PUBLICADO Diario de Ferrol; sabado, 02 de abril del 2011
Nun concello onde o sistema de relación institucional entre os representantes políticos e o corpo de funcionarios resulta ser apropiado, a estabilidade acompaña a vida municipal e os resultados tradúcense na inexistencia de infraccións, e xa que logo, a limpeza dos procedementos é inmaculada; pero se circunstancialmente o concello en cuestión correspóndese co de Fene, entón, ocorre que por acción ou omisión, a súa maioría de esquerdas, “progresista de comenencia” PSOE, BNG e EU, confunden interesadamente meridianos con paralelos e esta alteración de coordenadas sitúalles nas antípodas da legalidade.
Nesta planificada confusión, todo apunta á inexistencia de informes preceptivos dos técnicos competentes, carencia, que sen estar exenta de responsabilidades, aparenta ser o amparo político para promover impunemente, vía temeridade, unha ampla sucesión de actuacións desaxustadas a dereito.
Pero se transcende como contraditorio que tales circunstancias ocorran nun concello gobernado historicamente por unha esquerda, cuxos membros na oposición fanse copartícipes de infraccións, mentres alardean de valores sociais e conduta política intachable, mais contundente resulta precisar, que a repetida inobservancia, ademais da implicación do propio Alcalde como máximo mandatario e demais membros do seu goberno, ten na persoa do concelleiro de urbanismo seu máximo causante.
Agora a este edil, pertencese que non á Comisión de Goberno, aparte da esixencia de responsabilidades derivadas de supostos actos de ilegalidade, antóllase obrigado resucitarlle súa condición de cabecilla na cruzada interposta noutrora contra o veciño concello de Mugardos, polo outorgamento regulado e axustado a disciplina da licenza para o asentamento da planta de Reganosa.
Toda unha mostra de inconsecuencia por canto nun exercicio de imprudencia, agora, vén destapar que súas denuncias a terceiros entraban en colisión coa anarquía que sustenta seu facer en propio feudo.
Aquela desmaña moral sen fundamento, utilizada para levar seus antecesores ante os tribunais con resultado de absolución, os falsos testemuños contra os seus opositores instigando quebrantos persoais e o todo vale usual, foi o método que presidiu a turbia conduta de quen leva na súa xenética política, identidade desertora, léase senón a súa mutación militante.
Baixo esta tutela, en Fene veuse de substituír a disciplina pola arbitrariedade, e o Plan Xeral de Ordenación como carta magna determinante das directivas do facer municipal, atropélase a cotío, sentando precedente súa aplicación cando compete a intervencións públicas, por canto, goza dun singular código de tolerancia que converte en atípico o planeamento xenuino, razón que recomenda urxente intervención fiscalizadora e correctora en evitación de danos e prexuízos derivados.
Coa autoría do goberno local do PSOE e o silencio cómplice do afín compadreo de EU e o BNG, tanto se posibilita achicar a sección viaria dunha travesía urbana de alta densidade, como camuflar unha actuación de nova apertura tras un expediente de rebacheo, diversificando disparates coa entrega a un terceiro de solo público sen probada pertenza nin titulo xustificativo de propiedade, ou para superar o colmo do paradoxal, ser a propia administración quen a través dunha adxudicación de obra, semella ter utilizado diñeiro público para realizar actuacións de carácter privativo. etc.,etc.
Non deixando ser un feito colateral, a coincidencia, que os beneficiarios de certas atrocidades urbanísticas, manteñan relación parental con activos militantes da esquerda municipal.
Pero se o ata agora consumado reclama luz e taquígrafos en vía de expurga de responsabilidades, resulta que o marco das inconsecuencias non ten moderación, sendo capaces a tempo presente de sacar a exposición pública proxectos de rango supra municipal que contraveñen o réxime normativo.
Fene, que urbanisticamente ten navegado desde o ano 79 con ruta fixa e probada estabilidade, nos últimos tempos, coa toma do mando dun inexperto capitán e o enrolamento dunha tripulación sen oficio, polas súas malas artes de estiba, corréuselles a carga, provocando unha perigosa escora a babor que ameaza con botar a pique aquel navío que en razón da súa eslora, fora o buque insignia do municipalismo galego.
É de todos coñecido que os políticos locais para non incorrer en despropósitos ou incoherencias en materia de lexislación, teñen garantida asistencia a través dun staff de funcionarios de carreira, dispostos a impartir asesoraría técnico - xurídica nos procedementos administrativos de cantas actuacións e acordos promovan os gobernantes, séndolles obrigado igualmente advertir aos membros do executivo municipal dos supostos de ilegalidade, cando estes, veñan dispostos a realizar actos ou contraer compromisos desaxustados do ordenamento xurídico.
Nun concello onde o sistema de relación institucional entre os representantes políticos e o corpo de funcionarios resulta ser apropiado, a estabilidade acompaña a vida municipal e os resultados tradúcense na inexistencia de infraccións, e xa que logo, a limpeza dos procedementos é inmaculada; pero se circunstancialmente o concello en cuestión correspóndese co de Fene, entón, ocorre que por acción ou omisión, a súa maioría de esquerdas, “progresista de comenencia” PSOE, BNG e EU, confunden interesadamente meridianos con paralelos e esta alteración de coordenadas sitúalles nas antípodas da legalidade.
Nesta planificada confusión, todo apunta á inexistencia de informes preceptivos dos técnicos competentes, carencia, que sen estar exenta de responsabilidades, aparenta ser o amparo político para promover impunemente, vía temeridade, unha ampla sucesión de actuacións desaxustadas a dereito.
Pero se transcende como contraditorio que tales circunstancias ocorran nun concello gobernado historicamente por unha esquerda, cuxos membros na oposición fanse copartícipes de infraccións, mentres alardean de valores sociais e conduta política intachable, mais contundente resulta precisar, que a repetida inobservancia, ademais da implicación do propio Alcalde como máximo mandatario e demais membros do seu goberno, ten na persoa do concelleiro de urbanismo seu máximo causante.
Agora a este edil, pertencese que non á Comisión de Goberno, aparte da esixencia de responsabilidades derivadas de supostos actos de ilegalidade, antóllase obrigado resucitarlle súa condición de cabecilla na cruzada interposta noutrora contra o veciño concello de Mugardos, polo outorgamento regulado e axustado a disciplina da licenza para o asentamento da planta de Reganosa.
Toda unha mostra de inconsecuencia por canto nun exercicio de imprudencia, agora, vén destapar que súas denuncias a terceiros entraban en colisión coa anarquía que sustenta seu facer en propio feudo.
Aquela desmaña moral sen fundamento, utilizada para levar seus antecesores ante os tribunais con resultado de absolución, os falsos testemuños contra os seus opositores instigando quebrantos persoais e o todo vale usual, foi o método que presidiu a turbia conduta de quen leva na súa xenética política, identidade desertora, léase senón a súa mutación militante.
Baixo esta tutela, en Fene veuse de substituír a disciplina pola arbitrariedade, e o Plan Xeral de Ordenación como carta magna determinante das directivas do facer municipal, atropélase a cotío, sentando precedente súa aplicación cando compete a intervencións públicas, por canto, goza dun singular código de tolerancia que converte en atípico o planeamento xenuino, razón que recomenda urxente intervención fiscalizadora e correctora en evitación de danos e prexuízos derivados.
Coa autoría do goberno local do PSOE e o silencio cómplice do afín compadreo de EU e o BNG, tanto se posibilita achicar a sección viaria dunha travesía urbana de alta densidade, como camuflar unha actuación de nova apertura tras un expediente de rebacheo, diversificando disparates coa entrega a un terceiro de solo público sen probada pertenza nin titulo xustificativo de propiedade, ou para superar o colmo do paradoxal, ser a propia administración quen a través dunha adxudicación de obra, semella ter utilizado diñeiro público para realizar actuacións de carácter privativo. etc.,etc.
Non deixando ser un feito colateral, a coincidencia, que os beneficiarios de certas atrocidades urbanísticas, manteñan relación parental con activos militantes da esquerda municipal.
Pero se o ata agora consumado reclama luz e taquígrafos en vía de expurga de responsabilidades, resulta que o marco das inconsecuencias non ten moderación, sendo capaces a tempo presente de sacar a exposición pública proxectos de rango supra municipal que contraveñen o réxime normativo.
Fene, que urbanisticamente ten navegado desde o ano 79 con ruta fixa e probada estabilidade, nos últimos tempos, coa toma do mando dun inexperto capitán e o enrolamento dunha tripulación sen oficio, polas súas malas artes de estiba, corréuselles a carga, provocando unha perigosa escora a babor que ameaza con botar a pique aquel navío que en razón da súa eslora, fora o buque insignia do municipalismo galego.
Con semellante historial, a confianza electoral na esquerda, resulta lóxico cotice á baixa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario