PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
As vítimas do terrorismo deben de ter idéntica
consideración e recoñecemento, para que
así, tamén a historia véxase dignificada
coa memoria e non pervertida pola
desmemoria.
Non mais tomar posesión do Executivo, unha das primeiras medidas que tomou Mariano Rajoy foi revogar de facto a lei de memoria histórica do 2007 que entre outros aspectos prevía axudas para a localización e digno enterramento dos represaliados da ditadura; utilizando como argucia para consumar a súa finalidade, excluír de consignación nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) partidas coas que afrontar a procura das vítimas da represión franquista.
Non mais tomar posesión do Executivo, unha das primeiras medidas que tomou Mariano Rajoy foi revogar de facto a lei de memoria histórica do 2007 que entre outros aspectos prevía axudas para a localización e digno enterramento dos represaliados da ditadura; utilizando como argucia para consumar a súa finalidade, excluír de consignación nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) partidas coas que afrontar a procura das vítimas da represión franquista.
Pechando deste
xeito todo recoñecemento e
reparación aos 114000 desaparecidos
durante a Guerra Civil
e do seu réxime de tiranía, e
todo, porque a entender do máximo mandatario do PP, “non
é de sentido común despois de tanto
tempo seguir dándolle voltas ao pasado”.
A actitude de desprezo cara ás vítimas do franquismo
foi a tónica xeral, desde que o partido
conservador ostenta a Presidencia do Goberno,
pois a pesar que o obxectivo da
Lei é recoñecer e ampliar dereitos a
favor de quen padeceu persecución ou violencia por razóns políticas, o
certo foi que non satisfeito con
non incluír nin un euro nas
contas anuais, non dubido en alborozar
publicamente do seu comportamento de sedición obstrucionista, que ademais de vulnerar o propio marco
lexislativo infrinxe de seu as determinacións internacionais sobre o particular.
Un incomprensible
proceder que se mire por onde se queira,
ademais dunha conduta vituperábel, é de
xeito evidente un referendo de condescendencia
cara ao réxime anterior, un
apadriñamento impropio de demócratas.
O que parece non querer entender o xefe do
Gabinete ministerial, é que
o manifesto abandono de funcións e o
deliberado incumprimento dos deberes legais no que está a incorrer coa súa ímproba
conduta, raia na obscenidade política,
pois ao sustentar apostas ideolóxicas que transgreden a orde establecida, e ao alimentar
a división entre vencedores e vencidos
está a traer á discusión pública
temas que se crían superados.
Unha situación que pola súa extrema gravidade non só pon
en risco a convivencia pacífica, pois cando aos familiares das vítimas
négaselles o dereito para atopar
aos seus desaparecidos para poder pechar o duelo, con tal proceder,
non só estase a conculcar un
dereito que lles asiste, senón que se
está a bloquear o máis básico
funcionamento do Estado de Dereito.
Esa conduta refractaria
a apoiar as vítimas republicanas, ten o seu porqué no mal
inicio que tivo a democracia; no feito
de admitir pasar páxina sen
obrigar a expurga das trasngresións e atropelos
cometidas ao longo da ditadura, sendo iso a
razón pola que catro décadas
despois da morte do ditador, os caídos
do bando contrario, ademais de esquecidos do Estado, sigan vagando
na escuridade máis absoluta da noite dos tempos.
Trato diametralmente oposto ao outorgado á reaccionaria e involucionista Fundación Francisco Franco, para a que non se regatean fondos públicos a pesar da perniciosa finalidade do
seu obxectivo social, sen esquecer as non menos aberrantes pensións vitalicias concedidas aos aviadores fascistas da Lexión Cóndor, pola súa actividade
criminal, unha retribución que se mantén no
tempo e que actualmente
segue pasando de pais a fillos, aínda cando, a orixe da súa
instauración non foi outra que a súa colaboración co
alzamento franquista para masacrar aos defensores da orde constitucional
da Segunda República durante a guerra civil.
Son estes feitos e a
manifesta vocación franquista do
goberno de Rajoy indicación suficiente
para percibir, que para eles, a pesar da evidencia que representan as fosas comúns repartidas por toda a
xeografía española, as vítimas da guerra civil non existen.
Iso polo menos é a
percepción de quen como o Partido popular enmarca exclusivamente o terrorismo no ámbito
de ETA e do 11M, excluíndo de tal catalogación ao auténtico terrorismo de Estado que se
prolongou durante 40 anos e ademais de
tinguir de sangue a historia do
país vulnerou desde principio a
fin a Declaración Universal de Dereitos Humanos.
Está visto que a
dereita española como legataria
social e ideolóxica do
franquismo, decidiu acudir no seu auxilio e
exercer a función de cómplice dos
excesos cometidos polos seus antecesores e afíns políticos durante a época fascista, coa finalidade de tapar e escapulir responsabilidades
nuns feitos que apestan a culpabilidade.
Ese que non outro é o motivo de dar carpetazo á Memoria histórica e de
utilizar electoralmente unha versión adulterada
da loita antiterrorista
usando como exclusivos
protagonistas ás vítimas de ETA, que polo visto se atribúe como propios o PP.
Sen reparar que ser demócrata leva ser antifranquista e opoñerse ao uso da forza
no exercicio do poder, disxuntiva difícil de conciliar, por quen, como
ocorre co partido da gaivota, despois de sete décadas
seguen negándose a condenar o golpe de estado fascista do 18 de xullo..
Conflito que en
tanto non se reconduza, agravará aínda
máis a xa de por si complexa situación
política, e impedirá que o país poida avanzar cara a unha verdadeira reconciliación e consolidación democrática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario