PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario; Globedia
A obstinación por reafirmarse na austeridade, presupón renunciar ás políticas de crecemento e rexeitar con iso á consolidación do sector de traballadores autónomos, prexudicando con esa precarización o desenvolvemento da súa función dinamizadora da economía e da xeración de emprego.
Aínda considerando as bonificacións de cota que para os novos autónomos estableceu o marco lexislativo da Lei de Emprendemento, o certo é que as supostas facilidades que se dan no noso país para comezar a traballar por conta propia difiren nos substancial das aplicadas como norma xeral noutros países da contorna europea nos qu paradoxalmente existe un menor índice de desemprego e unha maior renda per cápita.
Circunstancia que mais que alentar a modalidade desta alternativa como solución de autoemprego, vén salientar a situación de desfavorable agravio comparativo que mantemos cos países da nosa contorna, e por tanto, a situar a España nun pésimo lugar para o emprendemento de actividades laboral, desde o punto e hora que os nosos autónomos son os que peores condicións teñen entre a case totalidade dos membros da Unión.
Sendo aspectos como as excedidascotizacións sociais ou o elevado das cargas tributarias, que emprender un negocio no ámbito do marco xeográfico de radicación, resulte unha tarefa moito mais complexa que no resto dos países da nosa órbita, un escenario pouco alentador e a causa pola que este colectivo de traballadores que rolda unha taxa do 20% do total da poboación activa, a pesar do seu elevado peso específico no conxunto da economía produtiva, sexa o sector que maior esforzo fiscal soporta e o que menos contraprestacións e dereitos recoñecidos recibe en compensación.
Esta prolongación de trato desigual no tempo crea nos afectados a sensación de ser cidadáns de segunda, véndose forzados a asumir por iso, que o noso non é un país favorable para este gremio, tal cal vén referendar a realidade das cifras que á marxe de artificios propagandísticos sitúanos na actualidade nun censo de 200.000 autónomos menos que antes de estalar a crise económica no 2008, e todo, no marco dunha tendencia descendente do 9,2%, que non fai augurar nada bo, e moito menos ao comprobar que ese rumbo empeora no substancial cando remitimos a análise ao segmento de autónomos que conseguen xerar emprego; datos que por negativos delatan a progresiva debilidade do sector poñendo en cuestión a veracidade outorgada á tan repetida recuperación económica.
Adversa conxuntura que vén confirmar o estrepitoso fracaso das políticas utilizadas polo PP no teórico impulso deste colectivo, ao centrar o seu contido na exclusiva aplicación do reclamo da bonificada tarifa plana, refugando a mais procedente alternativa de cotizar por rendementos e liquidar impostos de forma anual; tendo de engadir a iso outros aspectos relevantes como a falta de clientes e as dificultades para acceder á vía do crédito, cuxa carencia ten nas súas propias políticas de austeridade o maior dos atrancos ademais do seu factor causante. Sendo por iso, que a prorroga do actual modelo mais que resolver a situación deste colectivo transcendental na economía do país, produza o efecto contrario ao deprimila aínda mais.
Sendo por iso que sen abandonar as políticas de austeridade sexa imposible rescatar aos autónomos dunha situación que por inadecuada, mais alá que desempeñar a función de dinamizadores da economía, condúcelles a ter que asumir actitudes de heroicidade no desempeño do seu labor, cando a clave da solución mais que necesitar de improvisacións e anacronismos, require única e exclusivamente de solucións políticas, fundadas na percepción do papel esencial deste colectivo para a economía do país e a necesidade aplicar medidas paliativas á súa reducida capacidade de reacción polo maior prexuízo que una prolongada crise repercute sobre os que como eles, ven rebaixado polos seus efectos o seu mermado músculo financeiro.
Non existindo probabilidade de reconducir a situación sen mediar un xiro na política económica do país, pois sen a posta en práctica de alternativas distintas, o complexo labirinto dos autónomos, dificilmente logrará a súa solución; avalando tal parecer o fracaso colleitado durante os últimos anos, cando desde o ámbito político ao amparo do credo neoliberal as medidas aplicadas como remedio a esta problemática, non só non lograron o efecto esperado senón que acentuaron a súa complexidade, e todo, polo imperativo de dependencia da política económica estatal ás determinacións do marco europeo sobre austeridade, cuxa repercusión botou pola borda toda probabilidade de paliar os efectos da crise coas medidas adecuadas ás necesidades deste colectivo.
Procedendo reafirmar por tanto, que mentres se manteñan as políticas de axustes e recortes, e a ausencia de crecemento siga dominando a situación, toda xestión do actual e futuro goberno, por mais optimismo que publiciten non fará mais que acentuar a deterioración dos autónomos , que ao ser en definitiva un dos motores de desenvolvemento económico e de xeración de emprego, fará notar negativamente as consecuencias da súa repercusión, tanto no ámbito xeral da economía como na do mercado laboral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario