PUBLICADO EN : Galicia Confidencial; La Opinión; Globedia
O contido da nova Lei de Protección da Infancia colisiona de cheo co acubillo deparado no seu día por Yolanda Díaz ao pedófilo de EU, obstaculizando con iso o obxectivo do Vicepresidente Iglesias de acadar un amplo consenso na súa aprobación polo Congreso.
O pasado martes o Consello de Ministros aprobou remitir ás Cortes Xerais o Proxecto de Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e a Adolescencia fronte á Violencia, como un texto que implanta a obrigación de protexer aos menores de idade, acorde ao establecido na Convención sobre os Dereitos do Neno, que foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en novembro de 1989 e ratificado por España un ano despois, e que ademais de estar incluído no Tratado de Lisboa é parte implícita da nosa Constitución.
A finalidade desta norma é establecer unha novo paradigma de prevención e protección común en todo o territorio do Estado fronte á transgresión de dereitos que significa a violencia sobre a infancia e a adolescencia para evitar así que ningunha conduta poida quedar impune.
Entre as múltiples e variadas medidas incluídas no seu texto toma especial relevancia os aspectos relacionados co abuso aos máis pequenos no marco da internet, pois a teor das investigacións practicadas polos corpos policiais que vixían estes delitos constatouse que no transcurso dos meses que levamos de pandemia intensificouse a proliferación do material pedófilo que circula polas redes, o que vén indicar que os pedófilos aproveitan a conxuntura en que os máis novos pasan máis tempo diante o computador para captar ás súas.vítimas,
Di o vicepresidente segundo e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias, que por tratarse dunha lei fundamental de protección dos dereitos da infancia o goberno envorcarase abertamente no trámite parlamentario para lograr que sexa “unha lei de amplo consenso”, pois ao seu entender as ideoloxías non teñen que separarnos á hora de contar cunha normativa que protexa aos nenos e nenas fronte á violencia
.
Iso debese ser un obxectivo fácil de lograr, pois á marxe de cal sexa a súa índole todo abuso sexual é execrábel, e moi especialmente o que afecta o ámbito infantil, por canto, o feito de roubar a inocencia a un neno, ademais do impacto traumático do momento, fai que quede maltreito para sempre converténdose nun adulto fracturado e con dificultosa reconstitución.
Pero en boa medida a consumación do consenso depende da calidade ética da representación política, e sobre o particular cabe indicar que aínda recoñecendo que desde as institucións déronse pasos para previr a propagación do abuso sexual a nenos, como así foi a instauración en marzo de 2016, do ‘Rexistro Central de Delincuentes Sexuais’ creado polo ministerio de Xustiza coa finalidade de protexer aos menores fronte á delincuencia sexual; resulta que xusto un mes despois da entrada en vigor do devandito Rexistro, o primeiro escándalo lonxe de estourar no ámbito do hampa, contra todo prognóstico estalou na propia sede do Parlamento Gallego.
Cando nun feito insólito Axentes da Policía Nacional detiñan a un militante de Esquerda Unida ( EU) por manipulación e transmisión de pornografía infantil nun computador da institución, resultando para maior envurullo que foi a por aquel entón deputada da cámara galega Yolanda Díaz quen lle acubillaba e tiña colocado como asesor .na oficina parlamentaria.
Non cabe a escapatoria de enmarcar o caso no contexto dunha actuación de ámbito privado, tendo en conta que o investigado lonxe de exercer de mero administrativo desempeñou funcións de marcada connotación política, tal como candidato á alcaldía de Santiago, ademais de cargo de máxima confianza asesorando a Esquerda Unida en Ferrol e no seu Concello e tamén desempeñando o papel de asesor do Grupo Parlamentario de AGE
E todo co agravante de advertencia previa, tendo en conta que sete anos antes o pedófilo en cuestión foi denunciado por dous militantes do partido que a pesar de achegar testemuños probatorios diante a agora Ministra Yolanda Díaz foron expulsados sen contemplacións da organización, aducindo que difundiran graves e falsas acusacións contra EU de Ferrol.
Tal como déronse os feitos quedan moitas incógnitas por resolver, moitas explicacións que dar, pero a por aquel entón máxima mandataria de Esquerda Unidade e directa responsable política do acontecido, rexeitou de forma reiterada dar as explicacións públicas que a situación esixía, e que a súa condición política impoñíalle, chegando inclusive ao extremo de facer caso omiso á petición de esclarecemento instada polos seus socios de coalición liderados por Beiras.
Turbia conduta que revela un comportamento que por envilecido detráelle toda solvencia política e o que é máis grave sitúalle politicamente en “tácita complicidade” co pedófilo, e por tanto, transfórmalle en responsable indirecta dos seus excesos.
Folga dicir por tanto que con semellante curriculum difícil vai ter o seu xefe de filas para ganduxar un consenso de referendo ao novo texto legal, que entre outras cousas establece o deber de denunciar este tipo de prácticas, é dicir, xusto o que ela cala .poñendo en cuestión o bo nome e a integridade que debe caracterizar o facer político da xente da Esquerda.
Rematar dicindo que esta medida lexislativa é coñecida tamén como a Lei Rhodes, en recoñecemento a un pianista británico radicado en España, que sufriu abusos sexuais no seu país cando tiña cinco anos.
Xa que logo, sería recomendable escoitar o seu parecer diante o labirinto que envolve estes feitos

No hay comentarios:
Publicar un comentario