27 may 2016

ELECCIÓNS CON "ALMA LLANERA"

PUBLICADO EN : Diario de Ferrol; Galicia Confidencial; La Opinión; La Región; Faro de Vigo; Atlántico Diario;  Globedia


A terna (PP-PSOE- C's), ante a ameaza do sorpasso de Podemos, conviñeron meter de cheo a Venezuela na campaña dos comicios do 26-X, nun intento de perturbar   o seu desenvolvemento e escapulir  así  todo debate  sobre o fracaso do credo neoliberal.  



Coma se  as circunstancias  que vive o país fosen  para predicar co exemplo,  os candidatos aos comicios do 26-X afíns  á doutrina neoliberal, no canto de envorcarse   en articular solucións  á precariedade creada como consecuencia da aplicación extensiva desa  ortodoxia política,  lonxe de proceder  en consecuencia  e sintonizar coa realidade, declinan todo encontro con esta, apostando pola camuflaxe que reporta correr un compacto veo,  tras o que encubrir a súa incapacidade  traendo a colación a arbitraria versión dun  contexto foráneo e alleo en todo caso á complexa esencia da nosa propia idiosincrasia.. 

Sendo así como os expertos en simulacros, os artífices do detrimento democrático e dinamizadores da  corrupción  xeneralizada, vendo o  que se lles aveciña tras o pacto de Podemos e as súas confluencias   con Esquerda Unida, notándose incapaces de frear esta marea  e neutralizar a depreciación electoral  que tal alianza causará  aos seus respectivos partidos, como o  cambio repercutido de tal circunstancia na  distribución do Congreso, ademais do   feito,  que como  forza emerxente esta fronte electoral ten atribuída de antemán   a probabilidade reitora  de formación de Goberno.

Ante esta nova realidade, inquietados   pola repercusión  do   mais que seguro sorpasso, deciden desertar do  xogo limpo  para decantarse polo todo vale arrabaldeiro,  de quen, incapaz  de achegar solucións á hecatombe da súa propia  colleita, opta por exercer a rivalidade  política   utilizando o extravagante  artificio  de externalizar  a campaña electoral facendo de Venezuela o amplificador do seu discurso de axitación e propaganda,como tamén  o  foro das súas  exóticas proclamas á liberdade.

E nada mais  oportuno para a  ocasión que utilizar  como  pasaporte aleccionador o moi apropiado marco lexislativo  da lei mordaza, dado  o seu carácter  exemplarizante  como argumentario da  súa intromisión  política no exterior.

É ostensible que a inxerencia  española en asuntos internos do país caribeño ten establecida a súa intensidade  en correspondencia  ao resultado adxudicado a Podemos nas  previsións demoscópicas, por iso que agora  cando o movemento encabezado por Pablo Iglesias pasa a figurar no segundo lugar  das enquisas  con tendencia ascendente, sexa o momento mais álxido   da ofensiva desatada  por parte dos membros do séquito neoliberal, cuxa verdadeira  preocupación,  mais  que  o esgrimido interese polo  pobo venezolano,  é utilizar á oposición daquel país  para a través de argalladas  botar abaixo o discurso de transversalidade da formación morada e  cuxa aplicación  por acertada magníficos resultados vénlle deparar.

Considérese senón  a desatinada  aspiración do representante  do C's, Sr. Rivera na súa odisea venezolana,  quen cheirando  a desfeita da súa formación nas  urnas,  como mero convidado non se lle ocorre maior despropósito  que instar da Asemblea Nacional  daquel país que emprazase  a Podemos  coa finalidade   de insistir  na fustrigación  acusatoria do tan  trillado  financiamento bolivariano. 

Un asunto que a pesar de estar    dirimido  e arbitrado  polos tribunais españois omite a propio intento , posto que o propósito  da súa manobra non  é destapar a verdade, senón enturbar con malas artes   a campaña electoral tratando así de arrecunchar durante  o seu transcurso a esta forza emerxente  nun intento de circunscribila no seu encadre  a un
exclusivo etiquetaxe  de esquerda,   que ademais de limitar  a súa tendencia electoral aborte  o seu ritmo ascendente.

Aínda non sendo ortodoxo utilizar a situación interna doutro país como arma arreboladiza no contexto duns  comicios como os nosos,  o aquelarre electoral cos seus rituais e feitizos non fixo mais que empezar, e en breve, cuestionando as credenciais democráticas do país suramericano, o PSOE a pesar do seu perfil de centro esquerda,  como   forza política mais afectada nos seus intereses electorais pola irrupción de Podemos,  non dubidará o mais mínimo  en aliarse   ao clan da bruxería e do maleficio venezolano no seu intento de sacar partida da situación, para así, facer mais leve  a súa propia caída  e a dun deostado Pedro Sánchez .

Pero con todo, nesta  cerimonia de intromisión,    a palma tena gañada con diferenza o PP, que ostentando función de Goberno  distou en todo momento  de estar á altura das circunstancias na súa relación con Venezuela, tal foi así, que no canto de facer gala  de moderación  nos seus actos e tender pontes de entendemento que favorecesen  un marco estable de concordancia, optou  por poñer en risco os investimentos empresariais españois, polos seus espaventos, e manobras de derrocamento  do réxime, que por excedidas, mais que favorecer o marco de relación  e acougar os ánimos motivou   a actual  tensión diplomática,. agravada pola dinámica dunha conflitividade permanente que   converte  á formación liderada por Rajoy en responsable do seu propio medicamento; á parte de poñer en serio perigo  as relacións comerciais con aquel país.
Sendo por iso que a tan recorrente manobra   de arrear contra  Caracas ao tempo de ser compracentes  con  A   Meca,  resulte electoralmente contraproducente   e politicamente patético

No hay comentarios:

Publicar un comentario