PUBLICADO EN : Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Dedícollo, a
todos os que en Fene votan pola
esquerda
Aos tránsfugas que se autoproclaman de esquerdas en
Fene, pareceu non preocuparlles o mais mínimo que no debate da súa
compartida Moción de Censura co PP, a memoria do Alcalde fusilado no 36 estivese presente no hemiciclo.
Falta ben pouco para as 12 da mañá e o salón de plenos do concello de Fene está a rebordar, os asistentes acoden en masa
para ser testemuñas presenciais do desenvolvemento dunha sesión
histórica dun pleno extraordinario, onde o único punto da orde do día somete a debate e
a aprobación da corporación a moción de
censura interposta desde as filas de PP
co apoio tránsfuga de dous
concelleiros, que aliñados á esquerda nos comicios prestan
agora o seu apoio á dereita co ánimo de derrocar á coalición de goberno
conformada por EU e BNG,
e a saber que outras cousas mais.
Chéirase tensión
no ambiente, as murmuracións e
comentarios non apagan a percepción de disidencia entre os seguidores dos dous bandos en
contenda.
Os promotores da Moción xa nos seus escanos, sorrín e fanse chiscadelas de complicidade coma se anticipadamente celebrasen un
positivo desenlace do seu
obxectivo. A impaciencia vai en aumento
ante a ausencia dos concelleiros do grupo de Goberno que a tres minutos da hora de inicio seguen
sen facer acto de presenza
Na parede oposta á Presidencia do Pleno, enmarcados,
penden os retratos dos anteriores alcaldes da Corporación, entre eles
o do
fusilado Ramón Souto, de cuxos
ollos parece brotar unha bágoa
furtiva ao verse obrigado “ in memoriam”
a ser espectador da maior indecencia política cometida por un sector da
“esquerda” fenesa, nin mais nin menos que a mesma "esquerda", que meses
atrás conducía unha Moción
para honrar a súa memoria como
vítima do golpe de estado do 18 de Xullo do 36
.
Un recoñecemento
do que agora desertan ao actuar como sustentáculo do PP, deses
mesmos que se negan a reprobar as dexeneradas accións dos seus executores; pois
non temos de esquecer que corenta
e un anos despois, o partido que se
deitou franquista e espertouse demócrata, segue sen condenar en firme a
ditadura, como tampouco disentir dos
excesos cometidos polo desalmado
xeneraliño de Ferrol.
Sácame da meditación un sonoro e pechado aplauso co
que a maioría dos presente saúda a
entrada no salón do Alcalde
e a súa equipa de Goberno,
ovación que non só indica a correlación
de simpatizantes entre os bandos senón que
tamén anuncia o inicio da sesión.
Os prolegómenos da
mesma discorren de forma regrada sen que en ningún momento a
sesión sexa perturbada nin obstaculizada, sendo a Secretaria Xeral do Concello quen despois de facer referencia ao marco
legal de aplicación, dá lectura ao texto
integro da Moción de Censura , unha exposición
que en todo momento foi receptada
en un clima de moderación e coa atención
do público asistente, salvo puntuais voces discordantes
Conforme ás
determinacións do marco legal anteriormente referida pola funcionaria procédese
a constituír o Pleno baixo a presidencia dunha Mesa de Idade, integrada polos
concelleiros de maior e menor idade dos presentes, función que vén
recaer en dúas concelleiras
de signo oposto BNG e PP, sendo a representante do grupo nacionalista
quen asume a función de Presidencia en
razón á súa maior idade.
É xusto aí, cando
iniciada a sesión a Presidenta quen coa súa intervención aviva aínda máis un ambiente xa caldeado, ao suspender o debate utilizando o seu voto
de calidade, aludindo a un escrito presentado previamente á sesión por un
representante de Participación Democrática Directa de Galicia (PDDdeG), que resulta ser o partido orgánico ao que pertence
Somos Fene e cuxo contido ao seu
entender lles deslexitima como asinante da Moción de Censura deixando
por tanto sen efecto a súa tramitación.Suspensión que en todo momento foi contestada de forma
airada pola outra compoñente da
Mesa, con retirada de micrófono de forma
violenta, xestos obscenos e outras
lindezas polo estilo. Rifa de xeito evidente impropia de de unha representante
institucional
Pero o que verdadeiramente esixe a situación é destapar
a identidade dos causantes deste barullo, descubrir quen son
realmente os membros dese grupo,
que sen reparo nin conciencia non só mestúranse senón que
conxuran cos sucursalistas en
Fene de partido mais corrupto do país, é
dicir, coa mafia do PP.
É necesario desvelar
esa incógnita dunha vez por
todas para rexenerar a función
política e poñer claridade nos
electores, especialmente agora, cando de Somos Fene non só renegan os seus proxenitores. senón que
a propia
plataforma que por accidentalidade
auspiciou a súa candidatura ás
municipais insiste de forma iterada na expulsión dos
concelleiros por transfuguismo.
Non caben
disfraces por mais tempo, pois é de sobras sabido que tras a
nebulosa da confusión escóndese
o evidente , tal é, que a maioría dos
aliñados ao redor da candidatura de Somos Fene
proveñen maiormente do BNG e
foron seguidores de Beiras na súa
escisión da formación nacionalista, e por tanto compoñentes en primeira
instancia de Anova, da que posteriormente se segmentaron por guerras de caudillismo para conformar Cerna; unha nova formación que
ademais de ser o principal sustento de Villares
na Marea, en Fene, acolle na súa filas entre outros, a antigos concelleiros da
corporación, incluído o anterior alcalde do BNG, como tamén a que fose deputada
substituta de AGE no Parlamento Galego e
membro á súa vez da candidatura
municipal. É dicir, os que coa súa actitude renegada provocaron que no pleno da Moción, una bágoa furtiva
deslizárase pola meixela de Ramón
Souto.
Foi por iso que o
Alcalde da foto, unha vez cancelada a
sesión, desde a súa localización na
parede, ao ver saír coa cabeza gacha aos
dous derrotados concelleiros tránsfugas,
miroulles de esguello e ao tempo de
esbozar un leve sorriso, cando atravesaron o limiar da porta
exhalou un suspiro de alivio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario