PUBLICADO EN : Galicia Confidencial; La Opinión; Globedia
A iso hase de engadir que os
tres alcaldes das Mareas, que no 2015 proclamábanse panca da «unidade popular»,
agora percibindo o desastre electoral que se lles aveciña é cando volven polos
seus foros nun interesado intento de facerse co control de en Marea, utilizando
a necesidade de vitalizar o marco de confluencia como argumentación, aínda
cando á vista dos feitos máis aló de divisións, purgas ,conflitos e virulentas
animosidades que nada vantaxoso pode reportar, e xusto iso o o que percibe un
amplo sector do electorado
Ao perder a xustificación obxectiva que facilitou a constitución de en Marea, é inútil seguir gardando as aparencias cando máis aló da súa simulada convivencia harmónica o que percibe o electorado, non só non reporta en positivo senón que resta.
É habitual oír a expresión “leouse a de tirios e troianos” cando xorden desavinzas entre dous partidos ou embates entre prosélitos de opinións e intereses contrapostos.Cabe referir que a orixe desta locución parte da porfía que as cidades gregas de Tiro e Troia mantiñan polo control do mar Mediterráneo, é dicir un transfondo de marcado signo mareal como o que recentemente se “ leou” polo dominio de a en Marea galega, unha confrontación cuxa tensión leva camiño de converter en anécdota aquel encontrón entre os enclaves gregos.
A desavinza no seu seo é de tal envergadura que pesar da súa temperá idade pódese augurar sen risco ao equívoco que en Marea nada segundo os seus proxenitores con vocación de ser o “novo suxeito político” galego; pasado o tempo lonxe de cumprir esta función está máis próxima á súa disolución que ao seu afianzamento, e iso, en razón ao artificioso da súa conformación que lonxe de reunir as condicións para converterse nun espazo común e plural tentan lograr a uniformidade á conta de suprimir a singularidade intrínseca dos membros que a conforman.

E todo á marxe dun proceso
participativo real, e o enmascaramento da súa condición característica como
organización obscenamente vertical por tratarse dun ente opaco que utiliza como
modus operandi o máis rebuscado segredo.
Dinámicas propiciadas por unha cúpula dirixente que a pesar da súa mediocridade, lonxe de estar guiada polo interese xeral, seus membros seguen a facer da función política a súa solución de vida.
Dinámicas propiciadas por unha cúpula dirixente que a pesar da súa mediocridade, lonxe de estar guiada polo interese xeral, seus membros seguen a facer da función política a súa solución de vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario