9 jul 2011

URBANISMO: UNHA INELUDIBLE URXENCIA


PUBLICADO Diario de Ferrol; sábado, 9 de xullo  2011
PUBLICADO La Región; sábado, 9 de xullo    2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; sábado, 9 de xullo    2011
PUBLICADO La Opinión -A Coruña; sábado, 9 de xullo   2011




Neste país, ter a improvisación por norma resulta un todo  habitual, sendo verificable comprobar, como a sistematización non afai ser a paradigma do noso esquema de funcionamento, máis ben ao contrario, pois é  de transcendencia  habitual   a carencia  de métodos e a ausencia de regras, impóndose  como expoñente predominante a  tendencia proclive  a evadir   a disciplina. 


Aquí,  ao intuitivo  e ao  presentimento, outórgaselles maior avaliación   que á planificación ou ao ordenamento, e iso é un despropósito que  motiva un malgaste de desorganización  e unha saturación   de deficiencias,  sendo reflexo de tal afirmación  a cómplice existencia dunha   fatal dualidade, significada polo oficializado impedimento na articulación de proxectos  e a dificultade,  para pór en marcha solucións paliativas  de inicio  á reactivación económica.


É notorio que a clase política padece  pandemia teorizante, e iso  provoca que no seu afán protagonista,   fixen no seu pensamento  multitude de criterios e teorías  sobre os factores indutores   da crise, e a pesar da diverxencia nos  contidos de apreciacións, probablemente a  interrelación entre todas elas, aproxime rigor ao contraste da causa co  efecto.


No entanto, aínda sendo necesaria  a reflexión e a análise para establecer un punto de partida sólido e fiable, sen risco a incorrer  en novos despropósitos, urxe excesivamente,  a concorrencia na planificación de solucións vigorosas, pero a situación pide celeridade, e en correspondencia, temos  de suplir os supostos   polas   solucións específicas, pois se esgotou o tempo de conxecturas, agora  o que  resulta evidente, é que a oscilación da crise se move  entre un factor espacial  e outro temporal, e en razón a esta conclusión, o noso país mantense inmobilizado e o tempo transcorre.


Hase de referir  que nos  axitados tempos que vivimos, os perniciosos avatares da crise non deixaron  inmune  á ordenación territorial como concepción multidisciplinar determinante  do uso e  ocupación do solo, e para xustificar esa concreción, temos que  traer  a colación, o feito,   de que a filosofía que deu corpo ao modelo  urbanistico predominante até a entrada da crise, estivo baseada na euforia do    desarrollismo” dos anos oitenta, cuxa concepción máis destacable  era o  crecemento sen límites, sendo iso, o motivo determinante que a tempo presente  os  plans xerais  dos  nosos municipios, inspirados  naquel esquema desaforado, polo sinal do transo, situáronse no sobre-dimensionamento e na reciprocidade, que ademais de promover un  desfasamento coa realidade, esgotaron validez e anularon  eficacia, por mais lemas propagandísticos e discursos ateigados de sustentabilidade que os profesionais da desfeita  queiran  engadirlle. 


Debemos ter presente  que o peso da  actual crise tivo as súas causas e as súas consecuencias no territorio, e que por tanto deben buscarse solucións desde idéntico ámbito, habendo de entender así mesmo que  á marxe  de aspectos de índole socioeconómico, a propia crise asignoulle  ao territorio un  indubidable papel protagonista, en razón  á súa condición de estrutura espacial da función humana e  da súa relación de dependencia coas formas e modos de produción.


En consecuencia, a formulación de saídas á crise, pasa inicialmente por repensar o urbanismo en clave esencial, para  articular un novo modelo  territorial que necesariamente vén obrigado a un axuste á realidade dos tempos, sobre a premisa de recuperar a austeridade, imprimindo  moderación aos   novos crecementos en preferencia pola  consolidación do existente, pois o urbanismo precisa un cambio de enfoque que debe estar incentivado de racionalidade e  coherencia, coa incorporación de cambios nos  modelo produtivo capaces de erradicar   os factores que nos levaron  á situación da crise actual.

Sobre o particular, os poderes públicos en atribución ás competencias que lles son propias, están obrigados  a abandonar o  actual estado  de preguiza no que están sumidos, e alternativamente, correspóndelles  exercer liderado coordinador, na  apertura dun debate participado de xeito variado    por axentes técnicos, sociais e económicos,   ao redor da incidencia da crise no territorio, por canto tal análise resulta obrigado en aras a lograr un consenso harmonizado no deseño e reformulación  dun novo modelo territorial de futuro, como fórmula apropiada para anticipar solucións á problemática derivada da crise, e deste xeito, evitar estacionamentos prolongados na  presente encrucillada, e mesmamente, remediar coa debida antelación as  consecuencias e custos sociais  que puidese inducir a falta de actuación.



No hay comentarios:

Publicar un comentario