PUBLICADO EN : Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
A
invasión masiva de turistas e o seu impacto, fixo estalar a 'turismofobia',
unha manifestación de protesta contra
esta sobreexplotación que converte a pacientes veciños en radicais anti sistema.
Ao
finado Manuel Fraga Iribarne sendo Ministro de Información e Turismo do
Goberno de Franco, atribúeselle desempeñar unha función
crave no aperturismo turístico de España, na súa conversión nunha actividade económica - industrial, así como no
establecemento do marco operativo
para a ordenación legal de funcionamento do sector, e naquel momento, a
de ser tamén quen sentou as bases de explotación do coñecido modelo do 'sol e praia' español.
Aspectos
todos eles que durante os anos sesenta e setenta fixeron da actividade turística o eixo fundamental da “creación de riqueza e
emprego”, polo menos así propagan os anais do franquismo; unha función económica que non só mantivo o seu curso na
transición, senón que como
consecuencia da Adhesión á Comunidade Europea, a reconversión
industrial de acompañamento acabou
influíndo de forma nefastas no noso
devir futuro, pois ao inducir unha desindustrialización masiva incentivou unha tercerización desproporcionada da nosa
estrutura produtiva, ata o extremo de
atomizar e masificar o volume do sector
turístico.
Por
iso é polo que actualmente a estrutura
do noso tecido produtivo caracterícese
por un elevado peso do sector servizos con acentuada supremacía do turismo, contra unha baixa presenza do sector
industrial, un acentuado desaxuste na diversificación sectorial nada favorable
para lograr a compensación entre esferas económicas de
distinto signo, que en boa lóxica debesen conformar a nosa estrutura produtiva.
Ante
este escenario, parasitar na continuidade
dos feitos, asumindo
o rol de vítimas da desindustrialización e non facer nada por conducir o
centro de gravidade cara a outra lóxica produtiva, non resulta ser o
camiño indicado para impulsar medidas
correctoras a este modelo claramente insustentable, e moito menos, a maneira
máis acertada para establecer alternativamente enfoques dinámicos e de
estratexia de país coa premisa de orientar a
recuperación do sector industrial
como única solución inductora de
calidade e estabilidade á precariedade e
temporalidade dominante
.
Manterse na absurda dinámica de ganduxar
o funcionamento da nosa economía aos avatares da actividade
turística, é cando menos un
desacerto ademais dunha obstinación política, por resultar de sobras
sabido, que mais dun terzo das actuais pernoctación de estranxeiros no país
obedecen a tensións xeopolíticas ou terroristas dos principais países
competidores; por tanto, froito dun auxe conxuntural que desencadeará unha burbulla a curto prazo en coincidencia coa máis que probable estabilización no ámbito territorial dos destinos rivais, unha
circunstancia que devolverá os indicadores de crecemento
a outra realidade distinta fronte
ao dobre díxito da estatística actual.
A
actividade turística que desempeñada na
racionalidade e planificación dun ámbito
sectorial diversificado reportaría
vantaxes á economía do país, deixa de facelo
cando os acontecementos exceden as previsións, pois cando isto ocorre, a
expansión desmesurada dos niveis de
afluencia máis que carrexar melloras provoca prexuízos, creando por “efecto invasión”
un escenario de conflitividade socio-ambiental, tendo en conta que a masificación sen control e o “monocultivo” turístico, fóra dos pingües beneficios que reporta ás
multinacionais de ramo, é dicir,
aos tour operadores posuidores de
avións, axencias de viaxes e hoteis, polo demais, produce
de forma xeneralizada quebrantamentos
de distinta índole en amplos sectores da sociedade.
Unha
mostra de reacción a tan nociva influencia é a denominada 'turismofobia' unha actitude de réplica protagonizada maiormente pola
xeneralidade dunha veciñanza que ve afectado por saturación
turística a súa contorna física de residencia, duns afectados que
pola mera defensa dos seus
dereitos o Presidente
Rajoy tacha de descerebrados; unha descualificación propia de quen se
decanta por que sexa o mercado quen
interveña en exclusiva sobre asuntos que
competen ao conxunto da cidadanía. Ou o que é o mesmo, por quen desde o seu neoliberalismo político sitúa en
segundo plano a protección da natureza,
a sustentabilidade, o equilibrio territorial, o emprego de calidade e o benestar
comunitario abrindo barra libre aos
exceso dun turismo de baixa calidade.
É
por iso que o preconizado auxe que se lle confire á actividade turística a
efectos de rendibilidade, sexa máis ficticio que efectivo, pois cando o seu incremento cuantitativo trae
como resultas a intensificación do malestar dun amplo sector da cidadanía que
ve ameazada a súa habitabilidade, cando
ademais de aproveitarse dos
investimentos infraestructurais colectivos
non reporta retornos
económicos de goce da cidade e cando
os fondos de investimento especulativos
acaparan centenares de pisos para a súa transformación en aloxamentos turísticos que menoscaban co seu
impacto as formas de vida tradicionais dos barrios concernidos e , en última instancia, o baleiramento da cidade
Nada
positivo pódese dicir por tanto da actual actividade turística, como tampouco
nada hai que censurar á 'turismofobia'
emerxente; pero si moito que reprochar a quen propaga a utilización
desmedida do turismo como táboa de
salvación do seu fracaso político.
No hay comentarios:
Publicar un comentario