PUBLICADO Diario de Ferrol; sabado, 26 de marzo del 2011
Pero ironías á parte, o que a tempo presente resulta lastimosamente incontestable é que a pesar do estancamento inmobiliario, na nosa comunidade os supostos de vulneración da legalidade urbanística seguen sendo cabeceira dos medios informativos, coa diferenza, de que agora a paternidade da súa autoría non recae no clásico prototipo representado por un suxeito mercantilistas de moral despistada e ambición desmedida, senón que na actualidade, a paternidade vén a recaer, en quen, polo seu distinguido rango político debese ser un expoñente exemplificante para o conxunto da sociedade e que de orixe tería que supoñérselle libre de toda sospeita.
Pois ben, á vista dos particulares circunstancias que envolven a nova realidade urbanística, podemos referir que resulta inaudito, que os que ostentan cargos de responsabilidade nas institucións públicas, e polo tanto son obrigados vixilantes do cumprimento do marco normativo, contrariando tal obriga, se posicionen o extremo oposto tomando parte da comisión do delito.
Pero a xulgar polos feitos tal controversia leva implícito o acompañamento, da alarma social que se manifesta cando a pesar de incorrer en vulneración, o político asociado aos acontecementos, en vez de asumir o seu erro de inobservancia da disciplina urbanística, defende no seu descargo o criterio de que non toda infracción urbanística debe dar lugar á comisión dun delito, e se tal se tal argumento senta aceptación de defensa, o agravio comparativo está servido e por extensión a iteración mimética do delito será unha constante.
Aquí non caben tratos preferentes e por conseguinte sobran pretextos e subterfuxios, o que un político ha demostrar no seu exercicio de defensa da cousa pública, ha ser viva manifestación de rectitude e integridade, non esquecendo, que urbanisticamente aos cidadáns da pé soamente se lles sanciona administrativamente, pero cando son os responsables políticos quen incumpren impútanselles delitos de prevaricación.
A presunción de inocencia é unha xeneralidade sen pertenza expresa, á cal ten dereito de acollemento mesmo quen realiza actuacións urbanísticas nun pazo da súa propiedade sito no ourensán concello de San Amaro, aínda que para iso, non dispuxese da preceptiva licenza de obras como acto regulado, nin tampouco tivera liquidado as taxas acorde á base impoñible do investimento efectivo.
Asístelle igualmente o dereito a facer caso omiso das inspeccións legais, intentar evadirse da disciplina urbanística e a manifestar que patrimonialmente está a ser obxectivo dunha persecución política, pois a xenialidade da presunción de inocencia achega estas grandes vantaxes, e a grandeza da democracia admite que un personaxe con semellante curriculum sexa o máximo responsable da oposición no parlamento de Galicia.
O verdadeiramente antagónico é que todo este aparato teña a súa orixe en terras de Ourense, provincia á que os socialistas teñen bautizado como a fabrica do caciquismo da dereita, pero que a xulgar polas peripecias do seu líder, parece existir un natural trabase á esquerda.
En resumo, ante a satisfacción colectiva de socialismo galaico e a condición valedora do ministro Pepe Blanco, non serei eu quen exerza de intruso en cuestións internas e cuestione a solvencia apropiada de Pachi Vázquez, tan só comentarei que tamén o PP tivo un tal Hernández Mancha e a xulgar polos feitos sempre hai un roto para un descosido.
O que resulta incuestionable á marxe das anécdotas, é que a protección da legalidade urbanística, ademais do plano xurídico, debese vir arroupada por un código ético e a observancia estrita ás determinacións dos plans urbanísticos, evitando o que acontece nesta bisbarra, onde algunha administración responsable á parte de non exerce súas potestades participa e tolera situacións de grave ilegalidade urbanísticas, pero sobre iso falarei na próxima entrega.
Ademais dunha obviedade perceptible, resulta contrastable o feito que as infraccións urbanísticas descenderon en razón á inactividade do sector inmobiliario, e como queira que actualmente a función se encontra en situación de parálise irremediable, aqueles repetidos titulares de prensa denunciando reiteradamente escándalos urbanísticos encadeados, teñen pasado a formar parte da hemeroteca; pois agora en aparencia, o inexistente desenvolvemento territorial resulta ser sostible e o desuso dos recursos naturais aparentemente un todo racional, sarcásticas circunstancias, que sumadas á decadencia de especuladores, habería de ser remedio abondo para poñer en clave de historia lexendaria a axitada situación urbanística de épocas pretéritas.
Pero ironías á parte, o que a tempo presente resulta lastimosamente incontestable é que a pesar do estancamento inmobiliario, na nosa comunidade os supostos de vulneración da legalidade urbanística seguen sendo cabeceira dos medios informativos, coa diferenza, de que agora a paternidade da súa autoría non recae no clásico prototipo representado por un suxeito mercantilistas de moral despistada e ambición desmedida, senón que na actualidade, a paternidade vén a recaer, en quen, polo seu distinguido rango político debese ser un expoñente exemplificante para o conxunto da sociedade e que de orixe tería que supoñérselle libre de toda sospeita.
Pois ben, á vista dos particulares circunstancias que envolven a nova realidade urbanística, podemos referir que resulta inaudito, que os que ostentan cargos de responsabilidade nas institucións públicas, e polo tanto son obrigados vixilantes do cumprimento do marco normativo, contrariando tal obriga, se posicionen o extremo oposto tomando parte da comisión do delito.
Pero a xulgar polos feitos tal controversia leva implícito o acompañamento, da alarma social que se manifesta cando a pesar de incorrer en vulneración, o político asociado aos acontecementos, en vez de asumir o seu erro de inobservancia da disciplina urbanística, defende no seu descargo o criterio de que non toda infracción urbanística debe dar lugar á comisión dun delito, e se tal se tal argumento senta aceptación de defensa, o agravio comparativo está servido e por extensión a iteración mimética do delito será unha constante.
Aquí non caben tratos preferentes e por conseguinte sobran pretextos e subterfuxios, o que un político ha demostrar no seu exercicio de defensa da cousa pública, ha ser viva manifestación de rectitude e integridade, non esquecendo, que urbanisticamente aos cidadáns da pé soamente se lles sanciona administrativamente, pero cando son os responsables políticos quen incumpren impútanselles delitos de prevaricación.
A presunción de inocencia é unha xeneralidade sen pertenza expresa, á cal ten dereito de acollemento mesmo quen realiza actuacións urbanísticas nun pazo da súa propiedade sito no ourensán concello de San Amaro, aínda que para iso, non dispuxese da preceptiva licenza de obras como acto regulado, nin tampouco tivera liquidado as taxas acorde á base impoñible do investimento efectivo.
Asístelle igualmente o dereito a facer caso omiso das inspeccións legais, intentar evadirse da disciplina urbanística e a manifestar que patrimonialmente está a ser obxectivo dunha persecución política, pois a xenialidade da presunción de inocencia achega estas grandes vantaxes, e a grandeza da democracia admite que un personaxe con semellante curriculum sexa o máximo responsable da oposición no parlamento de Galicia.
O verdadeiramente antagónico é que todo este aparato teña a súa orixe en terras de Ourense, provincia á que os socialistas teñen bautizado como a fabrica do caciquismo da dereita, pero que a xulgar polas peripecias do seu líder, parece existir un natural trabase á esquerda.
En resumo, ante a satisfacción colectiva de socialismo galaico e a condición valedora do ministro Pepe Blanco, non serei eu quen exerza de intruso en cuestións internas e cuestione a solvencia apropiada de Pachi Vázquez, tan só comentarei que tamén o PP tivo un tal Hernández Mancha e a xulgar polos feitos sempre hai un roto para un descosido.
O que resulta incuestionable á marxe das anécdotas, é que a protección da legalidade urbanística, ademais do plano xurídico, debese vir arroupada por un código ético e a observancia estrita ás determinacións dos plans urbanísticos, evitando o que acontece nesta bisbarra, onde algunha administración responsable á parte de non exerce súas potestades participa e tolera situacións de grave ilegalidade urbanísticas, pero sobre iso falarei na próxima entrega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario