PUBLICADO Diario de Ferrol; sabado, 30 de abril del 201
Desde os primeiros comicios do 3 do abril do 1979, por esa realidade evidente de ser a administración máis próxima ao cidadán, as competencias adxudicadas aos municipios sufriron unha alteración substancial, pasando da orixinal prestación de servizos básicos que determinaba o regulamento xurídico da época, á asunción das conferidas na actual realidade, que converte aos entes públicos locais, en estruturas revestidas de xurisdición pero espidas de eficacia, por canto a asunción de novos labores desde súa orixe non foi asistido da transferencia ou habilitación económica necesaria.
Tal eventualidade propiciou un déficit inducido, que resultando ser sen paliativos unha incongruencia desde unha óptica financeira, aínda tendo en descargo a tipoloxía ou encadre social da súa razón xeradora, por canto os desaxustes orzamentarios na materia, aínda provindo de actividades alleas ao marco de competencias, viñan empuxados polo desenvolvemento de actividades de primeira necesidade, emerxencia social ou accións formativas ocupacionais, etc., etc.
Pero isto acontecía no período 79 -87, cando o expoñente de representación estaba conformado por uns persoeiros con entroncado compromiso social, por canto, na súa maioría foran parte dinámica do cambio ou transición, e por iso, nas súas actitudes políticas pesaba mais a inquietude e convicción que o interese crematístico.
É a partir desa etapa cando salvo contadas excepcións, na gran maioría de municipios, as políticas de contención do gasto público antóllase inexistente, ao proliferar o malgaste sufragado sobre contraídos de endebedamento que paradoxalmente foron utilizados para custear o gasto corrente, método, que converteu as fisuras contables de tempos pretéritos en anécdotas irrelevantes.
Nacía pois a fase negra do municipalismo, onde os representantes políticos rompían a moderación do gasto do período anterior para instaurar o endebedamento anacrónico como norma estable, e por riba, o mercantilismo da actividade política sobre emolumentos excedidos co acompañamento desaforado dun tropel de liberados, asesores e cargos políticos de confianza.
Agora cando se aveciñan os novos comicios, é obrigado arquivar o guión da fantasía utilizada polos artífices da desfeita, pois a tempo presente, lamentablemente en razón os excesos cometidos, a insolvencia dos municipios toma dimensión xeneralizada, existindo casos no noso ámbito xeográfico, de circunstancias extremas que delatan ás claras situacións de quebra técnica, véndose recentemente obrigada a Federación de Municipios a mediar, para que certos concellos puidesen satisfacer o pago das nóminas do seu persoal.
Pero se a antesala dos comicios debese ser tempo reflexivo para erradicar a insensatez e marcar un distingo para o futuro dos municipios, resulta que contra toda lóxica os candidatos concorrentes colgan o código ético na percha da aparencia e por cativar o voto seguen escamoteando a realidade os electores.
Parece coma se alguén se negase asumir que en todo o que ocorre neste país a crise ten un papel estelar, por iso, pensar que os mercados financeiros que se cebaron sen compaixón desde mediados do 2008 coas economías domésticas e o trenzado produtivo, ían pasar no bico dos pés sobre as contas dos concellos, só podía ser concibido polos obxectores de testemuños, que resultan ser, os mesmos que manteñen un trato discriminatorio ás corporacións locais.
Un dos maiores responsables da situación correspóndelle a un asiduo visitante, que en época electoral parece sentir un especial atractivo por esta comarca e refírome ao vicesecretario do PSOE, Sr. Blanco, quen é consciente que a crise politicamente excedeulles, xa que logo, como súa incidencia é letal para os réditos do seu partido, o debate sobre a mesma debe erradicarse.
Mais, a quen non lle agradan as medias tintas e moito menos a falsificación do evidente, considera, que mais que ocultismos neste asunto, resulta absolutamente inaprazable a posta en marcha dunha actuación transparente e urxente, para instaurar un novo sistema de financiamento local que proporcione suficiencia e autonomía económica para os entes locais.
Mire vostede Sr. Blanco, para engano xa abondou co veto de Astano, agora xa non está o alcacer para gaitas, e recórdolle que o único que historicamente negou o pan e a sal a esta comarca foi súa organización política, e dicir, o PSOE.
Coa celebración electoral na próxima xornada do 22 de maio, formalmente márcase un novo fito na historia do municipalismo, pois coa finalización da oitava lexislatura xa son 32 os anos de continuidade democrática das corporacións locais do noso país, notable circunstancia, senón estivese enturbada pola coincidencia no tempo co peor dos escenarios que viven as facendas publicas locais.
Desde os primeiros comicios do 3 do abril do 1979, por esa realidade evidente de ser a administración máis próxima ao cidadán, as competencias adxudicadas aos municipios sufriron unha alteración substancial, pasando da orixinal prestación de servizos básicos que determinaba o regulamento xurídico da época, á asunción das conferidas na actual realidade, que converte aos entes públicos locais, en estruturas revestidas de xurisdición pero espidas de eficacia, por canto a asunción de novos labores desde súa orixe non foi asistido da transferencia ou habilitación económica necesaria.
Tal eventualidade propiciou un déficit inducido, que resultando ser sen paliativos unha incongruencia desde unha óptica financeira, aínda tendo en descargo a tipoloxía ou encadre social da súa razón xeradora, por canto os desaxustes orzamentarios na materia, aínda provindo de actividades alleas ao marco de competencias, viñan empuxados polo desenvolvemento de actividades de primeira necesidade, emerxencia social ou accións formativas ocupacionais, etc., etc.
Pero isto acontecía no período 79 -87, cando o expoñente de representación estaba conformado por uns persoeiros con entroncado compromiso social, por canto, na súa maioría foran parte dinámica do cambio ou transición, e por iso, nas súas actitudes políticas pesaba mais a inquietude e convicción que o interese crematístico.
É a partir desa etapa cando salvo contadas excepcións, na gran maioría de municipios, as políticas de contención do gasto público antóllase inexistente, ao proliferar o malgaste sufragado sobre contraídos de endebedamento que paradoxalmente foron utilizados para custear o gasto corrente, método, que converteu as fisuras contables de tempos pretéritos en anécdotas irrelevantes.
Nacía pois a fase negra do municipalismo, onde os representantes políticos rompían a moderación do gasto do período anterior para instaurar o endebedamento anacrónico como norma estable, e por riba, o mercantilismo da actividade política sobre emolumentos excedidos co acompañamento desaforado dun tropel de liberados, asesores e cargos políticos de confianza.
Agora cando se aveciñan os novos comicios, é obrigado arquivar o guión da fantasía utilizada polos artífices da desfeita, pois a tempo presente, lamentablemente en razón os excesos cometidos, a insolvencia dos municipios toma dimensión xeneralizada, existindo casos no noso ámbito xeográfico, de circunstancias extremas que delatan ás claras situacións de quebra técnica, véndose recentemente obrigada a Federación de Municipios a mediar, para que certos concellos puidesen satisfacer o pago das nóminas do seu persoal.
Pero se a antesala dos comicios debese ser tempo reflexivo para erradicar a insensatez e marcar un distingo para o futuro dos municipios, resulta que contra toda lóxica os candidatos concorrentes colgan o código ético na percha da aparencia e por cativar o voto seguen escamoteando a realidade os electores.
Parece coma se alguén se negase asumir que en todo o que ocorre neste país a crise ten un papel estelar, por iso, pensar que os mercados financeiros que se cebaron sen compaixón desde mediados do 2008 coas economías domésticas e o trenzado produtivo, ían pasar no bico dos pés sobre as contas dos concellos, só podía ser concibido polos obxectores de testemuños, que resultan ser, os mesmos que manteñen un trato discriminatorio ás corporacións locais.
Un dos maiores responsables da situación correspóndelle a un asiduo visitante, que en época electoral parece sentir un especial atractivo por esta comarca e refírome ao vicesecretario do PSOE, Sr. Blanco, quen é consciente que a crise politicamente excedeulles, xa que logo, como súa incidencia é letal para os réditos do seu partido, o debate sobre a mesma debe erradicarse.
Por tal motivo desde as competencias que lle atribúe súa xerarquía, promoveu un cambio na estratexia electoral do PSOE consistente na supresión de toda referencia á precaria realidade económica do país, e xa que logo á dos concellos.
Mais, a quen non lle agradan as medias tintas e moito menos a falsificación do evidente, considera, que mais que ocultismos neste asunto, resulta absolutamente inaprazable a posta en marcha dunha actuación transparente e urxente, para instaurar un novo sistema de financiamento local que proporcione suficiencia e autonomía económica para os entes locais.
Mire vostede Sr. Blanco, para engano xa abondou co veto de Astano, agora xa non está o alcacer para gaitas, e recórdolle que o único que historicamente negou o pan e a sal a esta comarca foi súa organización política, e dicir, o PSOE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario