PUBLICADO EN : Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Acceder ao cambio urbanístico do estaleiro de Fene permitindo o desenvolvemento de
actividades alleas á construción naval,
é outorgar validación política
e institucional ao seu desmantelamento.
No intervalo transcorrido entre a metade da década dos 60 e principios dos anos 80, Fene, situado na banda sur da Ría de Ferrol converteuse en punto de referencia industrial do país polo efecto inducido do «boom» da construción naval que prodigou un ostensible ascenso na actividade de Astano, estaleiro da localidade que no transcurso daquela época construíu os maiores petroleiros do mundo botados desde as súas bancadas; auténticos xigantes de aceiro cuxa fabricación chegou a dar emprego a 6000 traballadores do propio persoal e 4000 de empresas subcontratistas.
A transformación daquel estaleiro que nos anos corenta fabricaba pequenas barcas de madeira en referente do sector siderúrxico, converteu ao concello de localización en polo de atracción migratoria que produciu un ritmo alcista de poboación pasando dun crecemento demográfico do 2,43% anterior a este ciclo para incrementar a súa poboación nun 65% durante o período, que reportou un acumulado de 6.108 habitantes, dato sobresaliente que disparou a súa densidade demográfica ata alcanzar a cifra de 516 habitantes por quilómetro cadrado.
A transformación daquel estaleiro que nos anos corenta fabricaba pequenas barcas de madeira en referente do sector siderúrxico, converteu ao concello de localización en polo de atracción migratoria que produciu un ritmo alcista de poboación pasando dun crecemento demográfico do 2,43% anterior a este ciclo para incrementar a súa poboación nun 65% durante o período, que reportou un acumulado de 6.108 habitantes, dato sobresaliente que disparou a súa densidade demográfica ata alcanzar a cifra de 516 habitantes por quilómetro cadrado.
O acelerado
proceso de industrialización motivou que o Concello tivese que acomodar o territorio
a aquela realidade, e afrontar para o efecto a redacción dun Plan Xeral de Ordenación Urbanística
acorde ao novo escenario. Un proceso levado a termo polo último alcalde do franquismo no transcurso do primeiro quinquenio da década dos setenta, que
a pesar de estar fundamentado no desenvolvismo da época
e ser incompatible cos parámetros políticos da futura democracia, en
liñas xerais, o seu contido, no que a deseño de ordenación refírese foi servíbel como patrón de revisión futura, que
non así a consideración das súas previsións de crecemento, pois sobre o
particular establecía que Fene tería 75.000 habitantes a un fixado horizonte de
1990.
Un excedido sobredimensionamento, que en menor
escala volveu repetir na revisión do PXOU
de 1985, pois a súa entrada en vigor en cadranza co proceso de reconversión naval trastornou o
contido das súas previsións abrindo a
súa repercusión vía ao decrecemento
demográfico, tendencia que non corrixiron tampouco as pautas
urbanísticas introducidas na revisión
urbanística do 2002, manténdose
por iso un minguante índice anual do
0,19% que sitúa a poboación do municipio
nos actuais 13.250 habitantes, un significativo descenso de residentes que como
consecuencia da deliberada miniaturizacióndas potencialidades do
estaleiro, e o anacronismo que
representa a infrautilización das
instalacións da factoría, vén confirmar
que de persistir idéntica dinámica a tendencia descendente de poboación
resultará demoledora para o futuro da localidade.
Si xeralmente
o desenvolvemento dunha actividade industrial trae consigo o impulso do proceso urbanizador e a dinamización do
crecemento, en Fene a reacción foi diametralmente oposta, pois a
mutábilidade e longa crise no
naval, pola súa condición de
principal sector produtivo, ademais de
impedir a súa consolidación como industria de síntese, xerou o efecto inverso ao romper toda dialéctica entre o estaleiro e o
urbanismo xenuino, , un baleiro que trouxo consigo un forte impacto territorial de gravosa repercusión para o municipio e as súas xentes que trastornou as súas previsións e contidos.
Por tanto, a pesar da existencia formal de plan
urbanístico, aquel “emerxente” enclave naval dos anos 60 ao ser máis un suxeito político que
tecnolóxico, nunca adecuou a súa función
fabril ás previsións establecidas
no ordenamento municipal, como tampouco
cumpriu función algunha de cohesión social
nin de xerador de riqueza activa, e moito menos, a de creador
estable de emprego; por iso é polo que
os seus repetidos fracasos como
empresa fixesen malograr á vez as
revisións urbanísticas de adecuación ; circunstancias
todas elas que converten o actual Plan Xeral de Urbanismo Municipal nun documento obsoleto e
inservible.
Carencia que fai posible
que o desempeño da actual función da factoría difira no substancial da licenza de actividade outorgada no seu
día, e todo, motivado en gran medida polo abandono de funcións da
institución municipal, ao non tomar o
control urbanístico do estaleiro, e suspender por inadecuada a permisiva tipificación
industrial xenérica de tácita
aplicación, que como queda visto facilita de forma irregular
destinar o recinto fabril a actividades alleas ás propias do estaleiro; e iso a pesar da
decisión contraria do Pleno Municipal de
xaneiro do 2009, que sobre o particular,
tomou a decisión vinculante de non autorizar o uso ou destino do solo industrial
ocupado pola planta naval a fins
distintos aos estritamente vinculados á actividade industrial de referencia.
Determinación sobre limitación de uso que igualmente
ampliaba a súa extensión á suspensión de
licenzas en todo o ámbito do
estaleiro para actividades diverxentes coa construción naval
no tocante a (licenzas de construción, parcelación, segregación, actividade,
etc.), ao só obxecto de cernar
calquera ocupación ou implantación allea
a tal finalidade.
Fene que desde o
seu planeamento, optou de forma responsable polo deseño e a creación
alternativa dun novo enclave
industrial, para así, manter e
revitalizar a actividade industrial como
modelo de futuro, debe ser tamén quen estableza urbanisticamente a ordenación
actualizada do estaleiro para a súa efectiva funcionalidade, sen encartarse de ningún
xeito a pretensións diversificadoras..
A Corporación ten a
palabra
No hay comentarios:
Publicar un comentario