PUBLICADO17/03/2012 EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; Faro de Vigo; La Región; Atlántico Diario; Globedia
Sen ter
realizado un estudo de contraste sobre os desamaños do municipalismo, afastados do mínimo rigor,
algúns políticos temerarios cun atrevemento delirante, suplen seu evidente descoñecemento en materia con ridículas formulacións que tentan transformar en alternativas , para
remediar, o que se resolve doadamente cun mínimo de sentido común.
Tras a euforia
anexionista que nos últimos
días tomou protagonismo a través da cómica representación dun simulacro de fusión entre dous concellos da provincia coruñesa, polo insólito das formas e a inconveniencia do procedemento, os
promotores de semellante parodia,
nunha algarabía inaudita, superaron o colmo do disparate e no canto de esixir o que en
dereito lles corresponde aos municipios,
renuncian a iso, e nun papel de comparsas
préstanse a seguir camuflando a
marxinación financeira dos entes locais, tras a falacia redentora dunha agrupación
intermunicipal, paradigma, que
como solución interesada, prodigan os responsables políticos das institucións
da xerarquía administrativa superior.
Sen dúbida que unha das cousas mais caras do país é a política,
pero en contraste, a seriedade
é gratuíta, por tanto sexamos serios
e deixémonos de ficcións
políticas, e en correspondencia á
exactitude, por composición de lugar, refiramos , que co 13,1%,
os concellos son as administracións
que menos gastan fronte ao 36% das
autonomías e o 50,9% da Administración central.
Con todo, o
escandalosamente curioso, é, que en atribución ás competencias que lles son
propias, o gasto obrigado das entidades locais, tería establecido o seu
efectivo real ao redor dunha
contía do 9,1% de pertenza, posto
que o diferencial excedido, é
atribuíble a "gastos
impropios", xerados pola prestación
de servizos alleos ao marco da competencia municipal, sendo estes, en virtude
do artigo 148 da Constitución, obrigación
atribuíble ás autonomías, ou na súa falta, facultade imputable ao Estado
central.
É dicir, as institucións locais, por ese carácter de
administración máis próxima ao cidadán,
contra a súa propia obrigación, pola
demanda dunha realidade social emerxente, ten consolidada
como propia a arbitraria prestación
duns servizos, cuxa execución non
dispón de financiamento de acompañamento, extremo, que xera nos concellos
unha diminución dos seus fondos propios en vantaxe das administracións
superiores, provocando un desfasamento,
que alcanza un importe de 9000
millóns de euros ano, e que por prórroga
de continuidade no tempo, paulatinamente, foi acumulando un desequilibrio que
provocou tensións
orzamentarias, abocando a estas
institucións, a unha situación límite que derivou nunha insuficiencia financeira de cuño exóxeno, pois en contraste de mesura , cabe referir
que a moderación da participación dos entes locais no Gasto
Público é manifesto, e proba diso, represéntao
a súa porcentaxe de concorrencia
que escasamente pasou dun 11%
do 1979, ao 13,1% da actualidade.
Para acentuar a complexidade do exposto, cabe sinalar, que coa entrada en escena da crise, o
impacto da súa prexudicial influencia, agravou aínda máis os complicados
problemas estruturais das Corporacións
Locais, especialmente, os relativos
á súa vía financeira, influídos por, a brusca redución dos seus ingresos, a
limitación do nivel de endebedamento, a
restrición pola aplicación de criterios
de estabilidade orzamentaria e por último, a contención forzada por
ter que cinguirse ao obxectivo máximo do déficit público, é
dicir, un cúmulo de barreiras que despois de 30 anos de marchas forzadas,
acendeu a alarma para indicar que o
mecanismo local pasouse de voltas.
A situación é insustentable e o tempo de prorroga
está esgotado. O contexto demanda sen máis dilación abordar con carácter urxente
unha reforma en profundidade das administracións locais, fixando dous obxectivos
concretos; a xurisdición do seu marco competencial e o patrón financeiro de aplicación en atención a premisas de suficiencia e
equidade distributiva, caso contrario, de proseguir
na actual dinámica, destinando a
cuarta parte dos fondos propios á
xestión e financiamento de competencias
alleas, a insuficiencia económica acabará asfixiando a debilitada operativa funcional duns
concellos que para maior sarcasmo atópanse á cola de Europa en materia de financiamento e
competencias.
Esta é a única realidade que hai
que asumir e a dirección política que se
debe tomar. Non resultando de recibo que se tente remediar o conflito, utilizando como escapatoria, a rocambolesca alternativa
da fusión municipal, por canto, ademais de ser unha formulación ineficaz e absurda, delata a existencia de intereses espurios , ao coincidir os seus promotores , con quen,
desde a xefatura de
administracións superiores eluden
cumprir as súas obrigacións cos
municipios, contando coa subordinación
de apoio duns concellos, que polo visto,
parecen non ter alcalde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario