a través de Pricewaterhouse  Coopers, curriculum que para nada lle achegan as condicións de neutralidade e independencia que debesen presidir  a súa función como executivo de Estado.

Non hai dúbida que  o actual modelo económico, é o desencadenamento do clima de inestabilidade    e elevada  exposición de risco  que estamos a padecer.  Se a clase política quere evitar  ser menos responsable do desastre económico que os  propios  mercados, non ten outro remedio   que reconducir a situación, que obrigatoriamente, pasa por reconquistar a xerarquía, democratizar a economía e as súas estruturas institucionais. Suposto contrario, seguiremos cabalgando á grupa dunha prima  de risco desbocada, ou deslizándonos por un permanente tobogán bolsista, etc., etc.; e de ser así, aos políticos de todo signo, acabóuselles o pretexto de seguir derivando a súa culpabilidade aos mercados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario