PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
Dicir que a corrupción non debe ser a barricada que impida a abstención do PSOE na súa decisión de facilitar o goberno ao PP, ademais dunha desafortunada declaración, é unha actitude que denota un alto índice de desvergoña política entre os autores intelectuais de tal afirmación.
Variadas investigacións
xudiciais confirman sen ningún
xénero de dúbida a existencia da caixa B do Partido Popular, como tamén evidencian que
desde 1990 esta organización utilizou en beneficio propio diversas fontes de financiamento alleas ao
circuíto económico legal, conseguindo
na maioría dos casos tal finalidade
mediante contratos adxudicados ilegalmente por Administracións Públicas rexidas por xente adscrita ás súas filas e cuxa constatación delata o seu nulo respecto polas
regras democráticas, o que fai
cuestionar a lexitimidade institucional dos seus representantes, e por tanto,
a absoluta ausencia de integridade dos membros que desempeñan papel de
liderado na súa cúpula dirixente.
Tal circunstancia indica que lonxe
de atoparnos ante un escenario de carácter
conxuntural, o fenómeno da
corrupción é un todo estrutural que vai moito
mais alá dunha anómala relación entre
o diñeiro e a política.
Tendo de asumirse para o efecto que estamos ante unha auténtica trama de tipo mafioso, que utilizando os seus
resortes de sedución mediática e o seu dominio da economía tentan facer crer que gobernan para todos,
cando o certo da situación é completamente
oposto, como vén demostrar o feito
de consolidar un sistema de privilexios onde unha minoría socioeconómica e a súa órbita de subordinados políticos dominan o aparello do Estado.
Verdadeira máquina corruptora disposta ademais a impedir de calquera xeito que se satisfagan as
demandas democráticas da cidadanía, e por tanto, pechada en banda a aceptar e asumir toda decisión de fondo plebiscitario.
Unha situación de anormalidade onde a corrupción converteuse
no seu modus vivendi como así apuntan
ante os tribunais, as probas, careos e declaracións dos procesados na trama
Gürtel e demais competidores noutros procesos de similar escándalo, que veñen referendar que o actual partido do Goberno utilizou o poder do Estado non só para saquear os bens do común e facer ricos aos seus
dirixentes, senón tamén para
sufragar o importe das súas
campañas políticas con cargo ao peto de toda a cidadanía.
Aspectos no seu conxunto contrarios
á ética e a legalidade, as súas
prácticas de latrocinio e espolio
xeneralizado que creban a súa lexitimidade de representación, ao crear unha
controvertida situación que lonxe
de propiciar o relanzamento da súa
candidatura á formación dun novo Executivo desautoriza tal pretensión, esixindo na súa falta a
apertura dunha nova etapa onde a
expurgación de responsabilidades ademais
do obrigado acompañamento de dimisións, en defensa da necesaria rexeneración
democrática, traia consigo a propia
disolución legal do Partido Popular como
organización política.
Arrogar a condición de
representante maioritario da vontade popular cando se imbra a corrupción, é unha astucia coa que se tenta revestir de legalidade a fraude que representa branquear
mordidas procedentes de
turbias prácticas coa intención de distorsionar os procesos
electorais.
Por iso é polo que os
resultados de tan anómala operativa non deban ter
alcance distinto ao da súa verdadeira finalidade, que non é
outra, que manipular as regras do xogo democrático en vantaxe de
rendemento electoral, o que fai cuestionar nese aspecto a
autoproclamada xerarquía da formación conservadora e a súa total
falta de lexitimidade para atribuírse primacía algunha na conformación de
gobernó
Neste tempo que a xustiza esta monopolizada nas súas funcións por un entrelazado de procesos de corrupción , a urxencia debe pivotar
ao redor da erradicación das prácticas de suborno que caracterizan a dinámica deste goberno depredador, aproveitando a tal
fin o
furor que xera a actualidade xudicial
de escándalo, para desde o
proselitismo impartir docencia política que xere unha
reacción colectiva cara a un cambio
de tendencia e arraigue nos electores a
necesidade de afastar a pantasma doutros catro anos de involución do Partido Popular.
Unha
iniciativa de curto percorrido e
abocada ao fracaso se non é
afrontada de forma colectiva polos membros das forzas progresistas; e de imposible viabilidade se por
parte dos membros da Xestora do PSOE
desisten de facer fronte ao inimigo. e no canto de afrontar este reto
rexenerador decántanse pola
complicidade dunha abstención de
investidura, pois con tal determinación de renuncia estarían a manifestar a súa preferencia por un goberno da Gürtel ante outro
alternativo ou a unhas terceiras eleccións, e con iso, perpetuando as malas
prácticas e a continuidade do PP que desde
a institucionalidade neoliberal non fixo mais que afundirnos na miseria e prodigar as prácticas de corrupción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario