PUBLICADO Diario de Ferrol; sábado, 23 de xullo 2011
Sen dúbida que a parroquia de Perlío do concello de Fene, foi un dos referentes máis significativos nos cambios territoriais habidos na comarca durante o pasado século XX, iniciando a súa transformación co nacemento do ciclo centenario, pois foi no ano 1900 cando se inicia o proxecto de implantación da rede ferroviaria Betanzos - Ferrol, despois dunha longa espera, tendo en conta que os problemas burocráticos mantiveron estancado o proxecto por un período de 50 anos, ata que o betanceiro ministro Laureano Linares Rivas deu o impulso decidido para levantar aquel veto “oficinesco” e posibilitar o inicio das obras.
Aspecto curioso representábao o emprazamento da estación ferroviaria cuxa localización era coincidente, co emprazamento da marquesiña que en tempos recentes a ADIF instalou na plataforma como cutre apeadeiro, sendo curioso que devandito enclave estivese situado mesmo ao comezo dunha pronunciada pendente no trazado da rede, aspecto único e contraditorio coas directivas das construcións ferroviarias, pero tal extremo neste caso tan só foi o testemuño determinante de que sempre hai a excepción que confirma a regra .
A casa matriz que construíra ao bordo do Río Cádavo, na parcela hoxe en día ocupada polas Vivendas de San Valentín de Perlío, era un expoñente de capacidade e riqueza, un conxunto onde ademais da exquisitez arquitectónica da vivenda principal, contaba con outra encostada para uso e estancia dos caseiros, habendo de engadir ao complexo residente a existencia de edificacións auxiliares, cortellos, carruaxes, etc., así como unha ordenada e coidada horta nas leiras anexa.
PUBLICADO La Región ; sábado, 23 de xullo 2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; sábado, 23 de xullo 2011
PUBLICADOLa Opinión -A Coruña; sábado, 23 de xullo 2011
PUBLICADO Galicia Confidencial; sábado, 23 de xullo 2011
PUBLICADO
Sen dúbida que a parroquia de Perlío do concello de Fene, foi un dos referentes máis significativos nos cambios territoriais habidos na comarca durante o pasado século XX, iniciando a súa transformación co nacemento do ciclo centenario, pois foi no ano 1900 cando se inicia o proxecto de implantación da rede ferroviaria Betanzos - Ferrol, despois dunha longa espera, tendo en conta que os problemas burocráticos mantiveron estancado o proxecto por un período de 50 anos, ata que o betanceiro ministro Laureano Linares Rivas deu o impulso decidido para levantar aquel veto “oficinesco” e posibilitar o inicio das obras.
Vista da Estación desde a Estrada da Palma |
Á marxe da súa tipoloxía arquitectónica que obedecía á uniformidade do clásico estilo ferroviario, o conxunto dos edificios deste equipamento ( Estación, Almacén), tiña a excepcionalidade de ser o único en todo o trazado do ramal cunha distribución en planta sen coincidencia co estándar, por canto, súa representación en obra, alteraba a constante análoga da posición lineal da totalidade das estacións, impóndose un formato de desdobramento edificatorio a ambas as marxes da vía
O que pode resultar descoñecido, é que o devandito emprazamento, foino, por imperativo de influencias persoais, tendo en conta que orixinariamente, a estación tiña a súa localización prevista na planicie de Tellerias, pertencente á veciña parroquia de Fene (ao sur do actual barrio de San Valentín). O influente capaz de impor a variación non foi, outro que don Aquilino E. Alonso, coa curiosa coincidencia, que o marco territorial de recolocación, era da súa pertenza, do mesmo xeito que a gran maioría do parcelario contiguo incluídos, como aconteceu ser os solos da estrada da estación que posteriormente levaría o nome da súa dona Antonia Montero.
Pero si podemos insinuar os supostos beneficios que quixo cobrarse este xerarca coa implantación do servizo ferroviario, en lóxica neutral, tamén debésemos mencionar os prexuízos ocasionados, por canto a rede ferroviaria, creou dous ámbitos ou fraccionamento nos 1,2 Km do seu discorrer parroquial, e aínda que súa afección foi xeral, por dimensión do nivel de afección, os estragos ocasionados ao seu patrimonio, tomaron maior escala, por canto, a traza viaria resolta a través dun recheo en noiro, partiu en dous a ampla extensión dos seus dominios, que desde a súa vivenda, alcanzaban a localización da súa Ostreira a 600 m, de distancia, que viría de estar hoxendía á altura do a cabeceira do taller de bloques planos de Astano,
Aquela alteración territorial, deu orixe a un novo reordenamento dos tránsitos, construíndose unha rede viaria alternativa ( Estrada da Estación, orixe da Rúa Hortelá, actual traza da Rúa da Torre) Casa matriz (Hoxe ubicación vivendas de San Valentín - Perlío) |
A conexión coa esfera do poder daquel recadador de impostos que chegado doutras latitudes de sur galaico asentara seu feudo na parroquia, resultaba evidente, e unha mostra diso confírmao a excepcionalidade dun testemuño sen parangón, tal resulta, que antes da inauguración oficial do ramal Ferrol-Betanzos en 1913, o 4 de Febreiro de 1.912, un tren especial que trasladaba ás súas maxestades os reis Alfonso XIII e Vitoria Eugenia á cidade departamental para asistir á botadura do acoirazado España, aínda levando itinerario directo, detense en Perlío, para que Aquilino E. Alonso e súa consorte, rendan recoñecemento ás súas maxestades e fáganlle entrega á raíña dun ramo de flores.
Por esta anécdota, ferroviaria, sería doado encadrar a este persoeiro como un expoñente do mais rancio caciquismo, pero non é aconsellable facer xuízos de valor sen coñecer en profundidade a realidade dos seus feitos e o mérito do seu compromiso social, quizá sabéndoo, alguén caería na conta porque nun concello como Fene de consolidados hábitos democráticos, a tempo presente, unha das súas rúas mantén o nome de Aquilino E. Alonso e outra o da súa dona que o fora, Antonia Montero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario