PUBLICADO 03/03/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario
Por
máis alarde que se prodigue sobre a corrección das formas, resulta evidente que
a historia da contratación pública séguese escribindo con liñas torcidas.
Quen por razóns vinculantes
son asiduos da contratación pública, saben por liña directa que a Lei 30/2007, de Contratos do Sector
Público, como soporte xurídico que
regula os procedementos de licitación, contrariamente ao que se esperaba á súa entrada
en vigor, tras un quinquenio en
curso operativo, é contrastable,
que lonxe de vir cubrir os baleiros e imperfeccións do anterior marco lexislativo, veu referendar que seguimos sen ter unha contorna adecuada
no que a contratación pública refírese, por canto, a práctica da súa aplicación, máis que proxectar a axilidade e o dinamismo que se
esperaba, creou un ambiente difuso,
un marco de opacidade que
prodigou un vórtice burocrático
desproporcionado.
A efectos de xestión, ás empresas
concorrentes a licitacións, mais que
facilitárselles os trámites a través de métodos de uniformidade que acheguen
prontitude e dinamismo aos expedientes, os problemas acentúanse, e ao
parecer, as administracións nunha confusión
de labores, no canto de remitir a súa función a unificar
a aplicación da norma, pola propia práctica todo apunta a pensar, que o
que tentan, é reformar o espírito da lei en versión acomodada ao antollo do
interprete de quenda. Polo menos, por desproporcionado que pareza, é a conclusión que se desprende ao
comprobar que cada órgano administrativo
ten criterios diverxentes á hora de
establecer especificacións e requisitos no que ao cumprimento do marco
normativo refírese.
Por esta disfuncionalidade existente, é
evidente que as administracións nun exercicio de reconducción están obrigadas a
establecer a coordinación oportuna, ao fin
de asimilar directrices que permitan mellorar a actividade contractual
no sector, e iso debe ser realizado co convencemento de que todas as medidas e
criterios de homoxeneidade, ademais dun encontro coa eficacia e unha emenda á disparidade, son o instrumento imprescindible para lograr
un mellor desenvolvemento das políticas públicas e salvagardar a seguridade xurídica tan cuestionada nos
tempos que corren.
Agora ben, para poder falar dunha xestión
pública eficiente, é condición sine qua non, pór coto á arbitrariedade que representa o abusivo nomeamento de persoal de libre designación ou de
confianza política para cubrir postos como cargos directivos, mesmo como responsables
directos de baremación das ofertas de licitación nos negociados de contratación, é dicir, hai que erradicar a mala
práctica do intrusismo existente,
e devolver aos habilitados profesionais
os labores que lles son propios, deixando que as tendencias e arbitrariedades
dean paso á imparcialidade e
obxectividade necesaria, debendo empezar
por prohibir a utilización do
sistema de libre designación para prover posto de natureza técnica, máximo naqueles puntos críticos que levan
implícito a toma de decisións de
carácter económico, en razón aos prexudiciais resultados que acompañan a
tal práctica.
A deterioración institucional ten excedido
o límite do levadío, e os únicos responsables son, quen tendo competencias conferidas en materia de goberno, por acción ou omisión, posibilitaron o apoxeo do decadente. É dicir,
os políticos en exercicio, que co seu silencio e complicidade admitiron a posta
en corentena das regras legais,
desgorecendo a actividade de goberno
máis vulnerable á corrupción, como resulta ser a contratación, ou no seu caso,
tomando participación directa na mesma como o demostra a súa cada vez mais rutineira
implicación.
As arriscadas decisións en materia de contratación, en
ocasións xeran outros danos colaterais
que ten como principais e directos
prexudicados aos residentes da contorna de actuación do contrato, sendo
múltiples os referentes de contraste na
extensión da nosa xeografía, e como mostra aleatoria tomemos no Concello de Ferrol, as obras
incluídas no Plan Urban, desafortunada adxudicación, cuxos traballos foron
interrompidos ao pouco tempo do seu inicio por manifesta
incapacidade do contratista, dándose o paradoxo que esta resultase adxudicataria, despois de que a Mesa de Contratación nun
inadmisible contrasenso, rexeitase as
xustificacións achegadas por unha
empresa local en defensa da súa oferta, na que constataba de forma
irrefutable contar cos dispoñibles materiais e medios humanos suficientes para
levar a termo o conxunto das obras.
Cando isto ocorre, a técnico redactora dos informes e os membros
da Mesa de Contratación, deben asumir directamente as súas
responsabilidades, evitando camuflar as
mesmas tras o soporte abstracto da administración, pois
actualmente a evasión cotiza á baixa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario